NACE UNHA EDITORIAL VIRTUAL
Francisco Castro - 28-10-2005 13:30:26 | Categoria: Todos os meus artigos
Que as novas tecnoloxías están a revolucionalo todo non merece grandes demostracións.No caso concreto do noso mundo literario, os cambios están a ser radicais. E sobre iso opinarei, a semana que vén, no Simposio que a Asociación Galega de Editores celebrará en Compostela.
Agora todo cambiou. E aínda que de momento nos coste ( no básico, por falla de costume ), hai que aceptar, e case diría que con gozo, que a Rede permite que case que todo o mundo publique. Ou sen case.
E iso, pode ser bo ou pode ser un horror.
En principio, celebro a iniciativa da Asociación de Escritores en Lingua Galega de crear unha editorial virtual para que os autores máis novos poidan, cando menos, publicar na Rede. Aínda que, como sinala Brétemas, non estaría de máis reflexionar un chisco para ver como o facemos e que a iniciativa teña algún sentido máis que o de lle dar saída a absolutamente todo.
En calquera caso, os ( novos ) tempos son chegados.
Comentarios - Referencias (0)
Referencias
Comentarios
-
Lín estes días na prensa sobre a iniciativa que tí comentas e coincido contigo na celebración da proposta. Gustaríame ter información das conclusións ás que chegaredes nese Simposio.
E por certo, aínda que sexa cun día de retraso, moitas felicidades. E quédome coa opinión de Carlos Casares. Véxote espléndido. Unha aperta grande.Comentario de Chus hace 2 años y 31 meses
-
Moitas grazas polo piropo. Inmerecido. Teño idea de que os organizadores do Simposio farán públicas as actas do mesmo. De certo que han de ser interesantes e darán moito que falar.
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 31 meses
-
Qualquer um/uma pode agora deitar seus textos na net, apenas com um blog. A novidade (essencial) é essa, e resulta extraórdinariamente positiva, acho que sem restricções. Contudo, subsistem ainda os esquemas -porque a rede, ao cabo, é "só" um novo suporte- do livro convencional. Pode-se escrever e publicar na rede mas cumpre, para ser lido, uma série de links, sugestões, boca-a-orelha (email a email) que fagam ao leitor encontrar a quem escreve no ecrã. Eu próprio encontrei e descobri este blog por uma ligação de Vieiros, já conhecendo os livros do autor. A gente publica na rede, sim, mas eu leio este blog, e não outros, porque li antes livros do Francisco Castro e, ocasionalmente, encontrei uma ligação. Um autor novo agora poderá publicar, sem custos meio-ambientais nem excessivos pecuniários, mas publicar (virtual ou convencionalmente) não leva consigo a garantia de ser lido.
Comentario de jlombardeiro hace 2 años y 30 meses
-
Estou moi de acordo co que dis, e, probablemente, será a propia calidade ou non do que se escriba na rede quen determinará o éxito ou non da proposta. É máis: quizais, garantindo a presenza de "links para todos", quizais se consega unha certa igualdade, allea ao de sempre ( a presión publicitaria ) que permita que, de verdade, a calidade sexa valorada de seu.
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 30 meses