BUSCO PRESIDENTA DE CLUBE DE FANS
Francisco Castro - 02-11-2005 14:11:55 | Categoria: Todos os meus artigos
A máis clara demostración de que o sistema literario galego non é normal é que non hai ningún escritor de noso con clube de fans. E leo que Antonio Burgos, que é un señor que escribe, nin máis nin menos que no ABC e no Hola ( dous Referentes do Xornalismo Serio, sen dúbida ), ten un clube de fans dirixido por unha profesora de instituto.Vai sendo hora de normalizarnos.
Daquela, iníciase desde aquí o concurso de méritos para a praza de Presidenta do Clube de Fans de Francisco Castro.
Interesadas, dicilo aquí.
E que ninguén coide que agacho motivos espúreos. Para nada. É Pola Normalización do Noso Sistema Literario. Que si.
Comentarios - Referencias (0)
Referencias
Comentarios
-
obviamente non me presento voluntario. só penso que a comparación non lle saiu alá moi axeitada. Antonio Burgos. Hola. ABC. ¿Qué carallo é isto?
Comentario de brautigan hace 2 años y 35 meses
-
Eu creo que o noso sistema literario goza de saúde máis que aceptable. O que está moi lonxe de calquera tipo de normalización é o noso país.
De todos os xeitos, deséxoche sorte no teu proxecto de clube de fans. E cóntoche, de paso, algo que recordei ao ler o teu artigo de hoxe. Xa hai ben anos, estiven a piques de montar, xunto cun grupo de amigos, algo semellante a un clube de fans. Naquel caso, tratábase dunha peña do R. C. Celta. Ao final non o fixemos por pura preguiza burocrática, pero xa lle tiñamos pensado algún posible nome. Algúns querían Peña 20 de abril, por esa cousa tan galega de festexar as derrotas; outros pretendían homenaxear ao tipo da megafonía de Balaídos; a min, non sei por qué, gustábame Peña Celtista Albert Camus. Mágoa que, como case sempre, todo quedase en nada.Comentario de Veloso hace 2 años y 35 meses
-
Benquerido brautigan: ¿non se entendeu que é unha ironía?
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 35 meses
-
Hoxe polo meu traballo vin un escrito da Consellería de Innovación e industria, mais concretamente do Instituto de Consumo só en castelan, nin siquera en galego e castelan, pero firmado pola Xefa de reclamacions e arbitraxe. e un nacionalista o conselleiro?. A cultura non so e asistir a inaguración da exposicion de Frida Kahlo e comer unhos pinchos de valde no airas nuñes de compostela.
Diso falarei outro día. Deume noxo ver a toda politiqueria nacionalista e socialista nun acto social que tendo en conta a personaxe debería ser aberta o pobo sen discriminación é de seguro con catalogos de balde para as autoridades. O cuore tamen gosta o politicos nacionalista e socialistas. e frida kahlo cun corse ca fouce é o martelo.
Perdoa Francisco a miña carraxe nace de que hoxe levanteime a 6 da maña para coller o tren de compostela a ourense, que coma sempre tarda as suas santas duas horas.Comentario de gustavo peaguda hace 2 años y 35 meses
-
Non te preocupes. No 2110 teremos AVE.
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 35 meses
-
claro que se captou a ironía, ho. a miña mensaxe éraa cento por cento.
só pensaba que o exemplo de Burgos era cando menos pintoresco.
por outra parte, eu non creo nos clubes de fans para escritores. non digo que estivera mal, pero a literatura é coma o jazz. parece que sempre será de minoría.Comentario de brautigan hace 2 años y 35 meses
-
Alédome de saber que se entendeu o que quería dicir. Era só un pretexto para, a través da retranca, facer un comentario sobre o noso sistema literario.
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 35 meses
-
Hoxe a maña no libro que trae a voz "galicia vista por un ingles" do ano 1922 di "as vantaxes dos bos portos anulanse en parte polo lento servizo ferroviario cara o interior".
Dexeso que ningun rapaz lea estas notas miñas de queixa dentro de 70 anos e o servizo ferroviario sexa o mesmo.
que teima teño!Comentario de gustavo peaguda hace 2 años y 35 meses
-
Non sabes a razón que tes, Gustavo!
Comentario de Kamikaze hace 2 años y 35 meses
-
Existe, acho, muita relação entre o que diz Gustavo (esse escrito da Conselharia em espanhol) e a ironia de Francisco que dá pe a este fio: não vivemos num pais normal e, por isso, nem o sistema literário, nem os direitos e obrigas linguisticas, ou os simples hábitos, são os dum pais normal. Há umas semanas eu tive que, primeiro reclamar, e depois soletrear por teléfone a um funcionario do Registo Civil, letra por letra, uns assentos em galego. O funcionario era galego-falante mas não sabia, ou não queria, escreve-lo. E como ésta, temos todos e todas dezenas de situações quotidianas similares. Se aquí em Vigo, ou em Getafe, a um funcionário tenho que ditar-lhe: N-o-v-i-e-m-b-r-e, posso chamar-lhe ao momento analfabeto. Se lhe tenho que ditar Novembro, não tal. Em concreto, nem sequer ele tera essa conciencia. (“Estamos fartos de ser uma colonia”, e nem repararmos nisso). Confio, quero confiar contudo, em que estes comportamentos, polo menos na Junta, vaiam mudando.
Adiro-me, também, à teima de Gustavo com os caminhos de Ferro (internos e externos)!Comentario de jlombardeiro hace 2 años y 35 meses