Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A CANCIÓN DO NÁUFRAGO

Blog do escritor Francisco Castro

A NOVELA COMO ARMA DE REFLEXIÓN ( UN POUCO DE AUTOCITA )

Chamáronme de A Nosa Terra para coñecer a miña opinión sobre o asunto da cruzada antitabaco do goberno. O que dixen, podédelo ler aquí.
Como é lóxico, moi estrañado e sorprendido, pregunteille ao xornalista que por que me preguntaba precisamente iso a min, que por que quería coñecer a miña opinión. Non son tan importante. Non son Bisbal nin Ronaldinho nin Camilo Sesto, eu que sei. Díxome que era pola miña novela Xeración Perdida.
En efecto, cando a escribín, procuraba, entre outras cousas, mover á reflexión do lector. Porque non me apetece, para nada, sen un escritor de historias sen máis. A literatura, por que non, pode ser un arma para a reflexión, para coñecer o mundo, para rebelarse contra del ou, directamente, para explicalo. Quero facer iso coas miñas novelas. Contar, si. Pero darlle algo máis ao lector. ¿Soa pretensioso? Soará, que lle vou facer.
Non oculto, xa que logo, que como autor faime moita ilusión que a miña novela poida servir para a reflexión. Que non só vai facer estas cousas Jorge Bucay, digo eu.

Referencias

Dirección para referencias

  1. [...] comentario de onte, dalgunha maneira falaba diso. E que alguén que vende desa maneira, teña claro que o seu non é literatura, e que o diga, non deixa de ser sorprendente e merece ser celebrado. Comentarios (0) - Referencias (0) [...]

    Referencia de A CANCIÓN DO NÁUFRAGO hace 2 años y 31 meses

Comentarios

  1. Visto dende fóra, atrévome a imaxinar que haberá moitos escritores que buscarán explicarse a si mesmos por medio da literatura. Neses casos dos que falo, a relación non se establece co lector, senón coas teimas propias, cos espellos sen maxia, coas zonas escuras das que ás veces non somos conscientes. Nunca descubriches algo novo sobre si mesmo ao ler algún texto que escribiras tempo atrás?
    Ah, e unha levísima discrepancia: a min si me gustaría ser un escritor de historias, sen máis.

    Comentario de Veloso hace 2 años y 31 meses

  2. Prezado Veloso: para nada pretendo suxerir que ser un simple escritor de historias, ou un escritor de historias simples, sexa algo repudiable, nin moito menos. Léoas e disfrútoas. Pero outra cousa é o que eu, como escritor, procure ser.

    Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 31 meses

  3. As historias son universais, e sempre as mesmas, as teimas de un son ou poden chegar a ser as de milleiros. Por iso a literatura nos enriquece. Por iso leer e tan apaixoante e máxico. Por iso o que le sabe escoitar. As historias simples oense, as outras mergullanse ata o fondo do oído e fochican nos miolos. Por iso hai grandes historias e historias sen máis.

    Comentario de Rosa Velenosa hace 2 años y 31 meses


Recordar datos


A CANCIÓN DO NÁUFRAGO © Todos os dereitos reservados ao autor
Sindica este sitio usando: RSS 1.0, RSS 2.0, Atom.
Esta bitácora mantense con Bitacoræ.