Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A CANCIÓN DO NÁUFRAGO

Blog do escritor Francisco Castro

O ENSINO DA LITERATURA ESTÁ TRABUCADO

O filósofo José Antonio Marina vén de sacar un novo libro titulado La Magia de Leer.
Entre outras moitas cousas, di unha gran verdade que aquí xa dixemos nalgunha que outra ocasión: que o ensino da literatura, para os mozos, está errado.
Eu estou profundamente convencido de que o sistema educativo, ás veces, máis que fomentar a lectura, consegue que a aborrezan. E que só desde un profesorado comprometido e apaixonado polos libros se pode fomentar a lectura.
Por desgraza, hai moi poucos profesor@s así.

( E o debate sobre o Nobel, medra. Á proposta de Jaureguizar e á miña, súmase agora a de Brétemas )

Referencias

Dirección para referencias

Comentarios

  1. Ámbolos dous tivemos a fortuna de ter un deses pofesores que nos menteron no bandullo o verme da literatura.

    Comentario de folerpa hace 2 años y 31 meses

  2. O certo é que si, pero, antes coma agora, insisto, non abondan. E deberían abondar.

    Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 31 meses

  3. Eu tiven un profesor de literatura que nos animaba a ler libros. Eu tiven un profesor de literatura que nos esixía saber moitos datos sobre a historia da literatura. O primeiro acabou de espertar en min a paixón pola lectura. O segundo, se o primeiro non me deixase ben desperto fronte ao mar dos libros, conseguiría que morrese afogado coa enxurrada de datos.

    Comentario de xulio hace 2 años y 31 meses

  4. Non sei a qué vos referides exactamente co de que o sistema educativo fai aborrecer a lectura:Pode ter q ver cos libros q se fan ler, alleos totalmente à realidade dos rapaces ou vos referides ó sistema memorîstico?

    Comentario de quintoelemento hace 2 años y 31 meses

  5. Evidentemente, ás dúas cousas. Moitos dos libros que se lles mandan ler, nada teñen que ver con eles. E, por outra banda, o asunto memorístico fai que se aborreza ¡calquera cousa! ( a parte de ser, desde o punto de vista pedagóxico, unha parvada ).

    Comentario de Francisco Castro (para 5º elemento) hace 2 años y 31 meses

  6. enviarme a mimns

    Comentario de liz hace 2 años y 31 meses


Recordar datos


A CANCIÓN DO NÁUFRAGO © Todos os dereitos reservados ao autor
Sindica este sitio usando: RSS 1.0, RSS 2.0, Atom.
Esta bitácora mantense con Bitacoræ.