Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A CANCIÓN DO NÁUFRAGO

Blog do escritor Francisco Castro

¿E POR QUE NON PROTESTAN POR ISTO?


Os manifestantes do sábado pasado protestaron, en teoría, porque queren unha educación mellor. En teoría.
Mais eu quero facer unha pregunta: ¿por que os moz@s manifestantes non piden un sistema educativo que lles impulse a ler?, ¿por que non berraron airadas proclamas laiándose do feito de que os nosos xoves cada día len menos, por non dicir que nada?, ¿por que non bradan desesperados porque os libros teñen unha nula presenza na educación? (hai alumn@s que rematan as carreiras e non colleron un libro, ou case, en cinco anos, só os apuntes que mercan na fotocopiadora ou baixan de Internet ), ¿por que non protestan porque non len nada?, ¿cando imos entender que unha verdadeira reforma educativa sería aquela que convertise aos alumn@s en lectores ao remate da ESO?

Referencias

Dirección para referencias

Comentarios

  1. Ler un libro require un esforzo, e outras cousas non. Se na base do ensino non se prima algo de esforzo, de sacrificio, aínda que sexa mínimo, ¿cómo se van poñer a ler un libro, con tantas letras, co cu sentado, por moi bo que sexa? O ensino hai tempo que se derrubou por un barranco sen fondo, e diso non poden saír lectores. Nin lectores nin nada. Se vostede vai a colexios de visita ou da clases, saberá ben do que falo. Aínda que a súa ollada sexa displicente.

    Comentario de Crítico hace 2 años y 35 meses

  2. ¿por qúe no 1 de Maio non hai xente xoven nas manifestacions, a pesares dos contratos de lixo? A o mellor e por iso: Porque non leen.

    Comentario de leo hace 2 años y 35 meses

  3. Sí:e todo unha desfeita.Xente q colleu firmas contra a LOE dicindo q ian sacar a Relixion,por ex.Os profes pouco podemos faceer se un alumno/a di non a algo.A sociedade tira moito e contradi o q lles queramos inculcar,empezando por compañeiros d traballo e xente q dirixe coles e estaba mellor sentada no pupitre. E ben dificil aproveitar as cabeciñas q,como di o refran q hai entre docentes, saen adiante, incluso, a pesares de nos.

    Comentario de quintoelemento hace 2 años y 35 meses

  4. Non van ás manifestacións porque están todos a mirar o Madrid-Barça. E ao respecto diso de que a escola xa ben pouco pode facer, coido que hai moito de certo, mais tamén o é que as cousas irían moito mellor de se comprometer un chisco máis o profesorado na, digámolo así, militancia lectora.

    Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 35 meses

  5. Só quería engadir dúas cousas.

    A primeira, que eu non creo que a xente non lea: tódolos meus amigos len, non só os da facultade de filoloxía, que é lóxico, senón amigas de física, de economía, periodismo... Somos xente nova, e lemos porque queremos! Por suposto ninguén lé o mesmo, a eles gústanlles Coelho, ou O código da Vinci, ou Marian Keyes (tipo Danielle Steel), que a min persoalmente non me gustan, pero que tamén lin. O que quero dicir é que haberá ambientes nos que os novos non lean, pero eu por exemplo sempre vin xente lendo. Segundo unha enquisa que vin hai tempo, a xente de 20-30 anos é a que máis le, máis que os adultos.

    E a segunda cousa que quería dicir: leo o teu blog de cando en vez, Francisco, e dame a sensación de que tes idolatrada a lectura. De verdade cres que por ler a sociedade sería mellor? Hai culturas precaligráficas, nas que a literatura é oral e non escriben nada, entón eles son malos, ignorantes...? Na idade media o pobo non sabía ler, eran unha sociedade inculta? Pois a literatura popular medieval é marabillosa, e fíxoa o pobo "inculto".

    Eu adoro ler, pero non me considero mellor nin máis intelixente que o que non lea (porque non saiba ou porque non queira, éme igual).

    Comentario de Gemma hace 2 años y 35 meses

  6. En primeiro lugar, Gemma, grazas por ler o meu blog. E polo que escribes. Segue facéndoo, por favor.
    Contesto: non é que teña idolatrada a lectura. Levas razón en que hai sociedades sen dúbida mellores cá esta, nas que os libros nin sequera existen. Por suposto. Concordo contigo en que, quizais, esta sociedade nosa non é a mellor e que hai outras, cualificadas á lixeira por nós como "primitivas", que son, para min, moito mellores. Daquela, cando insisto tanto en que a lectura pode mellorarnos e todo iso, estou a falar para a xente de aquí, para a xente occidental de GH e OT e pensamento feble e único e repetitivo e.... Refírome a iso. Coido que a lectura pode ser, sen dúbida, un antídoto perfecto contra da imbecilidade. Só iso.

    Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 35 meses


Recordar datos


A CANCIÓN DO NÁUFRAGO © Todos os dereitos reservados ao autor
Sindica este sitio usando: RSS 1.0, RSS 2.0, Atom.
Esta bitácora mantense con Bitacoræ.
ADN.esADN.es Medio Oficial Premios Bitacoras 2008: Elecciones eeuu