GRANHERMANITIS TELEBASUROSA ( A BOA LITERATURA )
Francisco Castro - 20-10-2005 14:33:17 | Categoria: Todos os meus artigos
No Faro de Vigo de hoxe, na sección de humor, Davila regálanos o seu Fotomatón, no que se ve a un médico dicíndolle a unha señora que o seu problema chámase GranHermanitis Telebasurosa, e que para curar necesita unhas cantas doses de boa literatura.Velaquí unha das ideas nas que máis creo nos últimos tempos: fronte do telelixo, boa literatura; fronte das idioteces que discuten certos políticos, boa literatura; fronte do consumismo como todo horizonte vital, boa literatura.
Contra da morte, boa literatura.
Comentarios - Referencias (0)
Referencias
Comentarios
-
Falando de políticos. ¿Cantos dos que gobernan, Axuntamentos, Diputacions, Autonomias, Nacions, leerían A República de Platón, por exemplo?
Comentario de leo hace 2 años y 31 meses
-
A pregunta, querido Leo, é magnífica. Pero eu quero completala así: ¿cantos dos que gobernan len, o que sexa, simplemente, len?
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 31 meses
-
Seica Aznar si que leu. Xa saben, Cien años de soledad, ata a páxina 20. Pero o máis probable era que ata aí dixera mentira.
¿E Zapatero? Leríalle algo a Suso de Toro, imaxino (?).Comentario de brautigan hace 2 años y 31 meses
-
Concordo plenamente co comentario. E tristemente, me figuro que a grande maioría dos políticos non len nada (sobre todo a maioría dos mesetarios, porque se leran, outro galo cantaba)
Comentario de Henrique hace 2 años y 31 meses
-
¡Sodes xentes sin corazón! Se os políticos están "en perpetua abducción" por mor de mellorar as circunstancias presentes e futuras dos seus,eh,representados ¿cómo van a ter tempo para leer?Xa teñen dabondo con leer as enquisas de "suben/baixan".
Seguindo as ideas de Castro (¡qué fermosas!) propoño un berro reivindicativo,un berro de vida :¡CONTRA A MORTE,BOA LITERATURA!
Comentario de Lola hace 2 años y 31 meses