Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A CANCIÓN DO NÁUFRAGO

Blog do escritor Francisco Castro

FINOU ROSAURA

Onte morreu Rosaura López. Para moitos, só a asistenta galega durante seis anos de John Lennon.
Ao primeiro, para min, tamén era só iso. Tiven a honra inmensa de presentar o seu libro "En casa de John Lennon" (Hércules Edicións ) o pasado mes de Maio. Sería a derradeira. A súa gran ilusión era presentalo agora en Nova York, abeirada por Yoko Ono.
O día en que a coñecín ( algo nervioso: é o que ten a mitomanía ) atopei unha muller agarimosa, sinxela, chea de tenrura e sabedoría. Ela coñecía a Lennon na intimidade. E contounos un cento de cousas. Aprendeulle a facer empanada ( ela era panadeira ). E Lennon tocoulle na cociña moitas das cancións que despois gravaría no seu derradeiro traballo "Double Fantasy".
Pasamos o día rindo e, desde o primeiro instante sentinme afortunado de tela coñecido. Fun a presentar aquel libro só levado polo meu gusto aos Beatles. Aos cinco minutos, nin os Beatles nin John Lennon me importaban tanto como Rosaura López, finada onte en Pontevedra. Xa a estrañamos.

Referencias

Dirección para referencias

Comentarios

  1. Vi há uns meses uma reportagem sobre ela na TV. Com efeito, parecia uma mulher com a que se poderia falar e falar durante horas; muito longe, nada a ver, com esses empregados que escrevem livros, repletos de pormenores cotilhas, sobre os seus antigos chefes. Foi a inúmera emigração galega para todo o mundo a que provocou casos como o de Rosaura. Galegos e galegas a trabalhar para personagens conhecidos (no caso de JL, genios). Sem ir muito longe, uma minha tia foi a asistenta de James Mason –o actor de Lolita- os 14 últimos anos da vida dele. Quando neno, chegavam à minha casa, em Teis, postais e cartas de todo o mundo, desde a Nova Zelandia e China até o México. Acabei por colecionar selos.

    Comentario de jlombardeiro hace 2 años y 32 meses

  2. Levas razón en todo. Era unha muller sinxela. Contábame que certo programa rosa dunha canle nacional ofreceulle acodir ao programa pero "para falar mal dos melenudos e das drogas que había naquela casa". Mandouno a ese sitio.

    Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 32 meses


Recordar datos


A CANCIÓN DO NÁUFRAGO © Todos os dereitos reservados ao autor
Sindica este sitio usando: RSS 1.0, RSS 2.0, Atom.
Esta bitácora mantense con Bitacoræ.