Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A CANCIÓN DO NÁUFRAGO

Blog do escritor Francisco Castro

UN PRACER QUE MORRERÁ


Desde a miña xa afastada adolescencia, un dos praceres máis inocentes que podo confesar en público, é o de visitar librerías. Deitar os ollos polos andeis deixándome sorprender polos achádegos máis inesperados. Acariñar os libros, canto máis raros mellor. Cando viaxo, é unha das cousas que fago. Non veñen nas guías, pero eu cheiro as librerías e pérdome, durante horas, nelas.
Sen embargo, leo agora que no futuro, nas librerías, non se venderán libros, senón que se descargarán a traverso do PDA grazas á tecnoloxía GPS. Os lector@s acodirán coa súa terminal e, previo pago, descargarán os textos para logo lelos na pantalla.
Chamádeme xurásico, pero ( e ista é a demostración de que xa vou vello ) con todo iso teremos un pracer menos. E co tristeira que anda ás veces á realidade, coido que non estamos para perder intres de pracer.

Referencias

Dirección para referencias

Comentarios

  1. Totalmente deacuerdo con lo que dices. Visitar una librería es como lanzarse a una aventura sin rumbo fijo: vas sin una idea clara de lo que buscas, pero mientras te la vas haciendo rebuscando en las estanterias, experimentas un goce difícil de igualar; te enfrentas a la necesidad de elegir; y dejas a muchos libros amigos en ese camino...
    ¿Jurásico?, no...

    Salud y Fraternidad

    Comentario de Charles de Batz hace 2 años y 34 meses

  2. Pois saúde tamén para ti. Para moita xente é difícil de entender en que consiste ese goce. Ou a dor que sentimos cando, poño por caso, perdemos un libro.

    Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 34 meses

  3. Ou cando cho mangan.

    Comentario de Piripi hace 2 años y 34 meses

  4. Acho que algo semelhante se dizia quando apareceu, e se foi popularizando, a TV: havia de acavar completamente com o cinema, iba desaparecer. E sim que foram pechando salas (os de Teis-Vigo ainda lembramos o velho cinema Roxy) mas não tudas. E muito menos o cinema entrou em falência mortal, ainda que passou por uma crise considerável. Com as livrarias, no fundo, isso já está a passar, vão fechando uma após outra, convertendo-se só em papelarias..Com os livros de papel e os novos suportes há de acontecer o mesmo que com o cinema-tv, perderemos algumas livrarias --mais ainda-- mas estou quase certo de que conviviram o modelo que hoje conhecemos (papel) e os livros electrónicos. Daquela, amolaremo-nos quando estejamos a baixar um livro e se corte a ligação, e quizais o pracer terémolo quando o exemplar que encomendamos à livraria não tarda semanas e semanas em chegar ;-)

    Comentario de jlombardero hace 2 años y 34 meses

  5. Inda non arranxaron un, para min grande, problema: O cansancio de ler durante moito tempo nunha pantalla iluminada, e as librerías son os, pequenos ou grandes, templos onde adorar os froitos mais sublimes das árbores: OS LIBROS

    Comentario de leo hace 2 años y 34 meses

  6. Coido que Leo pon de manifesto algo importante: non estamos afeitos a ler na pantalla máis que un chiquiño de nada. Unha novela enteira... non sei. Logo está o tema sensorial: tocar o libro, collelo nas mans, cheiralo...

    Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 34 meses

  7. Levalo no bolso para botar man del cando agardas nunha sala de espera chea de revistas ca foto de Leonor na portada. Nunha viaxe en AVE, sexa cando sexa. Mesmo na saida da Volvo podense ler unhas páxinas mentres cortan lazos e soplan nas gaitas. Bos para todo. E todo porque non necesitan corrente nin enchufes. Só abrir e ler. ¿Demasiado bo para que nos deixen ós xurásicos disfrutar dese pracer?. O papel e o grande inimigo, pode ser polo que di Leo, porque, ¡o mal de males!, poder ser que leas todo o que pon nel.

    Comentario de Rosa Velenosa hace 2 años y 34 meses

  8. Moi interesante, Rosa Velenosa. O día no que teñamos que descargarnos as historias no PDA, leremos, por suposto, só o eles queiran que lean.

    Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 34 meses

  9. Walter benjamin nos dixo que o laberinto é patria dos que dudan. A libreria é a patria dos amantes dos libros. A min cando vou pola rúa dunha cidade descoñecida e vexo libreria, o sangue fuxe polas veas para enviar unha sinal o cerebro. ! Encamiñate a ela!. Logo ven outro mensaxe.! Non vaias, tes tantos libros ainda por ler!. O final gaña a tentación. Eso é no unico onde estou dacordo co mito fundacional catolico. Nacemos da tentacion!.

    Comentario de gustavo peaguda hace 2 años y 34 meses

  10. E, como dixo Oscar Wilde... a única maneira que hai de vencer a tentación é caendo nela.

    Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 34 meses

  11. Eu non son un namorado das librerías, pero estou de acordo en que as pantallas queiman os ollos, en que os libros, unha vez confeccionados, funcionan sempre e con enerxías renovables, e que ás veces transmite, polo cheiro, po-la cor do papel e por mil pegadas do tempo, máis historia que a que ten escrita dentro.
    Voto por salva-lo libro.

    Comentario de F. Miguez hace 2 años y 34 meses

  12. Moi interesante o que di F. Miguez, que o libro se renova. Onte tiña na man un meu primeiro exemplar dunha antoloxía de narracións de Borges que merquei aos 17 anos. Volvín ler El Aleph e, a pesares de que o teño en mellores edicións e tal, non sei por que, gozo o dobre do relato nesa edición. Será fetichismo lector, ou algo así.

    Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 34 meses

  13. Fetichimo sen dúbida. Coma eu cos vinilos. Sen embargo penso que agora máis que nunca non debemos de limitala obra artistica -calquera que sexa- polo "soporte". Penso que o "soporte" esta sendo agora un problema, ese soporte que deixa co cú ao aire eses modelos de negocio xa fracasados por moito que non o vexan ainda. E non dispersando, non proben a leer algo coma un libro nunha PDA, pode ser util en circunstancias pero aseguro que pode ser moi dañino. O formato do libro seguirá a ser o papel, eu non o dubido... pero o papel das nosas impresoras conectadas aos nosos ordenadores. Recomendo a visita deste novo modelo editorial que tiven o pracer de colaborar na súa presentación nunhas conferencias sobre Creative Commos e contidos na rede: http://www.arotonda.com/ eu aposto por este modelo dende xa e penso que polo moito que se fala nesta fiestra literaria da pobre promocion mediatica da literatura galega pode ser unha saida ben honesta para moitos e moitas que no ven saida a súas obras.

    Comentario de PAco hace 2 años y 34 meses

  14. O outro día estiven na mesa redonda na que María Yañez nos deu a coñecer o proxecto. Deséxose o mellor dos destinos, por suposto. E, por certo, bo exemplo o dos vinilos...

    Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 34 meses


Recordar datos


A CANCIÓN DO NÁUFRAGO © Todos os dereitos reservados ao autor
Sindica este sitio usando: RSS 1.0, RSS 2.0, Atom.
Esta bitácora mantense con Bitacoræ.