VERNE EN VIGO. ¡SEN TEMPO NON ERA!
Francisco Castro - 14-10-2005 14:21:36 | Categoria: Todos os meus artigos
Hai tempo queixeime neste blog da apatía da miña cidade diante do centenario de Verne. O autor francés inmortalizou a Ría de Vigo en 20.000 leguas baixo dos mares e, a verdade, non se entendía moi ben por que non se organizaba nada aquí.Á espera doutras actividades centradas en Verne, e das que xa vos falarei cando sexa tempo ( e das que formo gozosa parte ), hoxe lemos que, ¡non era sen tempo!, haberá unha estatua a partir do vindeiro luns dedicada a Verne.
Non está mal e aplaudimos a iniciativa.
De feito, na cidade de Vigo non somos moi amigos de facer estatuas a quen de verdade o merece. E, para a nosa vergonza, lembramos que, hai anos, houbo unha iniciativa popular moi seria para erixirlle unha estatua a... Mostovoi, o xogador do Celta.
Agora, só resta convencer ás autoridades para mudarlle o nome a Ponte de Rande e que pase a chamarse Ponte de Xulio Verne. Por min, a campaña comeza xa.
Comentarios - Referencias (0)
Referencias
Comentarios
-
Vaites!! Sempre é um prazer atopar um outro blog escrito em galego, e já vam uns quantos. A verdade é que nom sei de se estrana o seu autor já que o futebol é o futebol (sic). As artes e letras já pouco importam. Umha vez lim numha colaboraçom num jornal algo sobre que os portos de Ïrlanda eram conhecidos polos seus escritores... na Galiza os portos som conhecidos mais bem polo feito gastronómico. Umha mágoa!!!
Comentario de Capitam da nave hace 2 años y 31 meses
-
Gustei do teu blog...
E pensei que che gustaría sabelo...
Hahaha...
Non me fagas moito caso...
Saúde!Comentario de Un que pasaba hace 2 años y 31 meses
-
Noraboa.. adiante.. é un bo comenzo.
BicosComentario de mirada hace 2 años y 31 meses
-
Estou de acordo coa estatua adicada a Jules Verne. O que xa non me semella apropiado e que se tire co nome da ponte de Rande que e un nome galego mui bo para por o dun escritor estranxeiro por muito que puxese o nome de Vigo na escea mundial.
O nome do escritor viria ben para un colexio, unha biblioteca ou algunha institucion asi.
Non sei. Gustame mais ponte de Rande que ponte de Verne.Comentario de acedre hace 2 años y 31 meses
-
Aproveitando a ausência de qualquer memória histórica poderiamos apanhar (por não mais de uma presada de euros) qualquer das centos de estatuas de Lenin deitadas nas chatarrarias da Europa oriental. Cada ano, ou quando quisseramos, substituiriamos o nome do homenageado -sendo homem e finado desde tempo, claro. Valeria assim para dedicar-lhe a Julio Verne, o capitão Nemo, para o dia das letras nos sucessivos anos...
Comentario de jlombardeiro hace 2 años y 31 meses
-
Ahm,
no seré yo quien olvide a Julio V!
Que digo.
No permitiré que caiga en el olvido y ehm, tampoco lo permitiré.
Ea!
Y digo más, voy a recoger una a una las lechugas de mi huerta. Voy a recogerlas sin descanso y también voy a comérmelas.
Y con las uñas llenas de arenillas oscuras y porcallentas acudiré a "Retales Lidia" y suplicaré por Verne.
Va a ser tan conmovedor mi relato, que la misma Lidia se refugiará entre los estampados de carnaval para llorar amargamente.
Y una legión de aguerridos y nobles ciudadanos vigueses saldremos del local atestados de cachitos de gomaespuma.
Luego iremos a mi parcela sin hortalizas, para depositar con suavidad los trocitos, desde la carretilla hasta el suelo.
Y será un lugar tan mullidito y acogedor, que todos querrán ir a la MontañaBlanditaDeJules a leer sus cuentos.
Comentario de nosoyunñu hace 2 años y 31 meses
-
DEBATE: As obras de Verne hoxe en día son consideradas como "Literatura Xuvenil" ¿ En que pensaba Verne, ou outros autores tamben sinalados coa mesma etiqueta, cando escribiron suas obras ? ¿ Son estas obras un sub-xenero de segunda crase?
Comentario de leo hace 2 años y 31 meses
-
Mostovoi merecía a estatua tanto ou máis que moitos que están en prazas públicas sobre cabalos de bronce. Supoño que nunca o viches xogar. De onde procederá ese prexuízo cultureta segundo o cal podemos inmortalizar a poetas e militares, pero non a deportistas? Por que non poden estar nas nosas glorietas Álvaro Pino, David Cal ou Chus Lago?
Comentario de Veloso hace 2 años y 31 meses
-
Vou respondendo.
Cada día creo menos nas fronteiras literarias. ¿Era Verne un escritor, é Verne un escritor para rapaces? Coido que non. Eles poden disfrutalo pero eu, non o dubides, tamén.
A ver: Mostovoi era un grandísimo xogador. Eu non digo que non mereza unha estatua. Digo que a única iniciativa popular recente para facer estatuas, na miña cidade, foi para facerlla á Mostovoi. Iso é o que critico. Que a ninguén se lle ocorriu pensar nun científico, ou nun literato, ou un político ou... senón nun futbolista. Imaxine vostede que saíse de Vigo un gran cantante de Operación Triunfo, e van e deciden recadar cartos para facerlle unha estatua. A crítica, sería a mesma. Non ten que ver, xa que logo, para nada con prexuízos culturetas, como vostede di.Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 31 meses
-
De acordo, Castro. Pido desculpas polo dos "prexuízos culturetas". Agora que o leo, sóame un pouco alporizado de máis para un blog no que se defende un debate enriquecedor e correcto. Por certo, alégrome de que se lle dedique unha estatua a Xulio Verne. Iso si, temo que os do botellón a estraguen de contado.
Comentario de Veloso hace 2 años y 31 meses
-
Non o dubides. En calquera momento, algún "intelectual" do sprai "decorará" a estatua como xa pasou co nadador de Leiro, e en varias ocasións. Esta cidade é así.
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 31 meses
-
De certo que nalgunha noite de esmorga alucinada un/uns/a/as "sprainator" emporcallarán a Verne.Pero non porque "esta cidade é así",Castro,senón porque a esta cidade facémola así. Ó fin ¿non teremos tamén a cidade que merecemos? Non quero por nada do mundo ferir as sensibilidades dos incondicionais de Verne ,pero a Ponte de Rande,na miña opinión,ten un nome axeitado e fermoso, da nosa raigame histórica. O nome de Xulio Verne quedaría moi ben a una sala do Museo do Mar,poño por caso,onde se mostrara o seu imaxinario.
Comentario de LOLA hace 2 años y 31 meses
-
Evidente, Lola, temos o Vigo que nos merecemos. As estrañas sinaturas nos monumentos non se dán por aí fóra. Ao respecto do tema do nome para a ponte de Rande, foi un asunto que, hai lustros, plantexou Ferrín. A min parèceme unha gran idea.
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 31 meses
-
agora faltará unha estatua a Manuel María na Coruña apoiada dende o Concello (non pido imposíbeis nen nada!!)
Comentario de Henrique hace 2 años y 31 meses