J.J.BENÍTEZ NON SABE ESCRIBIR
Francisco Castro - 26-10-2005 14:12:17 | Categoria: Todos os meus artigos
Non o digo eu. Díxoo el nunha interesante entrevista publicada por Manolo Rodríguez no suplemento do domingo de La Voz de Galicia.Agora presenta o sétimo tomo da súa serie Caballo de Troya, e, a pesares de levar vendidos catro millóns de libros, declara cousas como que "la literatura no me preocupa, no me considero escritor, no se escribir".
Iso está moi ben. Porque nesta era de Dans Browns e Paulos Coelhos semella como que o máis vendido, ou o moi vendido, é literario. E non o é. De feito, no meu comentario de onte, dalgunha maneira falaba diso. E que alguén que vende desa maneira, teña claro que o seu non é literatura, e que o diga, non deixa de ser sorprendente e merece ser celebrado.
Comentarios - Referencias (0)
Referencias
Comentarios
-
home, igual non é o mesmo, pero eu xa lle teño lido dicir a Alberto Vázquez Figueroa que é un pésimo escritor, autor entón dunha pésima literatura; pero que el non ten tampouco pretensións literarias. E Stephen King ten dito que a súa obra aporta á literatura o que as hamburguesas á gastronomía. é máis habitual do que poida parecer, penso.
Comentario de brautigan hace 2 años y 32 meses
-
Noraboa pola páxina. E saudáble atopar interese e rigor á hora de falar de literatura. E algo que non abonda na rede. Gustáronme moito os comentarios da páxina.
Comentario de Sabela Nuñez hace 2 años y 32 meses
-
Leín esa entrevista a J.J.Benítez e penséi que pouco lle importaría que fora ou non literatura os seus libros cando leva unas vendas millonarias e sabe que ten lectores que non se perden un e compradores que cando teñen que regalar un libro preguntan por
él.A resposta que deu parece humilde,pero tamén fachendosa.O tipo amosa que está por riba das críticas;¿quen non o estaría con semellantes ventas?Comentario de Lola hace 2 años y 32 meses
-
Non sei se é fachendosa ou non a súa resposta, pero, en calquera caso, a min sonoume sincera. Xa podian facelo outros moitos escritores que, sacan un libriño insignificante, e xa pensan que son Faulkner.
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 32 meses
-
A literatura é unha cousa e o mercado outra, aínda que ás veces, por estrañas circunstancias, coincidan. Por exemplo, Javier Marías escribe ben e vende moito, aínda que non sei se o segundo é consecuencia do primeiro ou máis ben un efecto da publicidade. Lembro que nalgún sitio lin que Borges só vendeu vintesete exemplares do seu primeiro libro, así que non temos por qué desanimarnos.
Por outra banda, non sei se se pode meter no mesmo saco a Dan Brown, que escribe fatal, e a Paulo Coelho, que ten cousas bonitas, estilo O Alquimista.
Un saúdo para todos.Comentario de Veloso hace 2 años y 32 meses
-
Para min, Javier Marías xa foi mellor escritor do que é. É un fantástico articulista, e a súa escrita sempre é engaiolante. Ao respecto de O Alquimista, si, é unha cousa. ¿Bonita? Teño as miñas dúbidas. Independentemente da mensaxe, moi bonita e tal, é un libro mal escrito. Falla o ritmo, a verosimilitude dos personaxes, da trama, etc... pero iso si, o que di, é bonito.
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 32 meses