Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A CANCIÓN DO NÁUFRAGO

Blog do escritor Francisco Castro

¿TENDES GAÑAS DE ESCRIBIR? COMEZAMOS UN XOGO

Propóñovos un xogo.
Hai unhas semanas eu escribín un post, e hoxe Alfaias atreveuse a escribir o seu baseándose no meu ( mais abaixo, transcribo o meu traballo e o seu para que vexades en que consiste o xogo ). A parte de rir un cacho coa súa ocorrencia, déuseme por pensar que podía ser bonito iniciar neste bog un xogo idéntico.
A proposta é, xa que logo, tentar escribir un texto seguindo os parámetros do meu. Utilizade a sección de Comentarios deste blog para facelo. A ver se sae algo bonito.
De seguido vai o meu texto e o de Alfaias.
Ánimo ( PREFÍRENSE HISTORIAS REAIS, PERO NON É EXCLUÍNTE QUE SEXAN PURA IMAXINACIÓN )

VELAQUÍ O MEU TEXTO:
EU FUN UN BEST-SELLER DA LITERATURA GALEGA

Eu fun un best-seller da literatura galega. Xúroo. O ano pasado unha das miñas novelas apareceu durante máis de tres meses ou ben no primeiro posto das listas de vendas ou entre os tres primeiros. Era Feliz e saía á rúa convencido de que as mulleres ollaban para min con ollos lascivos. Que era máis alto e guapo. Pensaba: Dan Brown e Reverte son uns mixiricas. Eu si que vendo. O meu seguro que vai dentro do maletín dese executivo. Esa rapaza que le no parque, de certo que está co meu libro. E cando máis feliz era, visitei a un amigo libreiro. E fixen A Pregunta Fatídica. Quixen saber como se elaboraban as listas, cantos libros hai que vender para estar Aí Arriba Na Gloria. Depende do idioma. Pedinlle unha explicación e deuma: para que un libro estea entre os tres primeiros en castelán, deberá vender entre trinta e corenta exemplares semanais ( ás veces de Dan Brown vendemos cen á semana, dixo, cruel ) ¿E en galego?, preguntei facéndome máis baixiño e máis feo e menos atractivo porque xa sabía a resposta. Dixo: en galego con vender cinco ou seis á semana xa estás de número un. Eu nunca fun un best-seller da literatura galega.
VELAQUÍ O DE ALFAIAS:
Eu fun un topmodel da moda galega
Eu fun un topmodel da moda galega. Xúroo. Corrían os anos oitenta e eu cortaba o pelo na perruquería máis afamada e moderna. Ao meu carón unha madura e atractiva muller que non me sacaba o ollo de enriba preguntoume se algunha vez desfilara ou posara, eu díxenlle que non, deume a súa tarxeta e dixo que me presentara ao día seguinte na dirección do dorso para unha sesión fotográfica.
Presenteime no chalé da Gran Vía emocionado, entreguei a tarxeta á rapaza da entrada e acompañoume ao soto, alí escribín os meus datos persoais, medidas, talla e nº de pé nun cartaz e un fotógrafo sacoume case un carrete de fotos.
Era Feliz e saín á rúa convencido de que as mulleres ollaban para min con ollos lascivos. Que era máis alto e guapo. Pensaba: tódolos demais homes son uns mixiricas. Eu si que fardo. A miña reportaxe no Galicia Moda seguro que vai dentro do maletín desa executiva. Esa rapaza que le no parque, de certo que pensa lúbrica en min. E cando máis feliz era, decateime de que pasaran as semanas e non me chamaran. E nunca fun un topmodel da moda galega.

(Desculpas a Náufrago pola intertextualidade)

Referencias

Dirección para referencias

  1. [...] xogo literario está máis interesante cá nunca. Seguide enviando os vosos relatos ) Comentarios (0) - Referencias (0) Referencias Dirección para referencias Comentarios Nombre Correo [...]

    Referencia de A CANCIÓN DO NÁUFRAGO hace 2 años y 33 meses

Comentarios


  1. EU FUN BAILARÍN DE BREAK-DANCE

    Eu fun bailarín de Break-dance. Xúroo. Xa fai vintedous anos, eu era un rapaz novo e non sei a razón pero naquela época houbo moita afección por este baile. Saltabamos (literalmente) á pista de baile e comezabamos a dar brincos. A veces quedabamos no barrio ou na pista de patinaxe do Castro, alí puñamos un cartón no chan e practicabamos. Daquela o Hip-Hop era case que descoñecido en Vigo, tanto que nos diciamos que bailabamos Brick (ladrillo)-Dance.
    Era feliz e saía a rúa convencido de que as mulleres ollaban para mi con ollos lascivos. Era o mais alto e o mais guapo. O Travolta era un mixiricas e eu era o amo da discoteca. As rapazas derretíanse cada vez que ollaban para min entre as luces de neon.
    A cousa non foi mal, a verdade é que si coñecín algunha moza gracias ao baile, claro que non sei cantas deixei de coñecer pola mesma razón. Unha vez incluso cobramos por bailar.
    Despois a vida laboral e o deber coa patria apartounos do baile. Xa fai moito tempo e agora penso que, seguramente, eu nunca fun bailarín de Break-Dance.

    Comentario de venres hace 2 años y 34 meses


  2. EU FUN BAILARÍN DE BREAK-DANCE

    Eu fun bailarín de Break-dance. Xúroo. Xa fai vintedous anos, eu era un rapaz novo e non sei a razón pero naquela época houbo moita afección por este baile. Saltabamos (literalmente) á pista de baile e comezabamos a dar brincos. A veces quedabamos no barrio ou na pista de patinaxe do Castro, alí puñamos un cartón no chan e practicabamos. Daquela o Hip-Hop era case que descoñecido en Vigo, tanto que nos diciamos que bailabamos Brick (ladrillo)-Dance.
    Era feliz e saía a rúa convencido de que as mulleres ollaban para mi con ollos lascivos. Era o mais alto e o mais guapo. O Travolta era un mixiricas e eu era o amo da discoteca. As rapazas derretíanse cada vez que ollaban para min entre as luces de neon.
    A cousa non foi mal, a verdade é que si coñecín algunha moza gracias ao baile, claro que non sei cantas deixei de coñecer pola mesma razón. Unha vez incluso cobramos por bailar.
    Despois a vida laboral e o deber coa patria apartounos do baile. Xa fai moito tempo e agora penso que, seguramente, eu nunca fun bailarín de Break-Dance.

    Comentario de venres hace 2 años y 34 meses

  3. Perdón pola duplicidade. É que daquela bailabamos moitisimo.

    Comentario de Venres hace 2 años y 34 meses

  4. EU FUN A MELLOR REPORTEIRA GALEGA (EN POTENCIA)
    Eu fun a mellor reporteira galega (en potencia). Hai catro meses, tras enviar o currículo, chamoume o director dun xornal galego. Fun feliz e camiñaba polos corredores da facultade convencida de que os meus compañeiros ollaban para min con envexa. Que os profesores me miraban con máis respeto e admiración. Que era máis lista e máis guapa. Pensaba: dentro de pouco, ese executivo lerá as miñas reportaxes antes de entrar no traballo, e esa rapaza mercará o xornal só para buscar o meu nome. E cando máis feliz era, fun falar co dito director. E díxome que lle enviara algo A VER QUE SE PODÍA FACER. Entón souben que nunca fun a mellor reporteira galega (en potencia) para ningún director de xornal; e que en nada me diferenciaba dos meus compañeiros alevíns de xornalistas.

    Comentario de oko hace 2 años y 34 meses

  5. EU FUN UN VIRTUOSO DA FRAUTA
    Eu fun un virtuoso da frauta cando Carlos Núñez non sabia nin sorber os mocos. Xúroo. Era felicitado de continuo polo meu profesor, e sempre que actuabamos cos " Gazzeronni " -nome do grupo- situánbame no centro do escenario para ledicia da miña nai e envexa das demáis. Eu pensaba que nacera para a música e que frauta sería sen dúbida a miña forma de vida. Imaxinaba viaxes a paises lonxanos con rapazas exóticas, baixo a banda sonora da rianxeira a velocidade vertixinosa. Onte atopeime co profesor na rúa e cando o saludei miroume con cara extraña, parou de súpeto e quedou mudo. Normal, pensei, recordará sen dúbida o meu virtuosismo no instrumento e quedou sen fala. Rein para adentro á espera do seu abrazo e verbas de admiración. Pois non, a miña sorpresa foi que non recordaba nin o meu virtuosismo nin o meu nome nin nada. Cando me presentei acordabase dar cor da miña pel. Dixo: " ah sí, eras moreno ". Quedei perplexo. Nin unha referencia ás miñas dotes musicais. Nin unha referencia aos aplausos apaixaoados tras os meus solos. Pero ao momento decateime de que pasaran 25 anos desde o último concerto e que o meu nome non había volto a "sonar" no mundo da máxica frauta. Seguin andando e pensei, e se o alzeimer prematuro xa empeza a xogar malas pasadas e eu nunca fun un virtuoso nos " Gazzeronni".

    Comentario de TedHead hace 2 años y 34 meses

  6. Eu fun un astro da NBA
    Eu fun un astro da BNA. Xúroo, Foi a anterior tempada, eu estávache a xogar un partidiño nesas canchas que hay no Bronx e, de casualidade pasou por ali o entrenador dos Leikers, estivo un tempo vendo como xogaba e logo chamoume. Fíxome un contrato con máis ceros ca dos que eu vira nunca. Levoume a unha residencia con cama limpa e comida quente. Tratoume coma unha persoa, polas mañans entrenaba e polas tardes dábanme clase de todo. O primeiro foi a lingua, falaba do importante que era aprender a falar inglés e de que me esquecera dese pseudoidioma chamado, entereime por el, inglés vernacular dos negros.
    Era feliz, saia a rúa convencido de que as mulleres ollaban para min con ollos lascivos. Que era máis branco, os meus cabelos máis lacios e o meu nariz máis estreito. Pensaba: todos os demais homes son uns mixiricas. Eu si que fardo. Elas admiran a elegancia dos meus movementos e o ritmo do meu corpo. O día que gañemos o anel vai ser mortal. Cando máis feliz era, espertei na cadea por achegarme de máis a Magic Jonhson.

    Comentario de derrota hace 2 años y 34 meses

  7. EU FUN A "NEGRA" DE MARIA CALLAS
    Eu fun cantante de ópera. Xuroó. Meus mestres de canto tiñan orgasmos en fa menor de cada vez que me oían facer a escala de Do a Do. E aquela nova da miña voz fastuosa correuse polo mundiño este das divas como o lume nunha fraga galega. Daquela María estaba a rexime de peixe fervido e verzas. E debeu ser por iso que comezou a boquexar coma unha pescada fronte as partituras todas que lle puñan diante. Así foi como chamaron por min, como grabei todas esas arias que tantas veces tedes escoitado, e como aprendín a agocharme tralo telón dos teatros do mundo enteiro mentres María boquexaba no escenario coma una Milli Vanilli calquera o son da miña voz. Ela recibia as palmas, os eloxios, os colares de diamantes, e os aloumiños daquel grego malencarado. Así iban as cousas, ela fachendeaba e eu cantaba de sol a sol. Cain nunha depresión, e non era pra menos, unha soprano non canta por cantar, canta pra que o mundo enteiro namore dela. E de min non namoraba ninguén. Daquela estaba a rexime de perna de porco ó forno e filloas recheas de crema cunha pinga de chocolate, moi bo todo pras cordas vocais pero fatal pra iso do amor a primeira vista. Foi moitos anos despois, cando a pobre María xa morrera, que me decatei de que a xente seguía a namorar de voz dela (a miña), e comecei a asexar nas seccións de discos dos grandes almacens. Música clasica. Ópera. María Callas. Un pastón por colección. Por alí caía de cando vez alguén e mercaba os meus discos.MEUS DISCOS. E eu facíame a encontradiza e falaba con eles, principalmente eles homes, e os vía derreter emocionados botar pola boca margaridas e rosas e a alma toda, cheos de admiración. Agora tamén reviso a discoteca dos meus amigos cando vou a sua casa, alguns me teñen alí sen sabelo. ¡Panda de mamons!, todos con muller, e devecendo polos meus cantos. ¡Parvos!, penso cando sentamos na mesa e ataco a carne con prebe, non sabedes o que vos tedes perdido.

    Comentario de Rosa Velenosa hace 2 años y 34 meses

  8. Eu fun un gran escritor. Xúrovolo. Foi hai moitos anos, cando os profes sacábame diante do encerado para leer os meus textos e poemas, cando as miñas redaccións tiñan noves e deces. Era feliz e saía de clase pensando: serei escritor, que lle dean as matemáticas. O meu criptográfico e persoal estilo marará época, o meu desvergonzado e irreverente dominio da lingua fara de min un xenio. Como Lorca, que molaba un guevo. E pensaba: Umberto Eco é un aficionado, Reverte un autoplaxiador. Eu si que escribo, e con imaxes arriscadas e todo eso. Os meus descordos, as miñas aliteracións de seguro que se estudiará dentro de vinte anos, como agora se estudia a Lorca, que mola un guevo. O profe de literatura de certo que ten envexa. Pero deixeime embaucar. Alguén me preguntou porque non me presentaba a un concurso. ¡Un concurso! Unha boa oportunidade para saber se era tan bó como eu pensaba, se realmente estaba Aí Arriba Na Gloria, xunto a Lorca. E presenteime ao concurso. Aprendín o que era unha plica, inventei un sonoro seudónimo, escribín como sepre facía, sen pensar. Non houbo resposta. Lendo o que enviara dúas semanas despois sentín vergoña de min mesmo. Nunca fun un gran escritor.

    Comentario de ArvPart hace 2 años y 34 meses

  9. Eu fun un puntal da toponimia galega. Eu fun un puntal da toponimia galega. Xúrovolo. Corría o ano 1999 cando souben do proxecto Toponimia de Galicia. O seu cometido resultaba prometedor: recollida e fixación de toda a microtoponimia local. Así que habería moito de traballo de campo e máis de contacto directo cos paisanos. Isto e o meu, pensei, e acudín ao Sitga sen demora. A primeira entrevista prometía. Xente coma ti é a que precisamos, dixeron, entusiasta, con ganas, formada... pero é necesrio que o teu Concello subvencione. Xa nos encargamos nós. Saín á rúa un pouco máis alta e máis guapa. Un moito máis interesante. Sería a envexa de G. Navaza. O propio Joseph Piel, de ter ocasión, felicitaríame polo meu traballo: A descuberta de topónimos únicos, de raíces que aclararían actuais escuridades, de características dialectais preciosas... Na segunda entrevista a cousa arrefeceu. O Concello non estaba polo labor. Nin o delegado de Cultura (o máis inútil que teño coñecido) nin a normalizadora lingüística (máis do mesmo) se mostraron interesados. Pero non todo estaba perdido. Debía procurar eu entidades colaboradoras, comunidades de montes, asociacións veciñais, culturais.., e así o fixen. Organicei unha presentación multitudinaria cun cheo ata a bandeira, o suficientemente axeitada para que aparecese o delegado dicindo que o Concello levaba meses interesado no proxecto, que eu era unha advenediza e a normalizadora lingüística sería a responsable. O proxecto adiaouse indefinidamente pero en todo caso, constatei o meu fracaso. Eu nunca fun un puntal da toponimia galega.

    Comentario de orballo hace 2 años y 33 meses

  10. Eu fun A MULLER MÁIS RICA E PODEROSA DO MUNDO-MUNDIAL. Xúroo. Foi de súpeto, dun día para outro. O meu número saiu gañador do sorteo da Once. Era felíz e saín a rúa segura das miradas lascivas dos homes. Sabía que agora seía a máis alta (mido 1'60 cm.),a máis loira(teño o pelo oscuro) e a máis fermosa. Angelina Lolie, iría cara a merda. Ese home alto e guapo duns trintaeseis anos(ano arriba, ano abaixo) está a comerme cos ollos, estou certa diso.
    Cando máis felíz era, fun ao banco para saber como podía facer para ser máis rica aínda. Nese intre espertei.
    Eu nunca fun a muller maís rica e poderosa do planeta.

    Comentario de paula hace 2 años y 33 meses

  11. Eu fun un gran avogado durante un minuto.Todo rematou cando ti saiches pola porta do despacho.

    Comentario de gustavo peaguda hace 2 años y 33 meses

  12. Eu fun un canteiro tradicional. Xurocho de corazon. Hai uns anos eu rillaba nas pedras coma esquio nas pinhas. Collia unha pedra e topaballe o norte nun pispas. O punto de desempeno non me fuxia. A linha de desempeno e a linha mestra quedaban que nin pranchadas. Logo coa marreta e escafiador preparaba o sobreleito. Pasaba o escuadro e remataba as duas cabezas. Logo martelon e pico que quedaba mallado o paramento. Coa buxarda remataba o choio listo para colocar. Eu era rapido e tinha unhas mans fortes, unha cor de pel de rico de iate, uns musculos de ferro e o sorriso que da facer algo para que perdurase por seculos e seculos. Agora habia de ter mulleres a esgalla. Mulleres desexosas de carantonhas coas minhas mans e os meus brazos musculosos. Mulleres que soubesen apreciar un home de verdade: duro, forte, cheo de saude. E eu via que as mulleres ollaban para min, que volteaban a cabeza, que besbillaban entre elas e soltaban sorrisos ao aire. Eu andaba todo cheo, gabacho e inflado que non me collia o peito na camisa. Eu viame coma o novo mestre canteiro do seculo. Mais famoso que o mestre Mateo ou o papan de Tom, o canteiro dos "Piares da terra". Eu xa me via facendo catedrais, pontes e ata ranhaceos de granito.
    E fun a Hio. Mirei o cruceiro. Souben da sua feitura. Admirei rostros e figuras. Enteireime de que foi feito dun penedo por un canteiro pequeno con fama de borracho e de nome tan vulgar coma o de Pepe. Eu sabia escuadrar pedras pero habia outros que lle facian agromar a alma as pedras. E cain da burra: eu nunca fun un canteiro, canteiro.

    Comentario de acedre hace 2 años y 33 meses

  13. Eu fun a maior fracasada da historia (galega). Xúrovolo. Levaba tantos anos traballando e por fin o conseguira. Pasaba tan desapercibida que nin sequera o can me batía co seu rabo. Ó meu lado os personaxes das novelas de Caneiro eran uns super heroes. Por moi rechamante que saíse á rúa ninguén me miraba. Ninguén me botou a man polo lombo nin me animou máis do debido. Só catro impertinentes querían que abandonase ese estado sinistro e lúgubre sen igual. Ninguén sabía cal era o meu segredo. E no fondo non podían vivir sen esquecer. Seguín existindo desta maneira, vagueando e fracasando sen igual. O meu patetismo era superior o de tódolos concursantes de tódolos reality-shows chorras xuntos. Pero de pronto e de forma despreciable un chaíñas calquera arrebatoume o posto e deixoume sen outra opción que se-la mellor. Oxalá teña a mesma sorte nesta nova andaina, pois nunca nunca fun a única nin a maior fracasada da historia galega.

    Comentario de agulleira hace 2 años y 33 meses

  14. Eu fin o dobre de Brad Pitt. Xúroo. Moito máis feitiño. Moito máis alto e con moito máis poderío sexual. Pero ninguén o sabía. Eu facíalle as escenas máis difíciles, subía e biaxaba por terribles montañas(no Tibet), pegaba tiros contra os malos-malosos(no Mexican)... e si, fun eu quen deulle os máis apaixoados besos a Anxelina e tamén fun quen de facerlle esquecer os demais homes. Pero, nunca sentín as miradas lascivas das mulleres, nin puiden asiñar autógrafos, nin pisar as alfombras bermellas.
    Eu fun o dobre de Brad Pitt e agora, esmorecido na praia de Barra, lembro a fríaxe que pasei co cú o aire na película de Troia e, cagho na marilús, espero a que me chamen outra vez.
    Brandon Pitte

    Comentario de Brandon Pitte hace 2 años y 33 meses

  15. Eu fun unha figura do rock. Xúroo. Fai corenta anos, maís ou menos. Celebrábase no Cine Vigo, desaparecido como todos os da época, un daqueles "Concurso de Conjuntos Musicales", que nos anos sesenta facían furor en Vigo. E alí estaba eu, cantante solista do grupo "The White Horses", cantando unha canción composta por min, un texto cheo de ripios por certo, golpeando miña perna dereita cunha pandereta levando o ritmo e pegando un asubío cos dedos na boca ao final da miña actuación. Os berros daquela xente xoven, que aínda hoxe en día non sabemos se eran de entusiasmo musical ou ganas de reventar aquela represión de liberdades, fixéronme sentir unha figura do rock.
    Pero o xurado, sempre hai un xurado, non pensou do mesmo xeito, e á final pasaron os de sempre, "Las Zuecos" y "Los SN" , ¡que bos eran ámbolos dous!, e algún outro que non recordo.
    Cando todo rematou pregunteille a os meus amigos, que estuveran en poleiro, que lles parecera, e a resposta foi contundente: " Non se te oía un carallo"
    E pensei para min: "Case que mellor así"
    De todos os xeitos algunha daquelas nenas a partires de ahí miroume doutra maneira. Foi o que gañei.

    Comentario de leo hace 2 años y 33 meses

  16. FE DE ERRATAS: O nome de un dos conxuntos musicais nomeados no meu artigo e: "Los Zuecos". O formaban: Pepe e Carlos Bordallo, Paco Bao, Nando Vazquez e como cantante Ernesto; son historia viva do Pop Vigues e pra min autententicos mitos. Sarava.

    Comentario de leo hace 2 años y 33 meses


Recordar datos


A CANCIÓN DO NÁUFRAGO © Todos os dereitos reservados ao autor
Sindica este sitio usando: RSS 1.0, RSS 2.0, Atom.
Esta bitácora mantense con Bitacoræ.