Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A CANCIÓN DO NÁUFRAGO

Blog do escritor Francisco Castro

LOLITA CUMPRE 50 ANOS. ¿EDITARÍASE HOXE?

Lolita, de Nabokov, cumpre 50 anos.
Moitos escritores darían media vida por conseguir que un dos seus personaxes pasase a se converter en parte da fala normal da xente. Iso acontece con "ser unha Lolita", ou co que é kafkiano ou quijotesco.
Mais a miña reflexión vai por outro lado.
Moita xente, cando escoita falar deste libro, rexeita ao seu autor polo que conta. Non hai cousa máis inxusta cá iso: confundir o que se novela nun libro co que o autor pensa en realidade. Isto sufriuno moi en especial García Márquez despois da publicación da súa última novela, que houbo quen pedíu un boicot polo que imaxinaban que o autor mantiña, esquecendo que a obra de arte é libre e que o que importa é, precisamente o artístico.
A miña apreciación é que hoxe, nestes tempos do politicamente correcto, un texto como Lolita, quizais non daría atopado editor.

Referencias

Dirección para referencias

Comentarios

  1. penseino de coña. pero lembreime do tal Migoya e o seu Todas Putas.

    Comentario de brautigan hace 2 años y 32 meses

  2. Quando dizes que a obra de arte é livre o que estás a fazer, acho, é colocar à arte numa dimensão eterea desligada de qualquer circunstancia, uma entidade auto-suficiente, e aí discordo um pouquechino. A arte (desde que perde a sua consideração de artesania, de habilidade, no Renascimento para chegar ao significado que hoje lhe damos) acompanhou maioritariamente ao poder, e procurou inserir-se nele, isto guarda alguma relação co teu post anterior. Quero dizer, a arte, literatura incluida, foi conivente e divulgadora do poder, e da ideologia que este queria trasmitir, em amplíssima maioria. Do resto, sim, estou contigo em que Lolita seria hoje um escándalo, e que se deve distinguir entre as opiniões da obra e do autor.

    Comentario de jlombardeiro hace 2 años y 32 meses

  3. sería un escándalo, pero atoparía editor. precisamente por iso.

    Comentario de brautigan hace 2 años y 32 meses

  4. Pois non, dicíao en serio. Ao respecto do da literatura e a transmisión da ideoloxía dominante, haberá de todo e daría para un debate interesante. E si, quizais atoparía editor precisamente por iso, pero estou certo de que a reacción de escándalo na sociedade sería, por desgraza, máis forte do que hai un par de décadas. Penso que imos con claridade cara atrás.

    Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 32 meses

  5. Vouno por mais dificil. ¿ Atoparía editor Pablo Neruda para os seus Versos del Capitan, pero en vez de facer as sus loanzas estalinianas, foran para Bin Laden?

    Comentario de gustavo peaguda hace 2 años y 32 meses

  6. Coido que obviamente non. Mais non teñas dúbida de que a Neruda non ía ocorrírselle tal cousa... Supoño.

    Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 32 meses

  7. Para non dar lugar a confusion o libro de Neruda no que fai as loanzas a Stalin e o mundo socialista é "las uvas y el viento" e non los versos del capitan, os que si chegaran a un editor estaría tolo si non os publicara porque son poemas que producen o que dicia Baudelaire " o rapto del alma". se alguen achegase a este poemario debería completar a sua lectura cunha paxase das memorias de Jorge Amado onde conta como Neruda incluia ou non un poema a Tito segun ian as relacions entre Tito e Stalin.

    Comentario de gustavo peaguda hace 2 años y 32 meses

  8. Atoparía editor non o dudes.¿Qué sería "un escándalo"?Pois...por un lado xa sabes e polo outro que queres que che diga:un pouquiño antiga a historia.Pero non a insuperable escrita de Nabokov,para min un dos millores escritores do século XX.Descubrínno con "Ada o el ardor" nun vran efeitizado de fai moitos anos e seguinlle a pista.Mais "Lolita" non a leín,pero a película aínda me sigue parecendo perfecta.

    Comentario de Lola hace 2 años y 32 meses

  9. No olvidemos que en su época a Nabokov le costó muchísimo que se lo editarán y al final salió en una editorial de París dedicada al erotismo de la variante no muy delicado. Es decir una de las cumbres de la novela del siglo XX tuvo que salir así. Y sin embargo pienso que hoy si que encontraría editor e incluso sin problemos. Pero procuro no sacar conclusiones de esto, porque las hay positivas pero también peyorativas.

    Comentario de jim hace 2 años y 32 meses

  10. Comparto a paixón por Nabokov da que moitos falades. E a calquera nivel. Agora estou a ler un libro de Chejov e, no estudo introductorio, ofrécense as valoracións de Nabokov sobre el, e son unha completa dozura. E de moita lucidez.

    Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 32 meses

  11. Xa que vai de autores da orbita rusa eu voy recomendar dous libros:

    " PETERSBURGO" de Andrei Biely. Este libro esta a altura do O Maestro e Margarida".
    " MORFINA" de Mijail Bulgakov. Son relatos que recollen a suas experiencia de medico rural .

    En canto chejov, nunha estrevista de Rei Nuñez a Carballo Calero éste di que a sua idea de narracion coincide ca dese autor porque o que lle interes é a alma humana.

    Comentario de gustavo peaguda hace 2 años y 32 meses

  12. Eu gusto do Chéjov narrador mais o dramaturgo prodúceme un certo fastío.

    Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 32 meses


Recordar datos


A CANCIÓN DO NÁUFRAGO © Todos os dereitos reservados ao autor
Sindica este sitio usando: RSS 1.0, RSS 2.0, Atom.
Esta bitácora mantense con Bitacoræ.