¿LA COLMENA MELLOR NOVELA EN ESPAÑOL DO XX?
Francisco Castro - 28-09-2005 14:11:04 | Categoria: Todos os meus artigos
A Fundación Cela informa de que La Colmena foi considerada pola revista Leer a mellor novela en español do século XX.Para empezar, coido que Mazurca para dos muertos é a mellor obra de Cela ( un escritor, por outra banda, que non me chista nada ). Pero, con diferenza, a mellor novela do século XX en castelán ( e unha das mellores de todos os tempos ) é, sen lugar a dúbidas, La Saga/Fuga de JB, de Gonzalo Torrente Ballester.
¿Non é?
Comentarios - Referencias (1)
Referencias
-
[...] Camilo José Cela. Ou Jacinto Benavente ( ¿coñecedes a alguén - vivo - que lese algo dese señor premio Nobel? ).
Agora, os do premio anuncian que este ano pode abrirse o galardón a xornalistas literarios coma Kapuscinski. Sen quitarlle méri [...]
Referencia de A CANCIÓN DO NÁUFRAGO hace 2 años y 31 meses
Comentarios
-
Concordamos novamente Náufrago. O da saga/Fuga de JB é incuestionábel, é o único libro da miña biblioteca que decidin mancar coa adicatoria do seu autor, personaxe que por certo non me chista demasiado.
Comentario de folerpa hace 2 años y 32 meses
-
Estamos no de semper. Bios e Biblos. Un personaxe pode ser dubidoso e, á súa obra, sublime. O cualificativo que empregas, incuestonábel, é, así, incuestionábel.
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 32 meses
-
Pois eu vouno cuestionar. Penso, cos críticos e opinantes encuestados pola revista Leer, que a mellor é La Colmena, aínda que a obra de Torrente é extraordinaria. Tampouco estaría mal, na miña opinión, Tiempo de Silencio, todo que vai en gustos.
Comentario de Pedro hace 2 años y 32 meses
-
Esa tamén é boa Pedro, para min mellor que La Colmena, sobre todo por aquilo de que Madrid non tivera Catedral.
Comentario de folerpa hace 2 años y 32 meses
-
Non a tivera, daquela...
Comentario de Pedro hace 2 años y 32 meses
-
E para o mamotreto que fixeron, mellor deixalo así...
Comentario de folerpa hace 2 años y 32 meses
-
Pois a min gústanme ámbolos dous escritores. De Torrente, e con creces, destacaría a súa delirante novela Don Juan - unha das mellores novelas que pariu o século pasado -, moi esquecida polos críticos e lectores. Torrente sempre se queixou de que puxera toda a carne na grella, pero os comensais deixarona turrar. Recomendoa, non ten desperdicio. De Cela, as anteriores. Ambas as dúas me agradaron. Pero gardo moito cariño por Pabellón de reposo, unha noveliña coa que disfruta calquer aprendiz de escritor. Bocata di cardenali, polo menos eu atopei páxinas felices.
Tiempo de silencio: unha alfaia.Comentario de Rafael hace 2 años y 32 meses
-
En galego non existe a palabra disfrutar. Colocar no recanto "gozar" - ui, esta linguiña galega que picarona...
Comentario de Rafael hace 2 años y 32 meses
-
Eu lin Pabellón de Reposo, precisamente, cando empezaba a ler máis en serio, aló pola afastada adolescencia. Si, é probable que se aprenda con esa novela. Ou con "Mrs Caldwell habla con su hijo". Pero, insisto, non me chista.
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 32 meses
-
Eu creo que Torrrente é moito mellor novelista ca Cela. Se cadra Cela é mellor prosista, pero o seu talento redúcese a xogos florais de estilo: Oficio de Tinieblas, La Colmena, Mazurca (coincido que a mellor). En cambio Torrente é o novelista español máis completo, con permiso de Baroja.
Comentario de xulio hace 2 años y 32 meses
-
E, xa ves ti, sendo moito mellor, déronlle o Nobel ao outro...
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 32 meses
-
A mín Don Juan deixóume un pouco frío. Sei que era a favorita de Torrente, pero son cousas que pasan, algúns escritores rematan por odiar as súas obras mais coñecidas, porque oscurecen as outras. Penso que a Saga/Fuga é, con moito a súa mellor obra. E no que respecta a Cela, que lles vou dicir. A mais das ditas, La Familia de Pascual Duarte é fundamental. E aínda que non sexa unha novela, Viaje a la Alcarria é unha obra de primeira magnitude. Penso que é moito mais que estilo. Nas súas obras pode cheirarse o ambiente. En La Colmena úlese a ranciedade da posguerra, das pensións cutres, da sopa de sobras, da miseria moral. Pero en fín, vai en gustos...
Comentario de Pedro hace 2 años y 32 meses
-
Creo que tamen na lista das mellores novelas tense que incluir a tetralogia Antigona de Luis Goytisolo. A quen o mellor a fama do seu irman non nos deixa ver a sua obra.
Recomendacion : Todo o ferro da Torre Eifell , Michele Mari (seix Barral, 2005). Para os mitomanos coma min da cultura centroeuropea.Comentario de gustavo peaguda hace 2 años y 32 meses
-
Non debemos esquecer a outro compatriota, Julian Rios que con obras como Larva ou Pounddemonium esta considerado como un dos escritores posmodernistas màais reputados de occidente.
Comentario de Xurxo Alvarez hace 2 años y 31 meses