LEAN VOSTEDES NOVELAS
Francisco Castro - 07-10-2005 14:17:02 | Categoria: Todos os meus artigos
Un dos topicazos que nos últimos tempos hai que aturar é que as novelas longas non teñen futuro, por causa da vida acelerada e urxente que levamos. Hai quen defende que só hai que ler ou relatos ou novelas moi curtas. No mercado editorial, desde logo, isto nótase claramente.E incluso hai por aí quen descualifica a segundo que autores polo tamaño, segundo eles, "desmesurado" ou "descomunal" das súas novelas. É unha tendencia perigosa. Moi perigosa. É coma unha defensa do pensamento feble e superficial.
Apetéceme, xa que logo, defender a boa literatura.
As novelas e os novelóns.
Comentarios - Referencias (0)
Referencias
Comentarios
-
Houbo unha época que mesmo nos programas culturais falaban do absurdo da novela longa, que ninguén tiña tempo para lelas...
Non sei, eu sempre fun afeizoada á longa distancia, ao novelón... Creo que á única novela realmente corta que adoro é La tregua, de Benedetti. O resto das miñas favoritas son de tamaño medio a descomunal
.
Á fin, o bo, se longo, dura máis (parafraseando).
Saúdos.Comentario de Hai Cada hace 2 años y 31 meses
-
Para min unha das mellores novelas que non debe pasar de cen paxinas e o Bartbebly de Melville. Que non sei se esta traducida o galego?. Se non esta creo que é urxente a sua traduccion. A borges tamen lle gustaba.
Comentario de gustavo peaguda hace 2 años y 31 meses
-
A idea de que os bos libros deben abultar é en si un tópico. Que unha novela, para o caso, leve 100 e non 400 páxinas non implica carencia de calidade. Máis palabras non fan necesariamente mellor literatura.
Comentario de brautigan hace 2 años y 31 meses
-
Se facemos caso do que se di acabaremos crendo que os libros van desaparecer e non vai ser asi.
Hai novelas longas como hai novelas curtas como sempre houbo. E sempre habera novelas que tenhen que ser longa porque o argumento e complicado e abarca varias xeracions ou a vida dunha cidade e iso non se pode resumir coma se fose un curriculum vitae.
A cuestion de non ter tempo para ler unha novela semellame unha tonteria. E a tipica escusa para todo.: "Non te chamei que non tinha tempo","Non te escribin que non tinha tempo". O tempo haino igual pero a xente prefire adicar o seu tempo a outras cousas.Comentario de acedre hace 2 años y 31 meses
-
Estou de acordo con Acedre, a lonxitude dun libro no depende das paxinas senón do pracer que nos dea a lectura dese libro. Xa sabedes o tempo é relativo, depende do que teñas nas mans.
Comentario de Máis Alá hace 2 años y 31 meses
-
É certo que o tema da lonxitude dunha obra é un tema moi relativo, unha soa palabra pode constituir nunha determinada situación a historia máis fermosa e profunda xamáis contada e, sen embargo, centos de páxinas poden caer na superficialidade. Alí atópase precisamente a mestría de cada autor, uns fans maravillas en 50 páxinas como moitos tráxicos e outros erixen minuciosamente templos tan sólidos como Crimen e castigo. Así que tamén penso que a lonxitude é un arma máis que pode empregar o autor según guste. Enhoraboa pola páxina Fran, paréceme unha idea moi interesante e sempre fai ilusión saber de antigos profesores. Un saúdo. Inés Yarza
Comentario de Inés hace 2 años y 31 meses
-
Ha, ha, ha...perdón que me ría, pero iso de "antigo profesor" é moi bo.
Comentario de Máis alá hace 2 años y 31 meses
-
Pois non ría vostede, querido amigo, polo comentario da miña querida ex-alumna ( ¡¡¡ que pracer enorme saber de ti!!! ) Inés, porque, máis ou menos, somos da mesma quinta vostede e eu...
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 31 meses
-
Hai quen merca os libros polo volume que teñen, xa que vas gastar a pasta polo menos que cunda, deben pensar, e a outros só con mirar o ancho de perfil dun tomo xa suan. Eu coido que o tamaño, ¡mira ti o que digo! que é o que sempre se dixo ou nos fixeron dicir, non importa. Velaí o "Codigo" de marras ou "La sombra del viento", bla bla bla. E velaí os relatos de Nabokov e Cortazar, por dicir algo. Unha arte non ten medida, nin un talento un número de páxinas a partires do cual se poda comezar a valorar. Cando atopas algo como o "Memorial del Covento", decataste de que o tamaño e relativo e que hai historias curtas que se che fan longas, longas que se fan eternas, ou como neste caso que tanto dá que sexa curta ou longa porque sempre che vai dar mágoa chegar a derradeira páxina. Esas, todas esas, non deberían rematar nunca. E non rematan. Teñan cen ou duas mil páxinas quedan a vivir en nos. As outras mastiganse, traganse, e esquecense. Vai resultar que o tamaño si que importa, e midese pola riqueza que nos queda dentro.
Comentario de Rosa Velenosa hace 2 años y 31 meses
-
Non é que non sexa certo o que di Rosa Velenosa, que o é... pero algúns temos tendencia ao novelón, sen que iso signifique que merquemos os libros ao peso. A fin e o cabo, as historias de Corin Tellado eran ben finiñas (non sei se curtas, nunca me aventurei no interior).
Non teño nada contra os pantalóns curtos, pero polo xeral prefíroos longos. Mais se os curtos son lindos e os longos feos... que lle dean aos longos.
Saúdos.
Comentario de Hai Cada hace 2 años y 31 meses