YOLANDA MERCURIA
Ademais de ser unha magnífica poeta, Yolanda Castaño é unha militante da cultura. E tela na televisión é un luxo completo.
Daquela, aproveito para seguir coa miña particular campaña: ¡programa de libros na TVG xa!
( E o noso xogo literario está máis interesante cá nunca. Seguide enviando os vosos relatos )
Referencias
Comentarios
-
Necesito o teu correo para comentarche unha cousa. Envíamo, por favor, a ucasiarrobatelefonicapuntonet. Por aquí non o atopo.
Comentario de peke hace 2 años y 32 meses
-
Vigo. Ano 2001. Centro Cultural Caixanova. Num colóquio sobre a situação da língua galega de que a senhora Castaño formava parte, um dos assistentes, depois duma intervenção da poeta declarando que para ela não existia problema de nenhum tipo coa língua galega, pregunta-lhe a Yolanda Castaño (a mais nova dos ponentes): "Você, por exemplo em que língua fala com as suas amigas e amigos, com a sua família? Se você for pola rua e atopasse com uma amiga, em que língua falaria?" Resposta da poeta: "Em castelhano, por supuesto. Pero é que eu vivo na Corunha." Se isso é o que entendermos por militância na cultura galega...
Comentario de Al & Cia hace 2 años y 31 meses
-
Se non recordo mal, eu era o moderador daquel debate. E, ademais de Yolanda Castaño, participaba Gonzalo Navaza. ¿Falamos do mesmo acto? Coido que si, mais eu, que quere que lle diga, eu non recordo que Yolanda Castaño dixese tal cousa...
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 31 meses
-
Efectivamente (e graciñas, amigo Fran) non dixen tal cousa.
E aproveito para agradecer o bo trato que adoito recibir neste blog. É un auténtico gustazo.
Un bico moi forte dunha admiradora!Comentario de Yolanda Castaño hace 2 años y 31 meses
-
Outro bico grande para ti.
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 31 meses
-
Bom, não é a minha intenção criar susceptibilidades, mas o certo é que sim, foi esse acto e, sim, disse. Eu recordo perfectamente acto e anecdota por factores diversos:
1. Yolanda chegou tarde esse dia (mui tarde, de facto: o início do colóquio atrasou-se um pouco, mas o atraso da ponente ausente era tal que Navaza comezou sem ela) por algo relacionado com o seu carro, lembram? Acho estranho que nenhum dos dous lembre o Yolanda dizer isso porque o caso é que depois dessa pergunta o colóquio cambiou totalmente de rumo e a brilhante intervenção de Navaza (com a sua habitual e medida profusão de dados) ficou num segundo plano.
2. Talvez lhes ajude a lembrar melhor o acto eu acrescentar que a pessoa que fez a pergunta foi um senhorinho com um problema físico muito vissível, avondo conhecido de quem por então (agora não sei, há anos que não moro em Vigo) frequentava o centro de Vigo, que, aliás, se indignou um bo bocado com a resposta. A seguir ele perguntou, em termos não muito amáveis, por quê você escrevia em galego? Recordo também a resposta a essa pergunta, por se também não lembrassem.
3. E talvez este seja o factor principal polo que eu lembro perfeitamente a intervenção de Yolanda Castaño nesse colóquio: na altura eu não tinha a menor ideia de quem ela era, aquelas palavras foram literalmente a primeira impressão que eu tive dela quer como pessoa, quer como poeta...
Comentario de Al & Cia hace 2 años y 31 meses
-
Eh, parece que este fío quedou bloqueado. Algús agardamos con impaciencia, con angustia, con temor, si, mesmo con emoción, que se dirima este asunto. Hai algún dato máis?
Comentario de casablanca hace 2 años y 30 meses
-
Eu, que non asistín ó acto en cuestión, pero son da Coruña e teño coincidido con Yolanda en varias ocasións (mediando nocturnidade), podo afirmar que, con independencia do que dixera daquela, cando ésta fala oralmente pola boca coas súas amigas e cos trosmas coma min faino en castelán.
Comentario de Víctor hace 2 años y 30 meses
-
Hola Francisco! Descubrin fai moi pouco o teu blog, pero tesme enganchado. Gostariame preguntarte cando emiten Mercuria, porque non son capaz de localizalo... Igual é que son moi torpe, pero non será por non intentalo...non consigo enterarme nin o día nin a hora á que o botan...e na páxina web da 2, nin o mencionan.
Agradeceriache se me poideses botar unha man.
E xa de paso que ando por aquí, ainda que esta polemica xa parece estar pechada... aproveito para defender a ultranza a nosa amiga Yolanda. Cadaquén é libre de falar no idioma que lle pete... fale ou non en galego (que sí que o fai) xa bastante fixo e fai pola nosa lingua e pola nosa cultura para estar xulgándo cada un dos seus movementos. Non me parece xusto...
Dende aquí un saudo de un dos seus alumnos... Biquiños Yolanda, e saudos para ti Fran!Comentario de Alex hace 2 años y 27 meses
-
Alex, grazas polas túas palabras, tan amables. Supoño que en calquera xornal virá o dato. Eu agora non o lembro. Ao respecto do que dis, concordo totalmente contigo. Non sei a que vén meter caña desta maneira a alguén que, cando menos, para min, está fóra de toda dúbida.
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 27 meses
-
Graciñas a ti Fran. Ainda que so sexa por "defender" a alguén que non necesita defensa algunha, coma e Yolanda xa me tes moitísimo mérito! Non entendo nin nunca chegarei a entender a todos aqueles (e aquelas, que tamén as hai) empeñados en desacreditar e meterse cunha persoa que aparte de ser moi boa xente non ten nada que amosar xa.
Se aqueles que falan, inventan e calumnian aproveitasen ese tempo en facer un 1% do que leva feito Yolanda, mellor lles iria...
Non sei que lles dan, pero a maioria da xente que fala dela non parece aturar que unha persoa xove, e de Galicia poda ter éxito e recoñecemento, non só aquí na nosa terra, senon a nivel internacional. Se tal vez fose de Londes e se chamara Yolanda Smith, igual outro galo cantaría...
Pero bueno, xa sabemos que a ENVEXA non é boa compañeira, e os que temos a sorte de coñecela non nos deixamos levar polas mentiras e calumnias...
Saudos Fran, e se les isto, biquiños para ti Yolanda!
Comentario de Alex hace 2 años y 27 meses
-
Concordo contigo, Alex. Yolanda non necesita defensa ningunha. Ademais: unha escritora ou un escritor deféndense coas súas obras, e os poemarios de Yolanda están aí. E están moi ben. Apertas, Álex.
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 27 meses
-
E por que defender a alguén (mediando ataque a terceiros) que non precisa defensa?
Por que se ofende alguén (e adláteres) porque se lle recorde algo de que non considera que deba avergoñarse?
Canto ao da calidade dos poemarios da implicada... É cousa de gustos literarios e penso que non entraran na polémica antes, non? Penso que se falaba doutro tema...
Canto ás faltas á verdade... eu tamén estiven no acto que se menciona e recordo a anécdota...Comentario de Eu hace 2 años y 26 meses
-
Se queremos falar da calidade literaria da personaxe tamén podemos centrarnos nos seus artigos do galicia-hoxe.com, onde, por outra banda, queda patente o máis que discutíbel dominio do galego (e da capacidade narrativa), ao meu entender...
Comentario de Eu hace 2 años y 26 meses
-
Por suposto, todo é opinable nesta vida. Insisto no que dixen: eu moderei aquel acto, e non recordo tal cousa. E Yolanda Castaño é unha magnífica poeta.
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 26 meses
-
Ben, como vexo que se estendeu esta micro-polémica, dou en intervir: o que trataba de expresar naquel acto que moderaba Francisco Castro (non sei se con aqueles aniños que eu tiña me expliquei ben, era das miñas primeiras mesas redondas) é -no fondo- o mesmo que podería opinar agora: eu recoñézome fondamente DIGLÓSICA, ou sexa: con moitos dos meus amigos/as como por ex. os da Coruña (onde a maioría da xente da miña idade efectivamente fala castelán) e da xente coa que saio pola noite, que falan en castelán, eu falo en castelán. Agora, sempre que me dirxo a alguén xa sexa no mundo da administración, no médico ou nunha boutique de alta costura, sempre o fago e o farei en galego. Iso é o que hai, independentemente de que guste ou non. Eu falo algo de castelán (como dicía o outro) na "intimidade", aínda que non penso que eu teña que render contas a ninguén a respecto do idioma que emprego nos meus usos domésticos ou privados (si, un pouco máis, nas mñas actuacións públicas e profesionais, que en nigún caso na miña vida se fixeron en castelán). En todo caso si recoñezo non ser demasiado fanática co idioma (e nese sentido tampouco vamos poder discutir, porque teño as miñas ideas moi claras) aínda que durante os 12 anos de pequena carreiriña que levo con algo de proxección pública, a miña actitude ten sido coherente todo o tempo, e creme que digamos que teño dito bastantes nons e renunciado a cousas interesantes dabondo (caro, esto non se valora nunca, porque tampouco se sabe, nin falta que fai). Por certo, supoño que es consciente de que con opinións coma esta vos cargades un pouco a figuras como por exemplo unha tal Rosalía de Castro, que por suposto falaba coa súa familia (cousa á que nin sequera eu chego) en castelán a pesar de escribir unha bastante interesante obra en galego.
O dos artigos do Galicia Hoxe podo aceptar que non gusten e mesmo paréceme ben, agora, o do uso galego resúltame curioso porque hai un lingüista especializado que os corrixe, pero se queres falamos con alguén.
E o de defender o que non precisa defensa... as dúbidas e as suspicacias, despóis de tanto traballo e esforzo, ás veces, á xente que temos o noso corazonciño, oféndennos un pouco. Unha cousa é opinar se gusta o que fago ou non gusta, que está moi ben, pero hai cousas que se saen moito (e cun criterio un pouco sospeitoso) daí.
En todo caso, coma sempre, graciñas por gastardes tantos minutos do voso precioso tempo pensando nunha pouca cousiña coma min. É unha honra inmerecida que igualmente se agradece.
Un bico para todos!Comentario de Yolanda Castaño hace 2 años y 25 meses
-
Esta é unha micro-polémica absurda. Insisto. Non tes por que dar explicacións. Coñezo a Yolanda Castaño desde hai moítísimos anos. É unha traballadora infatigable a prol da cultura e da lingua galegas. A súa figura pública, por empregar as súas mesmas palabras, é absolutamente intachable a ese respecto, e ten feito moito máis pola cultura, a lingua e a literatura galegas que moitas campañas da Xunta e que moitos "paladíns" do talibanismo lingüístico. Sospeito que, con moita inxustiza, critícaselle ás veces por cousas que nada, absolutamente nada, teñen que ver coa literatura ou co seu traballo. Podemos botar anos discutindo se aquilo pasou ou non. Pero eu, a día de hoxe, non estou senil (que eu saiba ) e recordo con precisión aquel acto. Sinceramente, coido que as críticas son inxustas. Moito.
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 25 meses
-
Agradézoche o comentario que fixeches sobre min en Cabaret Voltaire de Jaureguízar con relación ó segundo premio no Anxel Fole, e de paso aproveito para te felicitar polo premio Modesto Rodríguez Figueiredo. Noraboa e grazas.
Comentario de Francisco Rozados "Rochi" hace 2 años y 25 meses
-
Nada que agradecer. Foi de corazón. Grazas pola felicitación.
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 25 meses