Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A CANCIÓN DO NÁUFRAGO

Blog do escritor Francisco Castro

NEN@S NA UNIVERSIDADE

A literatura infantil e xuvenil é unha das máis importantes de todas. E no caso concreto da galega é do mellor da nosa producción.
Por iso, porque sabemos da súa importancia, levamos moito tempo, neste blog, reflexionando sobre como facer para que os cativos lean máis, ou que clásicos deben ler.
Ou o que é o mesmo: que nós si que nos tomamos en serio a literatura infantil e xuvenil ( coñezo algúns escritor@s galegos para nenos que se rebotan - e con razón - cando os xornalistas lles preguntan cando van a escribir máis "en serio", é dicir... para adultos. Como se non fose abondo difícil escribir para eles ).
Agora, e impulsada, como non, pola profesora Ana María Roig, desde a Universidade de Santiago vai tentar crearse unha rede para que se inclúa a Literatura Infantil e Xuvenil nos planes de estudo dalgunhas carreiras, nomeadamente, de maxisterio.
Unha boa nova que indica un camiño polo que tirar. A Literatura Infantil e Xuvenil debe de ser unha materia esencial para os futuros profesores. Máis, desde logo, que a informática.

Referencias

Dirección para referencias

Comentarios

  1. Pois oxalá se consiga isto. Considero imprescindible que un mestre ou mestra teña "coñecementos" de literatura infantil e xuvenil. Moitos docentes os teñen pero por iniciativa propia. Outros simplemente se deixan levar polas orientacións dunha editorial á hora de recomendar ou elexir un libro de lectura determinado. Como se pode transmiti-lo gusto pola lectura se a tí como educador non che di nada o que recomendas ler ós teus alumnos?

    Comentario de Chus hace 2 años y 32 meses


Recordar datos


A CANCIÓN DO NÁUFRAGO © Todos os dereitos reservados ao autor
Sindica este sitio usando: RSS 1.0, RSS 2.0, Atom.
Esta bitácora mantense con Bitacoræ.