Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A CANCIÓN DO NÁUFRAGO

Blog do escritor Francisco Castro

BOB DYLAN


Xa teño gañas de ver o documental de Martin Scorsese sobre Bob Dylan, o músico estadounidense.
Hai moitos anos, naceu unha candidatura para que lle desen a Dylan o Nóbel de literatura. Tamén, o ano pasado, outra plataforma fixo outro tal con Leonard Cohen.
Sería absurdo negar a influencia que músicos como os citados, ou Sabina ( lede o fermoso traballo do poeta galego Román Raña, hoxe, no suplemento cultural do Faro de Vigo ), teñen exercido sobre moitos de nós.
Quizais, xa que logo, deberiamos ampliar a nómina dos poetas, e asumir que moitos dos que máis nos gustan chegaron a nós, non grazas aos libros, senón á música.

Referencias

Dirección para referencias

Comentarios

  1. Efectivamente, la música abre muchas puertas a la cultura, incluso las "puertas del cielo " (llamando)

    Comentario de bradomin hace 2 años y 34 meses

  2. Eu por unha cuestión persoal quédome con Cohen, pero Dylan ten algúns dos meus versos favoritos de toda a literatura universal.

    Comentario de folerpa hace 2 años y 34 meses

  3. Eu, desde logo, adorando a Dylan, son tamén máis de Cohen. Pero unha cousa non quita a outra.

    Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 34 meses

  4. A mágoa de Cohen é que tendo melhores letras que as de Dylan --é só uma opinião, claro-- tem porém uma música, sobretudo os arranjos das suas melodias, que envelhecem pior que os de Dylan, cujo estilo musical, desde os comezos até agora, está na vanguarda, sem efectismos.

    Comentario de jlombardeiro hace 2 años y 34 meses

  5. En efecto, como músico, dálle mil voltas. Sen embargo, non creo que os temas dos sesenta, por exemplo, de Cohen, envellecesen nada.

    Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 34 meses

  6. Fran estou contigo e lendo o comentario de jlombardeiro penso de inmediato que "Songs of Love and Hate" de 1971 segue a ser un disco de vanguardia absoluta, "Avalanche" penso eu é unha das cancións máis vanguardistas da historia da música, cada vez que a escoito simplemente flipo. Tamén penso que ten mellores letras que Dylan, pero o único libro de poemas de Cohen que teño gustoume ben pouco a verdade.

    Comentario de PAco hace 2 años y 34 meses

  7. O certo é que non coñezo ao Cohen escritor e, a verdade, non o sinto como unha eiva. Tampouco lin os libros de sonetos de Sabina. Quizais porque, por prexuízo, non deixo de velos como músicos. Aínda que, seguindo esa lóxica, se eu saco un libro, quizais Cohen ou Sabina non me lean...

    Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 34 meses


Recordar datos


A CANCIÓN DO NÁUFRAGO © Todos os dereitos reservados ao autor
Sindica este sitio usando: RSS 1.0, RSS 2.0, Atom.
Esta bitácora mantense con Bitacoræ.