OS NENOS ESTÁN CANSOS DE TANTO LIBRO "BO"
Francisco Castro - 14-11-2005 14:46:38 | Categoria: Todos os meus artigos

O pasado venres en Moaña, ademais de disfrutar da conversa intelixente dos rapaces e rapazas da Lonxa Literaria, sobre o meu libro Un Bosque Cheo de Faias, e de comer galletiñas de chocolate e outras galdrumadas que fixeron a tertulia máis interesante, tiven ocasión de pulsar a súa opinión sobre o que lles recomendaban no cole.
En liñas xerais, viñeron a dicir que estaban algo fartos de que lles recomendasen tanto libro "politicamente correcto". De forma global, mantiñan que moitos dos libros que lles mandaban ler non tiñan que ver cos seus intereses. Non hai máis que catro ou temas manidos, sen dúbida, que transmiten fermosos valores pero que, probablemente, deixan a literatura un pouco á marxe. Historias "brancas", para nada polémicas ( non hai violencia entre os xoves, non hai sexo, non hai anguria... pero si moooiiitaaa solidariedade.... que non direi eu que estea mal, para nada, líbreme Deus, pero iso non pode selo todo ).
Despois, pedíronme que lles recomendase un libro. Díxenlles que me gustara moito o último premio Merlín, Unha Branca de Cobre para Martiño, de Ramón Carrredano Cobas. Unha novela de aventuras. Pasan cousas. Hai acción. Literatura para mozos. Pero literatura. O de menos, aquí, son os "valores". Despois, o sábado lin unha crítica sobre este libro no suplemento Culturas de La Voz de Galicia, onde dicía que o libro era diferente porque, como o autor non é profesor ( senón empregado de banca ), quizais era capaz de botar outra ollada sobre as historias para mozos.
Ou, digo eu, é que quizais andamos sobrados de libros escritos por profesores que pensan, no esencial, non na literatura, senón no colexio. E iso non pode ser bo.
Comentarios - Referencias (0)
Referencias
Comentarios
-
O mellor, á hora de escribir unha novela, é ser un parado de longa duración.
Comentario de Kamikaze hace 2 años y 33 meses
-
Desde logo. Mira a Rowling. Saiulle o Harry Potter para nenos e, cando o fixo, estaba a pobriña asfixiada que non se tiña en pé...
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 33 meses
-
pero home, precisamente tiñas que poñer ese exemplo?
Comentario de brautigan hace 2 años y 33 meses
-
Se non me engano, escoitei nunha ocasión que Paul Sharader escribiu o guión de Taxi Driver cando vendía polos asados.
Comentario de Kamikaze hace 2 años y 33 meses
-
Pois si, tiña que poñer ese exemplo porque, gustemos ou non da señora en cuestión, os seus libros, entre outras cousas, gústanlle aos rapaces porque son historias de aventuras, con heroes que teñen que superar probas e tal e tumba. Por haber, ata hai malos malísimos, e mortes, e de todo. Así que o exemplo é máis que válido.
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 33 meses
-
eu á tal señora non a coñezo de nada. non me cae ben nin me cae mal, daquela. pero os seus libros parécenme tan p. c. coma os dos mestres ó estilo de Seymour Skinner.
Comentario de brautigan hace 2 años y 33 meses
-
Eu non creoq ue non se escriban boas historias xuvenís o que pasa é que non chegan ao prelo. As liñas das editorias van polo politicamente correcto, pola tolerancia e solidariedade e a iso amoldanse os que queren publicar. En xeral toda a LIX adolece desa mesma eiva, unha vocación máis didáctica que literaria. Nos nosos tempos líamos aos clásicos, moitos deles fascictas e racistas, pero bos escritores, con capacidadade para mergullarnos na aventura, en fin, no pracer da boa literaura.
Comentario de folerpa hace 2 años y 33 meses
-
Ultimamente hai bastante LIX publicada, para todos os gustos. ¿Cal é o problema? Que se fala sen ler. ¿Cantos libros de LIX leu vostede nos últimos dous anos, Náufrago? ¿Cales lle gustaron e cales non en galego? ¿Será que ten vosteme imán para ir parar ás mesmas historias?
Comentario de Lean Lean hace 2 años y 33 meses
-
"En xeral toda a LIX adolece desa mesma eiva, unha vocación máis didáctica que literaria".
Iso si que sona a rodicio "didáctico". Lean, lean...Comentario de Lean Lean hace 2 años y 33 meses
-
Pois, sen ánimo de presumir, moitísima LIX... ao mes. Cousas do traballo. Así que me sinto algo "informado" sobre o asunto. Pero, se cadra, fale cos profesores, a ver se coinciden ou non...
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 33 meses
-
Non sei se depende tanto de ser profesor canto do desexo de vender. As editoriais queren historias actuais pero que non saian do politicamente correcto e, claro, así non hai xeito de escribir de verdade. O escritor debería escribir o que lle pide o corpo, non o que supostamente pide o mercado.
Comentario de peke hace 2 años y 33 meses
-
Totalmente de acordo con Peke. O escritor debe pensar primeiro de todo no que lle apetece comunicar. Xa virá ( ou non ) o mercado.
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 33 meses
-
Supoño que algún deses libros "bos" lle gostaría, digo eu, ou lle parecería que estaba ben escrito aínda que peque en exceso de boas intencións.
Comentario de O Ollo Clínico hace 2 años y 33 meses
-
Evidentemente, moitos deles gústaronme. Outros un pouco. Outros, nada. Como coa narrativa para adultos. Mais o que discutimos é se o criterio á hora de seleccionar que deben ler ten que ser un asunto relacionado con "transversais" e cousas desas, ou, pola contra, do que se trata é de fomentar o gusto pola lectura. E iso, coido, só pode facerse desde a boa literatura. Independentemente do que transmita.
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 33 meses
-
mo malo
Comentario de ruben alvarez veloso hace 2 años y 31 meses