ESTOU MOI PREOCUPADO
Francisco Castro - 19-10-2005 14:09:59 | Categoria: Todos os meus artigos
Estou moi preocupado.Onte recibín no meu correo postal unha revista dunha, para min, descoñecida empresa chamada "Rastro Cultural". En teoría é unha revista de libros. Pero... os temas son ( cito da portada ) Misterios, Enigmas, Ciencias Ocultas, Verdades de la historia, Misterios del Cristianismo...
Ábroo e alí atopo libros abraiantes, cando menos polo título. Cito abrindo a revista ao chou: La verdadera tumba de Jesús, Angeles espíritus de luz, En los sótanos del cielo, Profecías, Los faraones gays, Las artes eróticas en la mesa... e así unha morea de títulos nunha revista non precisamente pequena. A oferta esotérica é, xa que logo, practicamente infinita.
O que me preocupa, é obvio, é que nesa empresa teñan o meu enderezo postal. Que saiban o meu nome. Onde vivo. E o peor de todo, o que me ten preocupado e sen durmir é que nesa empresa pensan (por iso enviaron a revista ao meu domicilio ) que eu podo ser unha persoa interesada neses asuntos. ¡Eu!
Meu Deus: ¿que clase de imaxe estou ofrecendo á sociedade?
Comentarios - Referencias (0)
Referencias
Comentarios
-
Non te preocupes (ou si). Para esa xente ti es só parte dunha estatística e teñen datos de que es lector. Malo será que un dez por cento da xente que recibe a revista non merque un libro. Peor o teño eu, a min mándanme cartas nas que regálanme millóns e xamóns e xoias tan só por chamar a un telefono. Non sei se terán datos de que eu son parvo.
Comentario de Máis alá hace 2 años y 31 meses
-
A min chéganme emails propoñéndome alongamentos de pirola. Non sei se terei cámaras detrás do espello do baño.
Comentario de ababoro hace 2 años y 31 meses
-
Pois eu sempre te vin un ramalazo esotérico.
Comentario de folerpa hace 2 años y 31 meses
-
La revista no es Ratro, sino Rastrojo Cultural,como el chiste de Resopla en la polla, q era 3ecuerdo d Constantinopla(cualquier ocasión es buena para leer).A mi me llamaron d A.R, la revista d Ana Rosa, la del negro(serÃa el quien llevaba el tatuaje y ella la q popularizo el chiste anterir) y yo juro no tener nada q ver con esa tipa.
Comentario de quitoelemento hace 2 años y 31 meses
-
Creo que o meu comentario vaivos preocupar moito a todos. Como traballadora da Administración que son pódovos asegurar que no meu centro, no que se manexan datos dos habitantes que se consideran legalmente confidenciais, están a disposición xa non de funcionarios irresponsables que dan eses datos a amizades ou semellantes (aquí déixoo á vosa imaxinación) senón en mans de eventuais diversos e fugaces que quedan ao cargo destes departamentos. En resumo, que teñen acceso a todo tipo de datos persoais que poden utilizar (ou descargar, se a maldade lles chega a tanto) como lles veña en gana e sen ningún tipo de responsabilidade. Iso si, para que logo os centros de traballo gasten fortunas en aplicar a lei de protección de datos e outras andrómenas. En fin, isto é o que hai aínda que custe crelo.
Comentario de orballo hace 2 años y 31 meses
-
Pois si: agora estou MOITO máis preocupado.
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 31 meses
-
1984
Comentario de folerpa hace 2 años y 31 meses
-
Iso si que é economizar palabras. Pero dicir moito...
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 31 meses
-
Onte me fixeron duas preguntas metafisicas as que nonsoupen responder. Unha no meu traballo.Unha señora preguntoume "Nunah pelea de mulleres. Hay xuicio". e outra fixoma a miña compañeira despois duna reuncion cos pais dos seus alumnos ¿ Porque os pais queren sentarse no sitio do seu fillo?.
Sigo sen atopar resposta. a ver se me axudades a atopar unha resposta.Comentario de gustavo peaguda hace 2 años y 31 meses
-
Os psicólogos andan a dicir que se está dilantando a adolescencia. Que hai nais e pais que visten como os seus fillos, que escoitan a mesma música, que falan igual ( jo tía, que fuerte ) e que, en definitiva, ven xuntos OT. Daquela, é lóxico que queiran sentar no mesmo asento.
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 31 meses
-
Moi interesante o que dis dos psicologos pero eu coma nonteño conocmentos de psicología quedome co que dixo gombrowicz " o home quere ser xoven". Sobre ese tema da inmadurez hai que acudir o Federyuke de Gombrowicz, o jacobo von gunte de walser ,as tribulacions doestudiante Torless de Musil e as nosa La catedral y el niño de Blanco Amor e seguro que moitas mais que descoñezo. En resumen a literatura permitenso comprender mellor o mundo.
Comentario de gustavo peaguda hace 2 años y 31 meses
-
Desde logo que a literatura permítenos coñecer mellor o mundo. Pero non confundamos "infantilismo" con o desexo de ser novos eternamente. Hai pais que non maduran. E así pasa que non son quen de ser un referente para os seus fillos.
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 31 meses
-
Tamén, na literatura e na vida, se deixa de ser neno por uns anos para voltar a unha madura nenez nos derradeiros anos da vida. O sorriso etrusco de Sampedro é un bo exemplo.
Comentario de ababoro hace 2 años y 31 meses
-
Se alguen ten un problema co seu pai. Que non vaia o psiquiatra. Mellor ler A carta o pai de Kafka. As suas palabras son mais certeiras que o discurso de freud o de jung.
Comentario de GUSTAVO PEAGUDA hace 2 años y 31 meses
-
Encantame esta tertulia, empezou o debate con o control de datos e xa estamos en Edipo, Freud e Jung. Como me dixo unha vez Manolo o dono do restaurante "El Canario": Internet e a hostia.
Comentario de leo hace 2 años y 31 meses