A WEB DOS ESCRITORES
Francisco Castro - 12-09-2005 12:06:04 | Categoria: Todos os meus artigos
Quero dar conta aquí da web da Asociación de Escritores en Lingua Galega á que pertenzo.Ben feita. Benzóns. Será útil. Sobre todo o apartado de Actividades.
Mais o feito, a boa nova, lévanme á seguinte reflexiónm:
A miña sensación é que a literatura, a cultura, e todo o que ten que ver coa lingua, goza de mellor saúde na rede ( a sociedade virtual: no fondo, unha mentira eléctrica, unha ficción dixital, un universo volátil ) que na sociedade "física" ( a xente coa que topo coa rúa e amosa sorpresa porque meu fillo fala galego ).
Cando navego por Internet teño a sensación de que o galego é unha das linguas máis poderosas do universo. Hai milleiros de páxinas e centos de creadores. A Miña Lingua Vive ( eléctrica, dixital, volátil. Pero viva ).
Despois, apago o ordenador, saio á rúa, e bato contra a realidade. Durísima. E, máis unha vez, escáchame a cabeza.
Comentarios - Referencias (0)
Referencias
Comentarios
-
Somos así de revirados, ti xa sabes... Os miolos mailos complexos seguen a gañar ó corazón. Pode ser que tras dunha lingua se agochen tantos sentimentos que dea medo botalos pola boca. Mentres non nos decidimos teremos que rosmar o "pola miña culpa, miña gran culpa", en latín, que é nai de tantas cousas, a ver se así...
Comentario de Rosa Velenosa hace 2 años y 32 meses
-
Claro, pero o mellor é pasar de complexos. Unha vez que sabemos que algo nos acomplexa ( e a moita xente pásalle: acompléxalle falar en galego en público ) o que hai é que desbotalo facendo forza. É como a timidez. Que tamén ten cura.
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 32 meses
-
Sí, a verdade é, que as veces, isto parecese a unha desas irmandades secretas, que falamos en clave e andamos cun sombreriño estraño. Pero o futuro é da rede, así que temos a esperanza de que a nosa lingua ten futuro.
Penso que a xente non se asombra, tan so, de que o teu fillo fale galego, tamén asómbranse de que o fales ti. O raro é que non te dean unha mala contestación por ser tan “maleducado” ( aproveito para recomendar o libro de Fran Alonso, Males de Cabeza. Ten un capitulo que ven ao caso.)
Comentario de Venres hace 2 años y 32 meses
-
Estou de volta. Por agora actualizándome de todo o que perdín de ler nun mes e aproveito para mandar un gran saudo a todos e a todas. Por aquí nos leeremos en breve.
Comentario de PAco hace 2 años y 32 meses
-
A realidade da lingua é tão dura (é-o também na casa, quando se prende o TV, o radio, quando se mira na caixa de correio..) que nem Director Geral de Politica Linguistíca designaram ainda..
Comentario de jlombardeiro hace 2 años y 32 meses
-
Ola Paco. E súmome á recomendación do libro de Fran Alonso e, de paso, botádelle un ollo a "Círculo", de Suso de Toro. Se non recordo mal, o segundo capítulo está dedicado a iso. É a historia dunha muller galegofalante que fala con outra sobre a necesidade de que seus fillos falen castellano. Maxistral.
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 32 meses
-
Así van as cousas, moito libro gratis pero eu non podo escolarizar ao meu fillo en galego. Iso si na clase de relixión fica unha hora cos seus compañeiros exilados na aula do lado sen facer nada.
Así van as cousas e así seguirán, témome.
Eu de Fran Alonso recomendoa os seus versos, par min é mitot mellor poeta que narrador. Pedramol e Tortillas para os obreiros son moi bos exemplos.
Comentario de folerpa hace 2 años y 32 meses
-
Realmente é triste que non poidamos escolarizar aos nosos fillos en galego. Pero hai algo aínda moito máis triste: non sempre se cumpre a lei no que compete ás asignaturas que hai que impartir obrigatoriamente en galego. Tal e como están as cousas, conformaríame con que se cumprise a lei ( ben pensado, é terrible escribir isto. A lei está para cumprirse )
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 32 meses
-
Pois a conselleira de educación non debe estar pola laboura porque onte vin nun canal local de Ourense que inaguraba na universidade unhas xornadas de fisica en castelan. Non sei si o Sr Curras fixo o mesmo algunha vez!.
Pero dame a sensacion que dende os tempos de Rajoy todos os politicos intentaron polo menos falar en galego nas suas intervencions publicas, despos o que fagan na sua casa dame igual.Comentario de gustavo peaguda hace 2 años y 32 meses
-
Sei que non ten nada que ver co tema debatido pero esta maña o ler o xornal atopome que a homenaxe a Manuel Maria leva por lema " Manuel Maria, poeta nacional". A min trouxome dudas ¿ é bo para un poeta que o chamen nacional". A min eso cheirame a panteocracia. Non sei si manuel maria estaba dacordo pero eu creo que sería mellor dicir Manuel Maria, cidadan e poeta.
Comentario de gustavo peaguda hace 2 años y 32 meses
-
Poñerlle etiquetas a un escritor é perigoso. De feito, imaxino que nin Manuel María nin os demais, o día de mañá ( dentro de cen anos, poño por caso ) van ser valorados pola súa aportación a unha determinada visión "nacional". É como se só queremos quedarnos de Neruda, ou de Celso Emilio Ferreiro, coas súas vertentes "sociais". ¿Como haberán de gozalos, daquela, as xeracións vindeiras?
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 32 meses
-
Estou dacordo co que dis. Recomendo a lectura dun texto titulado" Cabaleiro e monxe" de Alexandr Block, poeta ruso, do seu libro titulado " un pedante sobre un poeta e outros textos" (Barral, 1972)no que di " O ruidoso odio e a ruidosa veneración domiñaban as voces dos serenos".
Comentario de gustavo peaguda hace 2 años y 32 meses
-
Non lin ese texto, mais fareino. Coido que é moi necesario desacralizar aos autores. A todos. Por moito que os amemos.
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 32 meses