MÍRAME BEN
Francisco Castro - 21-11-2005 14:41:32 | Categoria: Todos os meus artigos

Seica hoxe é o Día Internacional da Televisión, e vaise celebrar baixo do lema Mírame Ben.
Daquela, direi que mirariamos mellor a televisión, sobre todo a nosa, se houbese, dunha vez, un programa de libros.
Sería moi importante que a Literatura Galega existise para a nosa televisión. Un programa así axudaría, sen dúbida, a que os galeg@s tomasen máis en serio aos seus escritor@s. De feito, debemos de ser das poucas televisións do mundo occidental onde non hai un programa que se ocupe dos libros do país.
Queremos ver ben a nosa televisión.
Comentarios - Referencias (0)
Referencias
Comentarios
-
sí, TVG e Televisión Española non contan con esta clase de programas. é a mesma ausencia, baixo dúas formas distintas.
Comentario de brautigan hace 2 años y 35 meses
-
Pois, dado que iso é así, coido que hai que abrir un debate en serio sobre este asunto. Despois de todo, mal que nos pese ( ou que nos alegre ), a televisión é formativa. E debe cumprir, tamén, esa función.
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 35 meses
-
Non estou moi posto en programación televisiva (fóra da serie Friends, vella devoción), pero creo lembra que TVE, ademais do programa de Rioyo, tiña, nesas horas de desconexión por autonomías, un programa de Yolanda Castaño. Aínda se emite?
Canto á TVG, lembro que, hai uns quince anos, houbo un programa de Víctor Freixanes dedicado á literatura. Titulábase "A trabe de ouro", se non me equivoco. Máis que laiarnos, propoño que tomemos medidas. Actuemos ao estilo dos socios de Amnistía Internacional, por poñer un exemplo, e enchámoslle os correos ao director da TVG expoñendo a nosa idea.
Un saúdo para todos.Comentario de Veloso hace 2 años y 35 meses
-
creo que o programa de Yolanda Castaño, "Mercuria", non trataba de literatura. tamén a lembro como convidada noutro programa, representando á poesía galega feminina, xunto cunha tipa que fixo baila-lo seu can diante das cámaras. enfin.
a idea dun programa sobre libros en TVG paréceme boa, madia leva. pero en caso de que a saturación do buzón xurdira efecto, non sei tampouco cómo carallo habiamos facer para recortarlle espacio ós diversos Gayosos e Gayosas que por alí campan.Comentario de brautigan hace 2 años y 35 meses
-
O programa de Yolanda, que eu saiba, si se emite. E ela foi convidada unha vez por Sanchez-Dragó que, literalmente, a tivo alí de adorno, sen permitirlle dicir máis que tres ou catro frases. Tristísimo.
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 35 meses