UN CONTO MEU E OS CONTOS DOS DEMAIS
Francisco Castro - 19-09-2005 14:17:46 | Categoria: Todos os meus artigos
Veño de colgar un conto na Biblioteca Virtual Galega (buscade en http://www.bvg.udc.es; aí ides ao meu nome e aparece un texto titulado "Terramán, bicolama, heliofroita e bibliofiestra (Historia algo traxicómica para un poeta algo patéticotriste)"; non sei que pasa hoxe pero non van os links ). Escribino orixinalmente para a revista do Colexio Don Bosco de Vigo, que tiveron a ben convidarme o curso pasado a falar dun dos meus libros.Por outra banda, estou alucinado cos contos que estades a escribir trala miña anterior proposta ( o mesmo: baixade, é o post anterior a este, que hoxe a informática está na miña contra ). Seguide escribindo contos. Isto é en verdade fantástico. A ver ata onde somos capaces de chegar.
Comentarios - Referencias (0)
Referencias
Comentarios
-
Bon me podía resistir a decilo, eu tamén teño un conto colgado na Biblioteca Virtual Galega. Trátase dun pequeno relato, titulado "o eco dunha trasnada", ó que lle teño un especial agarimo e que ademáis tivo o privilexio de pasar polas mans de Francisco Castro. Ando eu toda chea có meu conto colgado na bvg. É que despois de ter gozado da maxia que transpira á literatura da man de Francisco, xa nada volve a ser igual. Non hai nada có que disfrute tanto como escribindo. Minto! e retifico: hai moi poucas cousas coas que disfrute tanto coma cando escribo. Gracias Francisco. Un bico.
Comentario de MODESTA REGUEIRA hace 2 años y 31 meses