Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A CANCIÓN DO NÁUFRAGO

Blog do escritor Francisco Castro

MARINA. LIBROS CONTRA O PODER

Leo que hai unha muller que controla practicamente todo o que se edita en Italia ( dirixe empresas de comunicación, editoriais... entre outras, nin máis nin menos que Mondadori ).
Iso, en principio, non debería de ser digno de comentario. Unha grande empresaria que dirixe un emporio. Haiche unhas cantas.
Ela contrólao todo. Non se edita nada sen que ela dea a súa aprobación.
Pero o problema é o nome que ten. E non precisamente porque sexa feo.
Chámase Marina Berlusconi, e si, é a filla do presidente italiano.
Desde sempre, os libros serviron para loitar contra o poder. Na Idade Media había arriscados editores que publicaban libros prohibidos. No franquismo, houbo editores valentes que xogaban mesmo a vida por facer circular determinadas obras.
Daquela, ¿que implicacións ten que a propietaria dun gran grupo editorial sexa, ademais, ela mesmo O Poder?

Referencias

Dirección para referencias

Comentarios


Recordar datos


A CANCIÓN DO NÁUFRAGO © Todos os dereitos reservados ao autor
Sindica este sitio usando: RSS 1.0, RSS 2.0, Atom.
Esta bitácora mantense con Bitacoræ.