TERRITORIO DA DESAPARICIÓN
Francisco Castro - 21-09-2005 10:22:43 | Categoria: Todos os meus artigos
O libro de poemas Territorio da Desaparición de Miguel Anxo Fernán-Vello ( Galaxia ), recibiu o premio da Asociación de Escritores en Lingua Galega ao mellor libro do ano. Máis que merecido.Xa gabei neste blog ese libro. Poesía contundente, e lúcida. Boa explicación do que é vivir nas cidades, da dor de residir ás veces no medio da néboa urbana. Amei ese libro desde que saíu. Benzóns para Miguel Anxo.
( E non vos esquezades de seguir participando no noso xogo literario. Estou marabillado cos vosos relatos ).
Comentarios - Referencias (0)
Referencias
Comentarios
-
Nestes momentos acabei de escribir unha pequena reflexion sobre un comentario de Fernan Vello en relacion a poesia. O mellor o que dicia, linno no xornal, é parcial e a miña pequena reflexion non ten sentido pero aun asi vouna compartir para que sexa obxeto de debate xa que eu teño poucas ou case ningunha certeza. quen sabe a verdade? dicia o poeta
Por outro lado, que suliñar que acaba de ocorrer o que eu denomino miragres literarios. eu acabei de escribir a reflexion e conecteime a rede e teño a oportunidade de comunicar o meu pensamento.
Noutro momento contarei como a traves da literatura e da rede conecteime con Anton castro, o mariñeiro de aragon, o shandy Vila Matas, e jose agostinho Baptista, o poeta de madeira.
TEXTO
O outro día lin que Fernan Vello distinguía entre unha poesía publica e una poesia intima. Falaba se entendin ben que a primeira debia predominar sobre a segunda. Para min non hai distinción entre unha e outra porque a intimidade vai incluido dentro do publico porque os homes so podemos ver os fenómenos e non os noumenos. Fenómeno é aquelo vemos según as nosas facultades e a nosa forma de ver as cousas. Ë decir que a nosa percepción do mundo é intima ( do interior noso). En consecuencia a poesia publica e unha poesia intima. Porque coma dicia Gombrowicz “un pobre escritor que se crea dono da realidad é unha ridiculez”Comentario de gustavo peaguda hace 2 años y 32 meses
-
Imaxino que a distinción pode facerse desde un punto de vista teórico e práctico, pero no fondo, todo é a manifestación dunha mesma conciencia poética. O exemplo máis claro, para min, Celso Emilio Ferreiro.
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 32 meses
-
A fernan vello a parte de lelo hai que escoitalo. ainda recordo a emocion estetica que tivemos aqui en ourense cando fai unhos anos fixo un recital e contounos a razon porque habia chegado tarde. A sua exposicion foi un feito poetico. o feito fora que unha arbore saira voando na estrada de ourense a compostela.
Comentario de gustavo peaguda hace 2 años y 32 meses
-
Cando Miguel Anxo presentou o meu "Río Leteo" en Vigo ( el é tamén o editor ), decidiu ler un dos contos máis breves do libro. Escoitándoo na súa voz pensei: carafio, este conto meu está bastante ben...
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 32 meses