Y GELLY
Francisco Castro - 27-09-2005 13:42:07 | Categoria: Todos os meus artigos
Leo en A Nosa Terra, unha repotaxe sobre A Aldea dos Libros asinada por Manuel Xestoso.Chámase Y Gelly, e está en Gales.
Ten 1300 habitantes e corenta librerías.
O paraíso.
Eu traballei épocas en Cardiff, capital do País de Gales, e parte do meu tempo de lecer pasábao nas librerías. Cheas. Fermosas. Coidadas. Plenas. Parecíanme incribles aqueles locais para tan pouca xente como había.
O paraíso.
Eu vivo nun país onde hai varios bares por habitante, onde tes lugares onde tunear o coche pero non podes ler, con edificios aos que lles medran, coma árbores cibernéticas, antenas repetidores para móbiles.
¿Vivo eu no paraíso?
( E o xogo segue crecendo. Escribide... escribide... )
Comentarios - Referencias (0)
Referencias
Comentarios
-
Tamén vivimos nun páis inzado de clubes e bares de carretera cheos de mulleres obrigadas a vender o seu corpo por unha pasaxe ao paríaso. ( As crifras que daba onte un xornal sobre este tema eran abraiantes)
Comentario de folerpa hace 2 años y 32 meses
-
O pioneiro foi Hay-on-Wye e o exemplo foi imitado en máis sitios. É unha experiencia realmente fermosa. Aquí hai máis información:
http://www.booktown.net/
Podería ser Mondoñedo o noso booktown? (Por poñer un exemplo)Comentario de Xesús Fraga hace 2 años y 32 meses
-
Eu que son da lexion dos flaneur, gostame máis atopar un lugar.A min esto da booktown soame un pouco a escenario dunha obra de teatro. Un portaventura do libro ou Terra mitica. Unha das mellores sensacions é andar por unha cidade e descubrir unha pequena ou grande libreria de vello. Por exemplo seguro que moi poucos turistas van A Follas Vellas en Santiago, pero aquel amante dos libros seguro que aparte de ir visitar a Catedral deixase caer pola libreria de vello.
Comentario de gustavo peaguda hace 2 años y 32 meses
-
Súmome á idea de Xesús Fraga. Estaría moi ben buscar un lugar como Mondoñedo. Agora que estamos de aniversario de Merlín, mellor ca nunca.
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 32 meses
-
Creo que é unha boa idea. De feito, hai un ano publiquei unha reportaxe sobre o tema e pensei que alguén podería aplicar a idea por aquí. Porque ao mellor a Santiago iniciativas así sóbranlle, pero a Mondoñedo non lle viría nada mal un pequeno pulo. E a outras vilas do interior. Os responsables dun booktown escocés explicáronme que cada vez recibían máis visitantes. Outra cuestión interesante é ver como organizan os festivais literarios: a xente viaxa quilómetros e paga unha entrada por ver falar a Julian Barnes, poñamos por caso. A min tamén me gusta descubrir pola miña conta, pero ambas as dúas cousas poden convivir e podería ser beneficioso. Déixovos a ligazón á reportaxe dos booktowns por se é do voso interese. Saúdos.
http://www.lavozdegalicia.es/buscavoz/ver_resultad...Comentario de Xesús Fraga hace 2 años y 32 meses
-
Estupenda a reportaxe de Xesús Fraga. E insisto en que habería que profundar en ideas así. Sempre falamos do mesmo: que hai que axudar a construír a industria do libro. Esta, por exemplo, sería unha contribución máis.
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 32 meses
-
Lémbrome dun ripio dun bo amigo xa defunto:
La Cañiza (poderíase poñer calquer vila galega), tierra bizarra y bravía, veintisiete mil tabernas, ni una sola librería.Comentario de leo hace 2 años y 32 meses
-
Si, Mondoñedo sera a nosa booktown.
Comentario de elena hace 2 años y 28 meses
-
Pois, como xa dixen, súmome a esa idea. Gloria a Mondoñedo!
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 28 meses