Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A CANCIÓN DO NÁUFRAGO

Blog do escritor Francisco Castro

VENRES DE PAIXÓN ( PRIMEIRA PARTE )

Mañá Venres tocarame participar no Simposio dos editores, nunha mesa redonda que leva por título Os blos e a creación cultural. O título da miña intervención é O libro de area electrónica. Noticia do nacemento do Homo Blogofilus. Moitas das cousas que teño que contar aí, son froito desta gozosa experiencia náutica-naufráxica con vostedes. Espero podelos ver por alí e coñecelos en persoa a moitos dos asiduos desta bitácora.
Despois, ás nove da noite, estarei na inauguración da exposición Xulio Verne: unha viaxe pola Galicia Extraordinaria no Museo do Mar, en Vigo. No catálogo da exposición, a biografía de Verne escribina eu.
De todo isto, informarei o luns.

Referencias

Dirección para referencias

Comentarios

  1. E unha mágoa non estar en compostela este venres. Terei que esperar que o naufrago apareza de novo en compostela, cidade que a partir da proxima seman recibirá ao poeta da invisibilidade. transladome da auria a compostela. Espero que a proxima vez que monte no rexional a ourense non tarde o mesmo que o pasado marte.Duas horas. cen kilometros. de novo a teima.

    Agora que marcho da miña cidade por algun tempo, fun o ultimo da miña xeración de amigos, manifesto outra teima é que o mellor os que vivides na grandes cidades de galicia descoñecedes. A desertizacion de Ourense. como exemplo no meu grupo de amigos ninguen queda en ourense.

    Comentario de gustavo peaguda hace 4 años y 50 meses

  2. Espero coñecelo en persoa pronto.

    Comentario de gustavo peaguda hace 4 años y 50 meses

  3. O desexo é mútuo.

    Comentario de Francisco Castro hace 4 años y 50 meses

  4. Sempre nos quedará volver as fins de semana!!!

    Comentario de Kamikaze hace 4 años y 50 meses

  5. Eu creo que estou escusado vivindo tan lonxe, non?.
    Outra vez sera.

    Comentario de acedre hace 4 años y 50 meses

  6. Pois nada. Escusados quedades todos. Non paserei lista.

    Comentario de Francisco Castro hace 4 años y 50 meses

  7. Julio Verne fue uno de mis escritores favoritos en la juventud, se merece el homenaje. Que vaya todo bien

    Comentario de bradomin hace 4 años y 50 meses

  8. Moitas grazas. Era unha débeda que Vigo tiña con el. Con Verne iniciámonos moitos. Mágoa que agora non sexa un referente para os cativos.

    Comentario de Francisco Castro hace 4 años y 50 meses


Recordar datos


A CANCIÓN DO NÁUFRAGO © Todos os dereitos reservados ao autor
Sindica este sitio usando: RSS 1.0, RSS 2.0, Atom.
Esta bitácora mantense con Bitacoræ.
LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009