¿OS AUTORES EN GALEGO SOMOS ESCRITORES MENORES?
Ese pensamento, por desgraza, é moi común entre os galeg@s de hoxe en día. Para moitos dos meus compatriotas, a nosa actitude de tentar facer unha Literatura en serio para a posteridade, e para a historia, e para o futuro, é dicir, o feito de escribir de verdade e con pretensións artísticas e de facelo, ademais, en galego, non é máis cá unha excentricidade dos que non temos verdadeiro talento. "Se o tiveses", pensan, "escribirías en español".
Tristísimo.
Referencias
-
[...] á polémica de onte, Galicia é O Páis Máis Culto do Mundo.
Estou orgulloso.
Comentarios (0) - Referencias (0)
Referencias
Dirección para referencias
Comentarios
Nombre
Correo Electró [...]
Referencia de A CANCIÓN DO NÁUFRAGO hace 2 años y 35 meses
Comentarios
-
É peor o que pensan outros, que escribides en galego para cobrar subvencións.
Comentario de Maís Alá hace 2 años y 35 meses
-
Ante comentarios coma ese que ti dis eu aplico a máxima do Sr Ibrahim " Sorrir é o que nos fai feliz".
Comentario de gustavo peaguda hace 2 años y 35 meses
-
¿Subvencións?
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 35 meses
-
Non é cousa miña, e o que di Juan José R. Calaza en La Voz o día vintesete de Setembro.
“Hoy en día se paga un peaje cultural a los malos escritores que escriben en gallego..” ou “...lo más interesante que se ha escrito en gallego ha sido el doblaje de las series infantiles para TVG.” Son algunhas das alfaias de este cabaleiro.
Comentario de Maís Alá hace 2 años y 35 meses
-
O pensamento comum dos galeg@s vem de fora da Galiza e do nosso âmbito cultural. E a maioria do que se faz desde aqui vai com mentalidade da M-30.
Comentario de jlombardeiro hace 2 años y 35 meses
-
Os menores xon xente coma o tal Calaza que xunta letras na Voz- ver seu artigo do 27/9 - e quen lle permite publicar semellantes cousas sobre a lingua a a dos meus avós.
Comentario de folerpa hace 2 años y 35 meses
-
Tampouco hai que darlle moitas voltas ao que pensan algúns prexuiciosos... normalmente pouco informados.
Ainda que o do tal Calaza ¡puajjjjj!, a verdade é que sería feliz se seguira sen saber que hai xente así...
Unha aperta solidaria a tódolos escritores que escollen a lingua que lles peta para escribir.
Comentario de Hai Cada hace 2 años y 35 meses
-
Non entendo moi ben que quere dicir jlombandeiro cado fala de ambito cultural.so temos que ler os escritores portugueses e brasileiros e demais paises lusofonos e non os austriacos, ou estonios, ou polacos, ou catalans ou vascos, ou españois?.
A min eso de ambito cultural soame un pouco limitador da personalidade.Igual que creo que España é unha nación de nacions, os individuos temos unha identidade rizomatica. Son eu 100% galego. U-lo galego 100 %?. Outra cousa é pensar termos politicos onde quero que as miñas institucions teñan o mais amplo poder.
Ainda que o mellor esta reflexion non ten moito sentido porque jlombardeiro quixo ddicir outra cousa. Desculpas!.Comentario de gustavo peaguda hace 2 años y 35 meses
-
Dicia miña avoa que non ofende quen quere senón quen pode. Ou sexa, nin caso a esa xente que seguramente son os mesmos que pensan que quen non ten tv na casa é porque non pode mercala. A sua intelixencia non lle da para máis. Pobriños.
Comentario de derrota hace 2 años y 35 meses
-
Aproveitando a tu ventá aberta, gostaríame que os teus lectores e ti, Francisco, tamen opinaran sobre duas cuestions que a min parecenme mais atractivas que os temas que levamos discutiendo toda a vida dos que xa empeza a cansar ter que afirmar unha e outra vez o obvio:
1.¿Por qué na literatura galega hai tan pouca tradición de diarios e memorias literarias?. Non serían apetecibles as memorias ou diarios de Blanco Amor nos que non contara os seus padecementos debidos a súa condicion de homosexual e que nos contara as reaccions dos demais intelectuais galegos. Hoxe en día alguns atrevense con plena liberdade e sen autocensura nos blogs a contar o que realmente pensan sobre outros escritores.
2.¿ Porque na literatura galega hai tan poucos escritores que puxeran fin os seus días suicidandose?. O mellor digo unha parvada pero non falta na época do rexurdimento ou incluso no periodo de entreguerras mundiais un autor que se suicidara o estilo dos portugueses na cidade de Paris, ou o estilo Nerval nunca farola de Compostela, ou o estilo Essenin nun hotel da cidade da Coruña, ou o estilo Joseph Roth ou de Celan chimpandose o Miño Se alguen se sente mal por esta idea pidolle diculpas pero un ten unha pequena tendencia hacia mitomanía literaria.
Comentario de gustavo peaguda hace 2 años y 35 meses
-
Gustavo, básicamente o que quero dizer é que devemos (poder às vezes é mais dificil -por não serem tão acessiveis) ler a Walser, a Roth, a Carver, a London, nas edições existentes em galego-português.
Comentario de jlombardeiro hace 2 años y 35 meses
-
Interesantísima a polémica.
A ver: probablemente, como se desprende do que propón Gustavo, un dos síntomas da nosa anormalidade como sistema literario é a ausencia deses materiais ( memorias, diarios, etc... ). Probablemente, os blogs están equilbrando esa eiva, e facendo visible algo que debería existir en forma de libros.
E ao respecto do suicidio, aquí case que vou aledarme de que non teñamos especímenes suicidas a partires dos que poder construírmos unha mitoloxía...Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 35 meses
-
Ou quizais o facto de um escritor@ da Galiza escolher o nosso idioma para a sua obra é já uma aquelada forma de suicidio no professional.
Comentario de jlombardeiro hace 2 años y 35 meses
-
Pois aínda que o digas con retranca... Dalgunha maneira si que o é. Hai escritores ( mediocres ) en castelán que viven máis que ben dos dereitos de autor. E hai escritores ( grandes ) en galego, que non poden deixar os seus traballos porque é imposible, nun mercado tan limitado ( e tan eivado ) coma o galego, chegar a vender unha cantidade tal de libros que os dereitos de autor signifiquen algo máis cá unha esmola que nos vai caendo de cando en vez.
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 35 meses
-
Perdoe a miña ignorancia: ¿cántos libros se necesitan vender para gañar, poñamos, cinco millóns de pesetas ó ano?
Comentario de Fidel hace 2 años y 35 meses
-
Exemplo práctico en Galiza:
Prezo dun libro: 10 euros
Dereitos do autor: O 10%= 1 euro
Tiraxe dunha edición: 1.500
Se o autor esgota a primeira edición (que xa é vender), leva 1.500 euros, é dicir, 250.000 pelas.
Para chegar aos 5 kilos haberá que vender...
(1.500+1.500+1.500+1.500) x 5= 300.000 libros
TOTAL: PARA QUE UN ESCRITOR GALEGO SAQUE 5 MILLÓNS NUN ANO, TERÍA QUE ESGOTAR 20 EDICIÓNS DE 1.500 EXEMPLARES.
Comentario de Dr. Karisma hace 2 años y 35 meses
-
Agradezo sinceramente ao Dr. Karisma que me aforrase o traballo matemático. Pero é así.
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 35 meses
-
¡Pasácheste! Pola túa regla de tres, se un libro é un euro en dereitos de autor, os cinco millóns son 30.000, que tampouco son poucos.
Grazas pola aclaración.Comentario de Fidel hace 2 años y 35 meses
-
¡Pasácheste! Pola túa regla de tres, se un libro é un euro en dereitos de autor, os cinco millóns son 30.000, que tampouco son poucos.
Grazas pola aclaración.Comentario de Fidel hace 2 años y 35 meses
-
Sempre hai que meter o dedo na chaga. Acaso no panorama litecastelán non hai bazofias como a do libro que comentaba Fco. sobre a Maruja Liberá. En ámbolos dous sistemas hai cousas moi boas e moi malas. É o demais son prexuízos cos que debemos loitar. Viva a nosa excelente (calidade e cantidade) produción literaria.
Comentario de agulleira hace 2 años y 35 meses
-
Propoño unha idea para os auotres galegos.Deben copiar o sisttema das persoas as que esta seman tocoulle quiniela. Deben buscar inversionista e despois repartese o premio. O presidente da Aelg debe ir cada maña porta por porta vendendo o producto. Viva a imaxinacion!. Necesitaos un baron haussman, prefecto do sena que abriu os grande bulevares de Paris e que tan oidado foi por Hugo, Zola e pola flaneur Benjamin, que desfaga a realidade na que viven os autores galeos,
Comentario de gustavo peaguda hace 2 años y 35 meses
-
Perdoade polos erros do anterior mensaxe, son a presas e ademais un no da conseguido atopar o secreto da felicidade," a lentitude ese é o secreto da felicidade"
Comentario de gustavo peaguda hace 2 años y 35 meses
-
O que hai é un mercado menor. Un número de lectores menor. Hai unha estructura de vendas e marketing menor. Menor número de espacios mediaticos en galego (nengunha revista en galego vende mais de 10000 exemplares, non hai suplementos literarios,etc). O que hai é unha media de calidade normal pero que dado o pequeno mercado no que os escritores teñen que vivir, parece que os superviventes son grandes figuras.
Comentario de raimundo vazquez hace 2 años y 35 meses