Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A CANCIÓN DO NÁUFRAGO

Blog do escritor Francisco Castro

A NOSA LITERATURA NON EXISTE FÓRA

Pasei boa parte de Agosto lendo ( emocionándome, rindo, gozando da lucidez... en definitiva, sentindo ) a Poesía Galega Completa de Celso Emilio Ferreiro, editada por Xerais nunha coidadísima e excelente edición de Ramón Nicolás.
No limiar, Ramón Nicolás infórmanos de que entre os anos 1977 e 1979, Celso Emilio Ferreiro escribía no ABC unha sección ( "Mirador Literario: Escrito en Gallego" ) no que informaba sobre a producción literaria galega contemporánea.
Canto mudaron as cousas.
¿Os xornais de Madrid, a día de hoxe, teñen unha sección fixa, para informar da literatura galega contemporánea?, ¿que significa que non exista?
Agás Manuel Rivas, e, de cando en vez, Suso de Toro, para os xornais de fóra non hai literatura galega. Non existimos. Non somos. Volatilicémonos dunha vez.

Referencias

Dirección para referencias

Comentarios

  1. Ao mellor agora que temos un perigoso bipartito que nos goberna prestannos tanta atención en Madrid coma o diaño do tripartito catalán.
    De tódolos xeitos agardemos polo Instituto Rosalía, eu prefiro Cunqueiro. Aínda que vsito o que fala en castelán a nosa belida Conselleira nos últimos días, non sei , non sei...
    DP. temos un café pendiente

    Comentario de folerpa hace 2 años y 32 meses

  2. Teño unha idea. Os escritores galegos que non sexan Rivas e Del Toro que creen unha fundación (posibel nome FUNDACION DOS ESQUENCIDOS POR MADRID) que obtería os seus fondos a traves das aportacions do seus membros que terian por destino pagar as copas e a cesta de nadal a Javier Rioyo, (poderiase tamen contribuir cun artigo que asinaría éste). Eu comprometome dada a miña formacion xuridica a redactar os estatutos sempre e cando teña reservado un posto no padroado.

    PD. No padroado non podran forman parte os de sempre da "cultura" galega.

    Comentario de gustavo peaguda hace 2 años y 32 meses

  3. Este blog está sendo un foco, cando menos, curioso de ideas sorprendentes. Hai uns días falabamos de crear un grupo de música de escritores galegos que, no fondo, somos músicos frustrados. Hoxe, proponse esa Fundación de Esquencidos. Pensarémolo.

    Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 32 meses

  4. Eso si, por suposto, a musica da fundacion de Sabina.

    Comentario de gustavo peaguda hace 2 años y 32 meses

  5. ¿Dis o de Sabina por iso de que é a música dos perdedores?

    Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 32 meses

  6. Para perdedor sería Suso Vaamonde e súa musica. Que morreu creo que sen ningun reconocemento institucional cando outros por menos recibiron Medallas Castelao e outras ....

    Comentario de gustavo peaguda hace 2 años y 32 meses


Recordar datos


A CANCIÓN DO NÁUFRAGO © Todos os dereitos reservados ao autor
Sindica este sitio usando: RSS 1.0, RSS 2.0, Atom.
Esta bitácora mantense con Bitacoræ.