OBABA
Francisco Castro - 26-09-2005 14:38:58 | Categoria: Todos os meus artigos
Fun a fin de semana a ver Obaba, a nova película de Montxo Armendáriz, baseada no libro Obabakoak de Bernardo Atxaga,Mala.
Malísima.
Houbo xente que saíu do cine antes do final. Eu aguantei porque dáme cousa marchar por algo que paguei. Cando menos estaba quentiño alí sentado. Houbo quen durmiu. Eu, case.
Fun vela porque cando saíu o libro de Bernardo Atxaga fiquei con cara de parvo porque non me gustou nadiña. Como sabedes tivo mil premios. E a min pareceume do montón para abaixo. Non entendía as criticas que falaban da calidade do libro. Non compartín aquel entusiasmo.
Tenteino, hai pouco, con outro libro de Atxaga, O Fillo do Acordeonista que sacou Xerais nunha magnífica traducción de Ramón Nicolás. E non fun capaz de pasar do segundo capítulo. ¿Será un problema meu?
Por unha vez a película está ao nivel do libro. Igual de pesada. Non tiredes os cartiños en ir a vela.
( E o xogo literario segue medrando. Aínda podedes participar... )
Comentarios - Referencias (0)
Referencias
Comentarios
-
E como sabes que é un ha magnífica traducción se non pasaches do segundo capítulo? Non lin nada de Atxaga. Teu, si: Xeración Perdida. Moláronme algunhas reflexións que fas.
Apertas.Comentario de Spidi hace 2 años y 32 meses
-
Boa pregunta. Coñezo a versión castelá que preparou o propio Atxaga. Daquela, podo facerme unha idea de se a traducción está ben ou non... Gracias polo que dis de Xeración Perdida. Entre outras cousas, o libro quería mover á reflexión sobre algunhas cousas.
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 32 meses
-
A min Atxaga tamén me supera, a pesares de que o seu grupo editorial o queira vender un día si e outro tamén coma o gran totem cultaral de euskadi.
Vai afíando os dentes para a túa críticaComentario de folerpa hace 2 años y 32 meses
-
Eu fun ver a pelicula de Aranoa, Princesas.Gustoume, máis sen dubida, sin a música de Manu Chao perderia moito.
Comentario de derrota hace 2 años y 32 meses
-
En fin, nun lin nada dese home, pero Armendariz tampouco é Orson Welles. Ten unha película cun neno desas que fan chorar, e os críticos falaban moito da mirada do neno e a verdade e que sendo dun tema similar, ( e dicir película cun neno e todo iso) o rapaz da "Lingua das volvoretas", dáballe mil voltas a o de Armendariz. Pero como non gustame opinar sen ver as cousas, xa che contarei cando vexa a película.
A túa taxista particular.Comentario de tu compañera de patio hace 2 años y 32 meses
-
a
Comentario de xulio hace 2 años y 32 meses
-
Coincido contigo no comentario sobre Obabakoak (o libro). A min tamén me pareceu frouxo. Nunca entendín que o enxalzasen tanto. A película non a vin. "O fillo do acordeonista" pareceume, en cambio, extraordinaria. O peor do libro é a tradución ao galego, con moito. A versión en éuscaro lin que é bastante distinta da versión en castelán que fixo o propio autor. Na versión castelán, ao parecer, fixo modificacións substanciais do orixinal. A tradución galega está feita desde a castelán. A miúdo nótanse na versión galega os xiros propios do castelán. Creo que toda tradución debe facerse desde o idioma orixinal.
Comentario de xulio hace 2 años y 32 meses
-
Atxaga é especialista en facer amigos. Aínda me lembro do que disque pasou cun fulano que lle fixo unha mala crítica, creo que a ese mesmo libro.
Comentario de brautigan hace 2 años y 32 meses
-
Esta claro que hai quen non opina o mesmo ca ti.
Comentario de Máis alá hace 2 años y 32 meses
-
Perdón, quixen por un vinculo. O dicía polo Oscar
Comentario de Máis alá hace 2 años y 32 meses