PALOMA LAGO, ESCRITORA
Francisco Castro - 16-11-2005 14:24:38 | Categoria: Todos os meus artigos

Unha nova: Paloma Lago, a presentadora e famosa e tal e tumba, sacou un libro para nenos.
Un detalle: nin o lin nin penso, así que non vou emitir xuízo literario ningún. Igual é unha marabilla igual é unha chorrada. Tanto me ten.
Unha pregunta: ¿por que a práctica totalidade dos medios de comunicación galegos lle dedican media páxina de entrevistas a Paloma Lago falando do seu libro ( promocionándoo, publicitándoo, xerando interese, etc... ) e aos escritores de noso non se lles fai caso ningún e hai libros que saen ao mercado e non o sabe, xa que logo, nin os amigos?
Vostedes teñen a palabra.
Comentarios - Referencias (0)
Referencias
Comentarios
-
Pois porque o interese da noticia radica en que unha presentadora, modelo e actriz, saca un libro. Que o saque un escritor é máis normal; entra dentro da lóxica. Non se trata dunha conspiración. O mesmo ocorrería se Luz Pozo Garza, Marina Mayoral e Helena Villa Janeiro protagonizasen un remake de "Las chicas de Oro". Abrirían Cultura en todos os xornais galegos e bufarían os actores en paro por intrusismo. Pero sería unha risa, claro.
Comentario de Kamikaze hace 2 años y 35 meses
-
Evidentemente sería unha risa, pero non ocurriría. Quero dicir que quizais os e as escritor@s teñen a seriedade suficiente como para non meterse no que non deben meterse. Sen embargo, semella como que, escribir, e, peor, publicar, pode facelo calquera. Fixérono Las Supremas de Mósteles, ou Pocholo, ou calquera de Gran Hermano, ou... a lista é interminable.
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 35 meses
-
Kamikaze, mire de facer circular esa idea para teleserie, quizáis da TVG. É caralluda.
Realmente non sabería explicar con certeza por qué toda esa xente que din aí escribe. Sen ánimo de insultar, lémbrame á actitude contradictoria de moitos analfabetos cando se lles fala de libros, de carreiras universitarias, qué sei eu. Por unha banda opinan que non vale para nada. Pola outra, quitan o sombreiro.Comentario de brautigan hace 2 años y 35 meses
-
Pois parece que é o terceiro libro que publica... Orixinalidade nos títulos non lle falta: "Cuentos de Paloma Lago", "Las aventuras de Paloma Lago: la fiesta de cumpleaños" e "Las aventuras de Paloma Lago: un día en la granja"...
Comentario de Pedro hace 2 años y 35 meses
-
Pois porque non tes as a súas pernas sensei.
De tódolos xeitos estas últimas referencias ao intrusismo literario feden un pouco a corporativismo ?
Que non diran os xornalista de toda esa caterva de pseudo periodissta que pasean polas TV ?Comentario de folerpa hace 2 años y 35 meses
-
A cultura non é coma a medicina ou a enxeñería, na que o profesional ten unha responsabilidade que o intruso non asume. Dende ese punto de vista, penso que ata o máis parvo pode publicar un libro. Alá cada un.
Outra cousa será que o publique unha persona distinta de quen o escribiu, como o extrano caso de A. R. Quintana e a fusión de arquivos informáticos.
E, o que verdadeiramente doe, e que pesen máis os nomes que os traballos; xa non entre o público, carne de márketing, senon entre os profesionais, especialmente os xornalistas.Comentario de F. Miguez hace 2 años y 35 meses
-
Ogallá foxe todo como a maxia da radio. Escoitas unha voz que te seduce, que sabe falar como deus manda, namoraste; e poren, cando o coñeces en persoa e máis feo que Mick Jagger. Quero dicir, que unha cara bonita, mediática, de bo ver ten as portas do ceo abertas de par en par. San Pedro é santo, pero non parvo. Así aforranse a publicidade, e o libro véndese cos ollos fechados. En cambio, se un tipo calquera se queima as xemas dos dedos raspuñando un papel, e só o coñece a súa mae na casa á hora de comer, as propabilidades de triunfo son mínimas. O problema e desconectar un pouco da realidade, e lanzarse a ler autores novos. Non se pode garantir o atopar alfaias, pero sempre atopas bos libros, se non afurricas no intento. Aquí xoga un papel importante a publicidade: suplementos literarios, internet, o libreiro, o boca aboca a boca, un premio... unha vez que se conquista unha masa de lectores incontrolada - aínda que non te lean- te permiten vivir de rendas, a corpo de infanta, ó resto dos teus días. (Vaia acabo de coller o síndrome de persiana).Comentario de Goretti Fiaño hace 2 años y 35 meses
-
¿Que eu non teño as pernas de Paloma Lago? Téñoas ben bonitas, abofé.
¿Corporativismo? Para nada.
Concordo con Goretti Fiaño en que, andando as cousas como andan, hai que se esforzar para atopar esas referencias de autores novos interesantes, porque, se dos medios tradicionais nos fiamos...
Ao respecto dos títulos, está claro que a señora Lago matouse á hora de escollelos.Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 35 meses
-
Éche o mesmo conto có do actor de marras. Se cadra son bos libros, non o sei, pero o que vende é o nome.
E por suposto que calquera pode escribir, ninguén llo prohibe; que o que escriban teña calidade xa é outro cantar, pero supoño que nestes casos é o de menos (a calidade, digo).Comentario de peke hace 2 años y 35 meses
-
Ben. Pois hala. Viva tamén Paloma Lago a das pernas bonitas e os títulos con letra grande para que se lle vexa ben o nome, as pernas, o lago, o conto, o.., ¡eu que sei xa!. A este paso anse esgotar os vivas. Revindico as pernas das de Móstololes, tamén lles publicaron, e iso eche un acougo a hora de levar un libro a unha editorial. ¿Si ou si?.
Comentario de Rosa Velenosa hace 2 años y 35 meses
-
En efecto, postos a escoller, eu tamén prefiro ás de Móstoles...
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 35 meses
-
Calma, Calma. Calquera pode escribir un, ou varios libros. Moi poucos poden facer LITERATURA, que e do que se trata. ¿Ou non?
Comentario de leo hace 2 años y 35 meses
-
En efecto, querido Leo. Un libro faino calquera. Pero literatura xa é outro cantar...
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 35 meses