Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A CANCIÓN DO NÁUFRAGO

Blog do escritor Francisco Castro

A CONFUSIÓN COELHO

Xa dixen o mes pasado que non me gusta ( o escritor, non sei a persoa ), Paulo Coelho. Que non me gusta esa pseudo-literatura de autoaxuda que el escribe e na que se mesturan dunha maneira barateira a filosofía, algunhas relixións ( medio quilo de catolicismo, un chisco de budismo, uns gramos de orientalismo... ) e moita mística de todo a cen. Todo iso disfrazado de literatura.
Aínda así, é o autor que máis vende no mundo ( ¿alguén se atreve a tirar conclusións dese feito? ).
E cando a un non lle gusta un autor, o ideal sería que ademais non coincidise en gustos con el. Hai anos púxenme malo ao ler unha entrevista con certo político algo repelente para quen o seu grupo favorito era o mesmo que eu adoro ( The Beatles ).
Daquela declaro que Paulo Coelho, que non me gusta, tenme abondo confundido. Porque leo un artigo seu e alí vexo que entre os seus autores favoritos di que están Borges e Henry Miller ( eu penso igual ). Que viaxou 48 horas en autocar para coñecer a Borges ( eu iría incluso a pé ), e que chamou á porta de John Lennon en Nova York ( é un dos personaxes que máis admiro. Non quero morrer sen coñecer a Paul McCartney, por exemplo ).
Corolario 1: ¡penso coma Coelho!
Corolario 2: preciso unhas urxentes vacacións...

Referencias

Dirección para referencias

Comentarios

  1. A min gústame ler a Coelho en El Semanal, xa sabes conta esas historias do mestre e o pequeno saltamontes e cousas así que son entretidas. Penso que non sería capaz de ler un libro seu enteiro, debe de ser moi empalagoso. Eso do “Guerrero de la luz” é moi... bonito e o de meditar co tiro ao arco...ben. De tódolos xeitos, si o Sr Coelho realmente cre no que escribe (e sempre que o que escriba non faga dano a ninguén) conta coa miña bendición.
    O que tes que facer ti é descubrir o teu interior. Vai facer o camiño de Santiago e seguro que escribes como Coelho.

    Comentario de Venres hace 4 años y 51 meses

  2. Grazas polo consello. ¿Descubrir o meu interior?, ¿por que pensas que escribo?
    Eu lin "El Alquimista". A mensaxe: ben. Como obra literaria: sei de xente de trece anos que o faría mellor.

    Comentario de Francisco Castro hace 4 años y 51 meses

  3. O que pasa con Coelho e que fala en sentencias. E eso é o mais facil porque eso faite pensar. E coma todos andamos a buscar certezas, sempre miramos ou lemos a aquel que parece que nos dí algo que nos pode sacar deste balbordo no que vivimos.

    Pero coma literatura,prefiro Plaza Clichy de Henry Miller es as cartas con Anais Nin . As novelas longas creo que envelleceron .

    Comentario de gustavo peaguda hace 4 años y 51 meses

  4. Estou de acordo. Andamos perdidos. E Coelho e outros dánlle ideas á xente para pensar e se coidan "orientados".
    Unha pregunta: ¿por que dis que as novelas longas morreron? Ese é unha das cousas que levo anos oíndo e co que non estou para nada de acordo. ¿E que o noso xeito de vivir xa non nos permite ler novelas longas? Eu amo as novelas boas. Longas ou curtas. Iso é o único que importa.

    Comentario de Francisco Castro hace 4 años y 51 meses

  5. Non me dera de conta do adxetivo que utilizei para calificar a novela de Miller. Pero matinei na tua pregunta. No meu caso creo que é debido a miña forma de ler que é bastante anarquica e que me impide adicar moito tempo a unha historia. Teño na espera moitos libros e penso non teño tempo para lelos todos.Eu admiro a xente que di " engancheime a esta novela de 1000 paxinas. A min gostariame que houbera unha novela longa dunha sola linea.
    Por outro lado estou totalmente dacordo o importante e que sexa bo. Coma o sexo, a comida, ou a bebiba. O importante é a calidade

    Comentario de gustavo peaguda hace 4 años y 51 meses

  6. Fran, todos necesitamos unhas vacacións, sobre todo se temos o gusto pola lectura. A min sí me gustan as novelas longas (cando son boas, naturalmente), aínda que por falta de tempo adícome agora a ler contos, que en moitos casos como ti moi ben dis, é moito mellor unha obra dunha soa páxina que un libro de 600 ou 1.500. No caso de Coelho, teño que dicir que nunca lin nada deste home(agás algúnhs artigos), pero a miña nai regaleille un del, sobre a peregrinaxe a Compostela e díxome: "Nena este home será moi famoso e pode que escriba moi ben, pero non puiden pasar das dúas primeiras páxinas". Non hai nada tan bó como ter unha nai lectora que te evita aos escritores pesados.Eu tamén adoro aos Beatles. Eses si que teñen calidade, pero tería para min máis interese, coñecer a Tom Waits ou a Eric Clapton.

    Comentario de A túa pesada compañeira de cole hace 4 años y 51 meses

  7. Meu benquerido náufrago pisáchesme o post:
    O Alquimista agora mudado en Zahir afirma no telexornal que sempre escribe coa súa mesa orientada ao norte. Arrepiado corro ao cuarto de L. e collo o compás do seu maletín de explorador. Grazas ás chakras ou ao feng shui a miña mesa de traballo fica orientada ao sueste e eu suspiro aliviado

    Comentario de folerpa hace 4 años y 51 meses

  8. Sintoo Fran, pero o pararme a pensar que música lle gustaría a Coelho, sen dúbida, véñenme os Beatles a cabeza. Non imaxino a Paulo escoitando os Rollings ou a Pink Floyd, é máis, se así fora, escribiria outras cousas e de outro xeito.

    Comentario de derrota hace 4 años y 51 meses

  9. Sintoo Fran, pero o pararme a pensar que música lle gustaría a Coelho, sen dúbida, véñenme os Beatles a cabeza. Non imaxino a Paulo escoitando os Rollings ou a Pink Floyd, é máis, se así fora, escribiria outras cousas e de outro xeito.

    Comentario de derrota hace 4 años y 51 meses

  10. En el reportaje del semanal hubo una cosa que me llamó la atención, aplicandome con mala leche y "resentimiento" nietcheano. El tipo va de místico y tira con arco en una finca maravillosa en Lourdes, y, atención al detale, ¡ corta el cesped en una máquina- tractorcillo! ¿Porqué no compartir el acto, con la pequeña hierba, el pequeño topo y el amigo sol, o lluvia, o viento, cortándola a mano? Ay que perdidos andan los demás pensara Paulo

    Comentario de Babel hace 4 años y 51 meses

  11. Alédome de que esteades tomando decisións intelixentes ao respecto de como orientar as mesas de traballo, ou como non-curtar o céspede. Estou emocionado.

    Comentario de Francisco Castro hace 4 años y 51 meses

  12. Para o seu consolo, se é que lle serve, que saiba que hai pouco descobrin con absoluto horror que Jimenez Losantos e máis eu coincidimos ponto por ponto nas opinións sobre os varios libros dunha autora de novela negra particularmente apreciada por min. Ponto por ponto. Non queira saber o disgusto que levei e que ainda sinto cando recordo o tema.

    Comentario de Nona hace 4 años y 51 meses

  13. Son cousas que pasan. Algún día alguén asumirá unha tese de doutoramento sobre este tipo de asuntos. Como é posible que algunhas persoas, claramente, imos dicir, disparatadas, poidan ter gustos estéticos tan excelsos. Para os antropólogos.

    Comentario de Francisco Castro hace 4 años y 51 meses


Recordar datos


A CANCIÓN DO NÁUFRAGO © Todos os dereitos reservados ao autor
Sindica este sitio usando: RSS 1.0, RSS 2.0, Atom.
Esta bitácora mantense con Bitacoræ.
LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009