Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A CANCIÓN DO NÁUFRAGO

Blog do escritor Francisco Castro

OS BLOS, A CREACIÓN CULTURAL, VERNE E A GALICIA EXTRAORDINARIA

Como prometín o venres, infórmovos da xornada dese día de paixón.
Os Blos e a Creación Cultural foi o tema da mesa redonda que nos reuniu a uns cantos blogueiros no Simposio dos Editores en Santiago. No básico, o que dixen foi que os editores deben perderlle o medo aos blogs e utilizalo como plataforma de ensaio de determinados productos literarios, para pescudar novos autores, etc. Definin o blog, parafraseando a Borges, como O Libro de Area Electrónica, e, como di Jaureguizar, non desenvolvín a miña teoría en profundidade. Claro. Eran 10 minutos para cada un, e o importante era ceibar unha serie de ideas para o debate. En opinión dalgúns dos asistentes, a nosa mesa redonda foi o máis interesante do simposio.
Despois, saín pitando para o Museo do Mar de Galicia, para asistir á inauguración da mostra, Xulio Verne e a Galicia Extraordinaria. O catálogo quedou impresionante, e, como autor da parte biográfica de don Xulio, non podo estar máis feliz do traballo desenvolvido pola empresa encargada da mostra, RdO Cultural. A paixón demostrada por Alejandro de Arce, o comisario da mostra, é contaxiosa. Se ides vela, entenderedes o por que. Un traballo do que sentirse orgulloso.
Noraboa aos editores, aos blogueiros, á xente de RdO, aos verneiros e a todos os habitantes desta Galicia Extraordinaria.

Referencias

Dirección para referencias

Comentarios


Recordar datos


A CANCIÓN DO NÁUFRAGO © Todos os dereitos reservados ao autor
Sindica este sitio usando: RSS 1.0, RSS 2.0, Atom.
Esta bitácora mantense con Bitacoræ.
LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009