Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A CANCIÓN DO NÁUFRAGO

Blog do escritor Francisco Castro

ROSALÍA 125 ANOS DESPOIS

Hoxe, na Casa do Libro de Vigo, reunirémonos uns cantos escritor@s para participar nun recital poético arredor de Follas Novas, de quen se cumplen 125 anos neste 2005.
O acto, dirixido por Xesús Alonso Montero, contará coa participación de Manuel Bragado, Laura Caveiro, Dolores Ruíz, Fran Alonso e eu mesmo. Os escritores recitaremos dous ou tres poemas do libro de Rosalía.
Estades todos convidados a pasar por alí ás oito do serán.
Como xa dixen moitas veces, coido que Rosalía de Castro é unha das grandes incomprendidas da nosa literatura. O franquismo teimou en que a víramos como "unha chorona" diante da emigración, desvirtuando así (ou mellor, minimizando ) moito do seu traballo. Para min, amais dunha poetisa romántica, Rosalía é unha poeta social ( lede, e volvede ler, A Xustiza pola Man, por exemplo ).
Vai sendo tempo de reivindicala como o que é.

Referencias

Dirección para referencias

Comentarios

  1. "Galicia, non debes chamarte Nunca española Que España de ti se olvida cando eres, ¡ai! tan hermosa, cal si na infamia nasceras, torpe, de ti se avergonza"
    Os que vamos velhos lembramos as notas de 500 pts, que levavam umas quadras no seu envés. Os versos de riba não foram daquela os selecionados para aquele papel-moeda.

    Comentario de jlombardeiro hace 2 años y 31 meses

  2. Dados os tempos...

    Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 31 meses

  3. no meu diario apuntara o seguinte:

    4-05-2004

    Escoitei onte un fermosisimo relatorio de Anxo Angueira,autor dunha novela que arrecende a empanada de millo y berberecho que se desenrola na zonas de Padron e Dodro na segunda republica, sobre a galicia na epoca de rosalia de Castro.

    Presentounos unha Rosalia combatente contra todas a inxustizas e topicos que existiron de Galicia dende Góngora ata o grandisimo Ezra Pound xa no seculo XX que presentaban os galegos coma auténticos porcos “pousadas coma cortellos”. Unha Rosalia anticlericlal “ Do directo, do rives/matrimonio un dogal es/ eres tentacion do inferno/mais casarei. Pois/no inverno ter quen lle a un quente os pes”(Follas Novas 1880). Unha rosalia defensora das costureira a quen o cancioneiro popular galego a considera o diaño por vaga e promiscua.
    Se ben o curioso e grave e que na sala estabamos vinte persoas das cales o ano que ven seguro estamos só 18. ¿onde estaban os profesores de literaruta galega para escoitar es outra Rosalía que se sae dos topicos?.

    Comentario de gustavo peaguda hace 2 años y 31 meses

  4. ¿Cántos estabamos hoxe na Casa do Libro? Contados con ollo xeneroso quizáis vinte/vinteún. ¿Non convoca o nome de Rosalía,a que deu voz os sin voz do seu tempo,a los ilustres persoeiros/as políticos, a profesores de literaruta galega ,por tanto tamén española, a poetas máis ou menos "best seller" do panorma galego,etc.etc.etc.? E dirán que chovía...
    Gracias ós que estabades.Gracias pola vosa esperanza. Gracias polo voso saber que repartides xenerosamente. Gracias polas vosas palabras.Gracias por dar voz a Rosalía tal como foi:unha muller ben rexa na sua febleza corporal.

    Comentario de Lola hace 2 años y 31 meses

  5. Polo que dice Lola non hai moita diferencia entre Ourense e Vigo. ¿ Porque a clase politica, tanto da dereita coma da squerda como nacionalista só asiste os actos culturais cando lle teñen reservada unha cadeira na primeira fila e hai un fotografo que inmortalize os seus 15 segundos de gloria no ambeto cultural?

    Comentario de gustavo peaguda hace 2 años y 31 meses

  6. Tendes razon os dous. Estou certo de que se en troques de facelo arredor de Rosalía, o fixeramos arredor de David Bisbal, a cousa iría moito mellor. Aínda así, foi ben fermoso o recital.

    Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 31 meses

  7. Eu teño moita mágoa de non ter asistido e non poder gozar de compañia tan agradable. Aínda que foran poucos seguro que foron bos.

    Comentario de Máis Alá hace 2 años y 31 meses


Recordar datos


A CANCIÓN DO NÁUFRAGO © Todos os dereitos reservados ao autor
Sindica este sitio usando: RSS 1.0, RSS 2.0, Atom.
Esta bitácora mantense con Bitacoræ.