VENRES DE PAIXÓN ( PRIMEIRA PARTE )
Francisco Castro - 03-11-2005 14:48:28 | Categoria: Todos os meus artigos
Mañá Venres tocarame participar no Simposio dos editores, nunha mesa redonda que leva por título Os blos e a creación cultural. O título da miña intervención é O libro de area electrónica. Noticia do nacemento do Homo Blogofilus. Moitas das cousas que teño que contar aí, son froito desta gozosa experiencia náutica-naufráxica con vostedes. Espero podelos ver por alí e coñecelos en persoa a moitos dos asiduos desta bitácora.Despois, ás nove da noite, estarei na inauguración da exposición Xulio Verne: unha viaxe pola Galicia Extraordinaria no Museo do Mar, en Vigo. No catálogo da exposición, a biografía de Verne escribina eu.
De todo isto, informarei o luns.
Comentarios - Referencias (0)
Referencias
Comentarios
-
E unha mágoa non estar en compostela este venres. Terei que esperar que o naufrago apareza de novo en compostela, cidade que a partir da proxima seman recibirá ao poeta da invisibilidade. transladome da auria a compostela. Espero que a proxima vez que monte no rexional a ourense non tarde o mesmo que o pasado marte.Duas horas. cen kilometros. de novo a teima.
Agora que marcho da miña cidade por algun tempo, fun o ultimo da miña xeración de amigos, manifesto outra teima é que o mellor os que vivides na grandes cidades de galicia descoñecedes. A desertizacion de Ourense. como exemplo no meu grupo de amigos ninguen queda en ourense.Comentario de gustavo peaguda hace 4 años y 49 meses
-
Espero coñecelo en persoa pronto.
Comentario de gustavo peaguda hace 4 años y 49 meses
-
O desexo é mútuo.
Comentario de Francisco Castro hace 4 años y 49 meses
-
Sempre nos quedará volver as fins de semana!!!
Comentario de Kamikaze hace 4 años y 49 meses
-
Eu creo que estou escusado vivindo tan lonxe, non?.
Outra vez sera.Comentario de acedre hace 4 años y 49 meses
-
Pois nada. Escusados quedades todos. Non paserei lista.
Comentario de Francisco Castro hace 4 años y 49 meses
-
Julio Verne fue uno de mis escritores favoritos en la juventud, se merece el homenaje. Que vaya todo bien
Comentario de bradomin hace 4 años y 49 meses
-
Moitas grazas. Era unha débeda que Vigo tiña con el. Con Verne iniciámonos moitos. Mágoa que agora non sexa un referente para os cativos.
Comentario de Francisco Castro hace 4 años y 49 meses