Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A CANCIÓN DO NÁUFRAGO

Blog do escritor Francisco Castro

AO BOSQUE DE MOAÑA


Hoxe polo serán, participarei nunha das actividades que máis poden gustar a un escritor. Convidado pola Lonxa Literaria de Moaña, encontrareime con rapaces e rapazas que leron o meu libro ( sae nunhas semanas traducido ao castelán ), Un bosque cheo de faias (Éverest Galicia ).
A Lonxa Literaria é unha desas alfaias que tanto precisamos neste país. Un grupo de xente voluntariosa e decidida que organiza, ademais dos encontros cos autores, concursos de relatos, recitais de poesía...
Ou O De Sempre: que menos mal que funciona a Sociedade Civil deste país.

Referencias

Dirección para referencias

Comentarios

  1. Perdoa porque non ven ao caso (ou si). Tiven a inmensa sorte de coller praza para o Taller de Poesía de Caixanova, así que vas ter a enorme responsabilidade de facer de min un poeta.

    Comentario de Máis Alá hace 2 años y 35 meses

  2. ¡Que marabillosa é a linguaxe, que truculenta! ¡¡Taller de poesía!!
    Pois veña: "tenda de versos", "reformas de metáforas", "transplante de estrofas", "alongamento de haikus", etc., etc.
    A disfrutar.

    Comentario de tío pepin hace 2 años y 35 meses

  3. Si que vén ao caso. Os rapaces e rapazas da Lonxa Literaria de Moaña, xa fixeron un Taller, precisamente, de poesía, comigo. Ao respecto do da responsabilidade... os talleres poden axudar, como ben sabes, a desenvolver o talento. Pero o talento tense ou non. No seu caso, Máis Alá, ben sei que o ten...

    Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 35 meses


  4. Pídolle mil perdóns, Tío Pepin, pero é que ese é o nome da cousa: “Taller de Poesía Caixanova”. A min o nome impórtame ben pouco, impórtame o que alí hai. De tódolos xeitos en Caixanova deben ter un buzón de suxerencias, pódelles dar vostede tódalas ideas que crea necesarias.

    Comentario de Máis Alá hace 2 años y 35 meses


Recordar datos


A CANCIÓN DO NÁUFRAGO © Todos os dereitos reservados ao autor
Sindica este sitio usando: RSS 1.0, RSS 2.0, Atom.
Esta bitácora mantense con Bitacoræ.
ADN.esADN.es Medio Oficial Premios Bitacoras 2008: Horoscopo hoy