Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A CANCIÓN DO NÁUFRAGO

Blog do escritor Francisco Castro

39

Hoxe cumprín 39 anos.
Os clásicos dicían que a madureza dun escritor chega aos 40.
Carlos Casares dicía que a obra importante dun autor faise entre os 30 e os 50.
Hoxe cumprín 39 anos.
Borges dicía que despois dos 40 xa non había que ler novidades literarias.
Lennon dixo que agora que tiña 40 tiña toda a vida por diante.
Os anuncios da tele din que a vida comeza aos 40.
Hoxe cumprín 39 anos.

Referencias

Dirección para referencias

Comentarios

  1. Moitas felicidades. Non importa os anos que cumplas, o que importa é que poidas soste-la mirada de ese home que ves cada mañá no espello.

    Comentario de Máis Alá hace 2 años y 31 meses

  2. Parabéns sinceros (Escutei a Torrente Ballester numa palestra em Santiago, dizer que a maturidade do escritor era na casa dos 50. Haverá, imagino, tantas situações como escritores, desde Baudelaire até Laurence Sterne...Tu não vas por mal caminho)

    Comentario de jlombardeiro hace 2 años y 31 meses

  3. Moitas grazas polas felicitacións. No que di Máis Alá acredito de verdade: coido que un acerta na vida se a imaxe do espello é digna, e aquí, é obvio, a imaxe nada ten que ver co físico. E do que comenta jlombardeiro, pois tamén. Mirade Saramago, que empezou a ser interesante ben maior. Ou Sampedro. Así que aínda hai tempo.

    Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 31 meses

  4. Parabéns meu benquerido sensei

    Comentario de folerpa hace 2 años y 31 meses

  5. Moitas grazas, besbelliño

    Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 31 meses

  6. Feliz non cumpreanos dende o pais das maravillas.Por certo hoxe en antoloxico o artigo de Luis Ventoso na voz de galicia.Utiliza un termo que eu non chego a comprender " o lobby do toxo". Dice que os membros de ese loby do toxo debuxa unha Galicia atrasada e subsenvolvida.
    Eu como formo parte dese lobby vou a decir que no seculo XXi sigo tardando duas horas no tren entre ourense e santiago. ë o mesmo tempo que tardaba fai mais de 15 anos cando fun poñer un aparato de dentes. Pero bo,somos os do lobby do toxo.
    Perdoa Francisco por utilizar a teu blog para denunciar esto.A miña intención é so falar de literatura.

    Comentario de gustavo peaguda hace 2 años y 31 meses

  7. Gustavo: paréceme perfecto que utilices o meu blog para dicir isto. Pero, que conste, meu post de hoxe tamén trata sobre literatura, ¿non é? ¿A que idade está un escritor na súa madurez?

    Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 31 meses

  8. A madurez acádese cando un é membro do xurado do Planeta.

    Comentario de folerpa hace 2 años y 31 meses

  9. Eu comecei a descubrir a literatura hai pouco, polo menos dende o punto de vista creativo (con toda a humildade do mundo) e náufrago leva case que toda a súa vida escribindo e publicando. Eu estou a despedirme dos 39 e el os éstrena.
    Estamos os dous na nosa madurez literaria?

    Comentario de Máis Alá hace 2 años y 31 meses

  10. Perdoa francisco pero entendicheme mal. Eu non digo que o teu post non fale de literatura senon que eu só quero falar de literatura e non mostrar os meus enfados de vida civil.
    En canto a tua pregunta, non o sei pero a madurez pode estar tanto nos 16 ou 17 anos que tiña rimbaud ou nos 20 cando escribiu os seus poemas ¿quen nos di que se seguira escribindo os seus poemas serían piores? ou nos 90 e tantos de fernandez del riego. Por poñer dous exemplos extremos.

    Comentario de guspea@hotmail.com hace 2 años y 31 meses

  11. a mensaxe anterior é miña pero equivoqueime o escribir o nome. Ese é o meu correo electronico.

    Comentario de gustavo peaguda hace 2 años y 31 meses

  12. a mensaxe anterior é miña pero equivoqueime o escribir o nome. Ese é o meu correo electronico, se alguen quere escribirme pode facelo.

    Comentario de gustavo peaguda hace 2 años y 31 meses

  13. Felicidades, Profesor. Tus alumnos deseamos ver qué nos tienes preparado el sábado. Saludos.

    Comentario de Hu Xa Niang hace 2 años y 31 meses

  14. Parabénes, Francisco Castro. Non sei qeu lle teñen regalado neste día, pero a ver se neste ano regálanos vostede unha nova novela.

    Comentario de ababoro hace 2 años y 31 meses

  15. Parabens, companheiro de quinta.
    Os escritores chegan ao seu punto maximo cando lles toca, nin antes nin despois. Ese punto, coma case todo, depende de muitos factores: a experiencia, o conhecemento, a dedicacion e a sorte aparte de mais cousas.
    Iso e todo pola minha parte, repito, parabens e a tirar para adiante.

    Comentario de acedre hace 2 años y 31 meses

  16. Sempre se di que os poetas adoitan crear o mellor da súa obra moi novos. A plenitude dos narradores, en cambio, coincide, máis ou menos, co medio século de vida. Non sei; pode que nisto haxa tamén moito tópico. Sexa como for, moitas felicidades, Francisco.

    Comentario de Veloso hace 2 años y 31 meses

  17. Pois nada, moitas grazas a todos. Os seus comentarios son un fermoso agasallo para este día. Ao respecto da nova novela, no 2006 cae fixo. Se é madura ou non, se é boa ou non, terán que decidir vostedes.

    Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 31 meses

  18. Felicidades por eses 39.
    ¿E a pregunta é a qué idade lle chega a madurez a un escritor? E digo eu, ¿quen quere esa madurez? A diferencia dos autores de todas sentencias que reproducía no post, eu non pretendo xeralizar. Pero ás veces penso que o mellor que che pode pasar se te adicas á literatura é quedar nun digno medio camiño. a ver se, como din por aí, acabas de xurado no premio asteroide ou algo por aí. recoméndolle que non lle dea moitas voltas.

    Comentario de brautigan hace 2 años y 31 meses

  19. Benvido a este chanzo. A fornada do 66 esta encantada de compartir a montaña rusa contigo. Madurez. Non sei. Pero dame folgos ler que xente coma a que ti sinalas ahí arriba lle leve a contraria os cientificos mailas suas teoria sobre a morte das neuronas. Lennon nunca mentiu. Parabens de corazón.

    Comentario de Rosa Velenosa hace 2 años y 31 meses

  20. Aunque sea en castellano, felicidades.
    Me debes una invitación.
    Firmado: El infiltrado de la Meseta

    Comentario de BRADOMIN hace 2 años y 31 meses

  21. Onte participei na presentación dun libro. Os tres que estabamos na mesa ( Xoán Carlos Domínguez Alberte, Ramón Nicolás e eu ) somos do 66. Igual vai chegando á hora desa Xeración do 66 ( mentres non veña ningún satánico a sacar conclusións de tanto seis xunto... )

    Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 31 meses

  22. Eu cumprín 47 o día 24, e o meu bisabó dicía que a mellor idade do home ( e supoño que tamén da muller) escomenzaba aos 50. ¡Yuppppppppppppppppi!
    Moitas felicidades outra vez caro Francisco.

    Comentario de a túa compañeira de patio hace 2 años y 31 meses

  23. Eu son da quinta do 57, xunto con moitos outros moito máis famoso ca min. ¿Madurez? Ben, ¿quen a quere? A min que me sigan vindo dúbidas e vacilacións, afán de superación e ganas de tirar para adiante. ¡Moitas felicidades e 39 tiróns de orellas! (Seica dan sorte).

    Comentario de peke hace 2 años y 31 meses

  24. Grazas polos tiróns de orellas. Ogallá traian sorte para todos. Obviamente, se entendemos madurez como aburrimento, seriedade e vida regrada, pois iso, quen a quere. Mais cando falamos de literatura, a palabra madurez significa outra cousa. Probablemente significa perfección.

    Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 31 meses

  25. Moitos parabéns, ¡o teu desexo se cumpra! Bicos

    Comentario de mirada hace 2 años y 31 meses

  26. Moitas grazas, mirada. Que os teus tamén.

    Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 31 meses

  27. Case poderías ser meu fillo e foches meu profesor. ¿De que madurez estamos a falar? Dende o 1948 ¡Parabéns, Neno!

    Comentario de leo hace 2 años y 31 meses

  28. A verdade, querido Leo, é que visto así... rexuvenezo. Grazas de corazón.

    Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 31 meses

  29. Felicidades ainda que señan con retraso. Pero si eres un neniño...dígocho desde o 1944...
    Bicos e sorte e ánimos pra seguir escribindo.
    Muralla.

    Comentario de Muralla hace 2 años y 30 meses

  30. Moitas grazas, Muralla. Pero o de que aínda son un meniño....

    Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 30 meses

  31. Con once días de retraso FELICIDADES PROFESOR E MAIS QUE ISO AMIGO.DISFRUTA OS ANOS,VIVE CON AMPLITUD E XENEROSIDADE TODO O QUE CHE TRAEN.LARGA VIDA E PACIENTE E PERSISTENTE ESCRITURA,QUE AINDA ERES UN NENO ,HOME.QUE AINDA ERES NOVIÑO DO TRINQUE.BICOS

    Comentario de Lola Taboada hace 2 años y 30 meses

  32. Moitas grazas, Lola. Pretendo aproveitar a vida. E a literatura. Boa singladura vital tamén para ti.

    Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 30 meses


Recordar datos


A CANCIÓN DO NÁUFRAGO © Todos os dereitos reservados ao autor
Sindica este sitio usando: RSS 1.0, RSS 2.0, Atom.
Esta bitácora mantense con Bitacoræ.