EU QUERO SER FINLANDÉS ( NO DÍA DA BIBLIOTECA )
Francisco Castro - 24-10-2005 14:39:24 | Categoria: Todos os meus artigos
Hoxe, 24 de Outubro, é o Día da Biblioteca. E está pasando, por suposto, sen pena nin gloria.Eu, co gallo de día tan importante, quero dicir que desexo ser finlandés. Porque en Finlandia, o 80 por cento da poboación, é usuaria da biblioteca pública. Outro tal en Dinamarca e Suecia. En Gran Bretaña, o 65. E así no resto do mundo civilizado.
En España, non se chega ao 20 por cento de usuarios.
Hoxe, 24 de Outubro, Día das Biblioteca Sen Glorias e Con Penas, inicio os trámites para facerme, aínda que só sexa durante 24 horas, finlandés.
Comentarios - Referencias (0)
Referencias
Comentarios
-
Coido que todos fomos finlandeses noutrora. Cada vez hai menos tempo para gozar daqueles momentos de biblioteca que daban para moito. Cecais habería que construír máis bibliotecas ou darlles mellor uso ás existentes... penso que talvez deberiamos poñernos en folga de sobretraballo e pedir unha xeira laboral que incluíse por defecto unha hora para tomar o café, ler un bo libro e f...umar se procede. non si?
Nota: grazas meu, sigue manténdonos informados destas preciadas e preciosistas novas.Comentario de carlinhos hace 2 años y 31 meses
-
E quen vos mercaría os libros?
Comentario de folerpa hace 2 años y 31 meses
-
Pois non estaría mal apremiar aos sindicatos para que, ademais da hora do bocadillo, incluísen por lei a hora de ler libros.
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 31 meses