GALICIA: O PAÍS MÁIS CULTO DO MUNDO
Francisco Castro - 04-10-2005 14:43:12 | Categoria: Todos os meus artigos
Falando dun libro de Marina Mayoral, empeza o seu artigo en A Nosa Terra, X.L. Franco Grande, informando de que en Galicia hai un censo de algo máis de 250 escritores e que, en relación á poboación total do país, trátase dunha proporción inaudita e que non se dá en ningún país.Ou sexa, e volvendo á polémica de onte, Galicia é O Páis Máis Culto do Mundo.
Estou orgulloso.
Comentarios - Referencias (1)
Referencias
-
[...] do que estamos discutindo desde hai días.
( E, noutra orde de cousas, Jaureguizar anímase a facer unha campaña distinta da miña )
Comentarios (0) - Referencias (0)
Referencias
Dirección para referencias
Comentarios [...]
Referencia de A CANCIÓN DO NÁUFRAGO hace 2 años y 33 meses
Comentarios
-
251 pois supoño que Grande aínda non me contaría.
Nin estou orgulloso nin penso que sexamos un páis culto, somos un país moi publicado, pero iso non é síntoma de nada. Peferiría un cento de escritores menos, pero que os que houbese tivesen máis repercusión mediática das súas obras nas rúas, nas escolas, na sociedadeda cicvil en xeral e non esmorcesen coma mestres. Un páis onde se cumprise aquelo arela de a que patria é a lingua.
A nivel personal como lector, a min deses 250 sobraríanme seguramente 240. Pero iso é outro cantar que non ven ao caso.Comentario de folerpa hace 2 años y 33 meses
-
Folerpa, estabas optimista cando atopaches 10 escritores vàlidos en Galiza... penso que artigos coma ese, con datos coma ese, ocultan unha vez màis a nosa triste realidade de sistema literario de provincias subdesenvolvido e autocomplaciente na sua màis vasta miseria cultural... Perdoàdeme a ortografia; cousas do teclado extranxeiro.
Comentario de Javier Patino Loira hace 2 años y 33 meses