Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A CANCIÓN DO NÁUFRAGO

Blog do escritor Francisco Castro

QUE OS PRESOS NON LEAN


Hoxe martes ás oito, na Casa do Libro, terei a sorte de presentar a Félix Sierra quen, con Iñaki Alforja, escribiu o libro titulado Fuerte de San Cristóbal, 1938. La Gran Fuga de las Cárceles Franquistas, editado por Pamiela.
O libro é estarrecedor, e explica, a través das testemuñas dos superviventes, o mal que eran tratados polas autoridades fascistas responsables do penal. Como foron torturados e asasinados, en pleno monte, os máis de setecentos que conseguiron fugarse.
Incluso, e isto é o que quero contar aquí, o director do cárcere deu orde de que se lles retirasen todos os libros aos presos. Coma sempre, coma a Inquisición, coma os nazis, coma sempre, os libros fóra, que quizais traen consigo a liberdade. Os libros fóra, coma sempre.
Os libros, xeradores de ideas e de pensamentos, debían ser, todos todiños, retirados. Xa que logo, dobre cativerio: o dos corpos e os da mente. Abominable.

Referencias

Dirección para referencias

Comentarios

  1. Iso faise agora pero os de Remar coa xente en tratamento. Tiven un companheiro que estivo metido ai e contoume cousas de estarrecer: nin libros, nin musica, nin radio, nin cartos, etc. El tinha un boli (tamen proibido) onde achantaba os cartos e escribia en papel hixienico.
    Suponho que isto non sera nada comparado co carcere pero tamen lle ronca.
    Un saudo.

    Comentario de acedre hace 2 años y 35 meses

  2. Non existe fiestra dende a que a paisaxe sexa tan fonda, variada e rica coma a que se abre co pasar das páxinas dun bo libro. É o mundo perfecto no que as cárceres non existen, porque nese intre o mundo perdeu esa esmagante condición física da que algúns tanto gustan. E gustan, porque nas átmosferas pechadas sempre hai que pedir permiso para respirar. A cultura osixena e remoza e refina e fai pensar. Pensamento, ese vento tan perigoso...

    Comentario de Rosa Velenosa hace 2 años y 35 meses

  3. Que ben o dis, Rosa, e que razón levas

    Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 35 meses


Recordar datos


A CANCIÓN DO NÁUFRAGO © Todos os dereitos reservados ao autor
Sindica este sitio usando: RSS 1.0, RSS 2.0, Atom.
Esta bitácora mantense con Bitacoræ.
ADN.esADN.es Medio Oficial Premios Bitacoras 2008: Penelope cruz