50 ANOS DE MERLÍN. OU QUE CONTINÚE A POLÉMICA
Francisco Castro - 05-10-2005 14:17:03 | Categoria: Todos os meus artigos
O Merlín e Familia de Álvaro Cunqueiro cumpre 50 anos.A pesares do medio século e do dados que somos a celebrar cartesianamente as cousas, o certo é que en Galicia, fóra dos círculos estrictamente intelectuais, a efeméride está a pasar sen pena nin gloria.
Ese libro é un dos mellores que se teñan escrito nunca. E se en troques de ser un libro en galego, fose obra, poño por caso, dun colombiano con mostacho, a celebración sería cósmica.
Pero é dun escritor de Mondoñedo que os galegos prefiren ignorar coma todo o seu.
No fondo, outra manifestación máis do que estamos discutindo desde hai días.
( E, noutra orde de cousas, Jaureguizar anímase a facer unha campaña distinta da miña )
Comentarios - Referencias (0)
Referencias
Comentarios
-
Dende que no ano 1997 Bohumil Hrabal morreu sen que llo concedesen tanto me ten a quen reciba o premio do dinamiteiro. De todolos xeitos Roth o Updike parécenme bos candidatos.
Comentario de folerpa hace 2 años y 31 meses
-
A lista de pendentes do nobel e longisima. Pero xa que vamos de norteamericanos. Propoño a Norman Mailer.
Comentario de gustavo peaguda hace 2 años y 31 meses
-
Traslado aquí o meu púlpito mitineiro. En canto coñezamos 'Villages', o novo de maese Updike, estou certo de que vostede abandonará as súas veleidades xudaícas e se unirá a min. E iso que 'El teatro de Sabath' divertiume enormemente.
Comentario de Jaureguizar hace 2 años y 31 meses
-
POis esperarei a ler esa obra, señor Jaureguizar. En calquera caso, imaxino que a filia por ámbolos autores non será excluínte. E, por outra banda, insiste moito vostede, tanto neste comentario derradeiro como no seu post de onte, sobre que lle "divirte" tal estructura ou tal trama. Pois mire, vostede sabe que valoro enormemente o humor, e a intelixencia retranqueira na literatura, pero hai obras mestras, de Roth, por exemplo, onde calquera divertimento aparece vedado pola propia historia e son verdadeiras obras de arte.
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 31 meses
-
De Updike só lin un libro titulado Mais Beach. ( Argos-vergara-1983) A min gustoume moito porque ridiculiza os arquetipos da sociedade americana e dos escritores. Se ese libro fora escrito por un galego toda a elite cultural botariaselle encima. Esa é unha das debilidades do sistema literario galego dada a súa peculiaridade. Sempre andamos a defensiva. Que escritor novo e sen axuda ousaria escribir un libro no que ridiculizase os Ferrin, os Rivas, os del toro, os freixanes, os diaz pardo, os alonso montero, os Bragado, os fernan vello, os neira vilas, os Xurso Souto. Eso é o que da vida a literatura e non a uniformidade. Que editor galego o publicaría. Eiqui non temos un Robert Denoel que editou a un Celine. Eu non o faria pero coma lector gostariame ler un libro que ridulizase a elite cultural. Precisamos máis Outsiders que nos cuestionen as nosas ideas. Senon os escritores galegos convertiranse en Golems.
Comentario de GUSTAVO PEAGUDA hace 2 años y 31 meses
-
Amén.
Comentario de brautigan hace 2 años y 31 meses
-
Eu casei este ano no registo de Mondonhedo e foi, entre outras cousas, por Cunqueiro (adoramos o Sinbad e os esqueletes a tripar flores). Minha companheira e eu quissemos levar -a Cunqueiro- como testemunha, desde a esplanda com vista à catedral ao tribunal. Nisso estavamos quando um municipal cachou-nos com o guindastre e a escultura por onde La Alianza. Deixamos todo no seu sitio
Comentario de jlombardeiro hace 2 años y 31 meses
-
A historia que contas é marabillosa e daría para un fantástico corto cinematográfico.
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 31 meses
-
Eu tamén casei en Mondoñedo, nos xulgados; pero non por cuestións literarias, senón porque a miña muller traballaba na cidade e ela era a interesada: era moi nova daquela. Se ten curiosidade pode mirar o altar diante do que casou Cunqueiro nos hiperultramariños que ten Manolo Montero, O Mago Merlín, en Mondoñedo.
Comentario de Jaureguizar hace 2 años y 31 meses
-
E fascinante o engado de Cunqueiro que alimenta ainda mais a mitica, pero tanxivel sem nengumha duvida, presenza do mago Merlim e das fermossa historias do realismo maxico nas terras de Britonia e por extenssom a tuda Galiza...Obrigado dom Alvaro...eternamente
Comentario de Mailoc Seivane hace 2 años y 31 meses