Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A CANCIÓN DO NÁUFRAGO

Blog do escritor Francisco Castro

O DEREITO A NON LER

Estamos mantendo un debate que está dando para moito.
Algúns dos participantes fala de que o importante é ler, sexa en galego ou en calquera outro idioma.
De primeiras, estou de acordo, claro. Pero a nós, como cultura minorizada, tócanos facer un esforzo suplementario por fomentar a lectura no noso idioma.
Mais iso agora non é o que quero dicir.
Senón que hai quen mantén que non pasa nada se non se le nada de nada.
Non podo estar máis en desacordo. Sobre todo cando se compara o gusto pola lectura coa afección ao fútbol.

Referencias

Dirección para referencias

  1. [...] sobre o dereito a non ler . Este no é o primeiro que afirma que non pasa nada por non facelo. Dende que tropecei có decálogo de Pennac a miña vida non voltou ser a mesma. Salvo excepcións, os meus habitos e manías lectoras: - Non remato ni [...]

    Referencia de Endurance » O dereito a non escribir hace 2 años y 32 meses

Comentarios

  1. Estoy completamente en desacuerdo con los que dicen que no hay que leer. La formación y la cultura de una persona no se conciben sin leer, incluso auque no sea libros de alta calidad, incluso aunque se trate de una persona que por desgracia no pudo estudiar ( aún los tenemos entre nuestros mayores) y que lea con dificultad, es bueno que lea aunque sea novelas, que se yo, de Estefanía,. Porque la lectura y la expresión escrita ayuda a estructurar la mente, a pensar, incluso sobre nuestras propias cosas con claridad.
    A modo de ejemplo recuerdo un artículo magnifico en "Dirigido por" en el que se relacionaba el declive del cine americano, desde su época clásica a la pérdida del hábito por la lectura que se había producido en USA desde la aparición de la televisión, auqnue opino que es extrapolable a otros países. Así decía que muchos jóvenes americanos eran incapaces de entender la estructura narrativa de peliculas de los ´ños 30, 40 y 50, basadas en flash-back, fundidos, elipsis y de ahí que cada vez se tuviera que hacer un cine más simple y pobre para ellos; todo ello argumentaban se debía a que en esa época ( antes de la tv) el publico leia bastante aunque fueran cosas sencillas y esra capaz de comprender cosas mas elaboradas.

    Comentario de Babel hace 2 años y 32 meses

  2. Absolutamente certo. De feito, os nenos de hoxe, por causa dos videoxogos moi especialmente, son incapaces de manter durante moito tempo a atención. Os profesores están fartos de constatalo. E xa hai estudios sobre os déficits de atención das novas xeracións. Iso, claro, afecta ao cine, e afectará tamén aos libros. Ler implica concentración, acougo, estar quietos. De cada día élles máis difícil manter esa quietude necesaria para a lectura. Para ver repetidos infinitamente os goles de Raúl, desde logo, non é necesario.

    Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 32 meses


  3. Ben, eu comecei a ler porque na casa non podía ver a tele. En serio, un día abrín A illa do tesouro, e ata hoxe. A verdade, teño un sobriño de 13 anos, e que a maioria dos rapaces di que os libros son un "coñazo", e se pasan a tarde coa Playstation version plateada matando a base de labazadas a monstros que nos invaden do espacio exterior - este é un dos xogos máis suaves. Un día comecei a relatarlle polo miudo certas anécdotas de A máquina do Tempo, de Wells, como todos os cultos lectores deste amicable blog saben, e para o meu abraio, o chaval, quedou fascinado. Dinlle o libro, e ver, se o remata antes de que as clases o torturen sen lle premer o botón do joystick - ¿pau de xogo?.

    Non, lese ben pouco entre os chavales. Algúns ata descoñecen quen é Gabriel Garcia Márquez.

    Comentario de Rafael Viñó hace 2 años y 32 meses

  4. Para a maioría da xente é certo: non pasa nada por non ler. Durante séculos a xente do pobo vivía sen saber ler e mesmo sen ver un libro na súa vida.
    Pero non é así. A LECTURA (así en maiúsculas) é unha das poucas parcelas de liberdade que temos hoxe en día. Certo é que se pode aprender moito coa TV, con certos programas, pero a TV que vemos tódolos días e un instrumento programado para o consumo (fixádevos nas series españolas). O LIBRO (outra vez en maiúsculas) é unha fonte de coñecementos de milleiros de homes e mulleres de tódalas épocas.
    Tamén é certo o que di Babel do cine. Cada día dannos todo mais mastigado, antes as películas contaban algo; agora meten efectos, bombas, pelexas e a secuencia de sexo e xa esta.
    O certo é que a alguén lle interesa que pensemos pouco. Antes o fútbol era o opio do pobo. Agora temos opios para elixir.

    Comentario de venres hace 2 años y 32 meses

  5. Eu prefiro plantar na casa.

    Comentario de Rafael Viñó hace 2 años y 32 meses

  6. Sen dúbida, unha das mellores cousas que nos dan os libros é a posibilidade de vivir aventuras. Agora, os cativos vívennas noutros lugares, e iso fai que o libro perda interese para eles. O que cómpre facer é o que di Rafael Viñó: ir a falar con eles e dicirlles de tal ou taloutro libro, que son fantásticos. A min tamén me resulta de cando en vez.

    Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 32 meses

  7. Eu penso que tamén é un problema de esforzo, de esforzo mental claro. Ler un libro siñifica poñer a mente a funcionar, imaxinar a través das palabras de outros, a televisión e o cine en moitos casos dache todo mastigado, só tes que manter os ollos abertos. Por iso case todas as peliculas que se fan de novelas que xa coñeces che decepcionan, nunca é o que ti esperas por que levas contigo a bagaxe do que imaxinaches lendoa e a pelicula mostranos dun xeito evidente o que imaxinou outro, debe ser este o motivo de que os que vamos o cine nos chamen espectadores, a tua imaxinación non ten case nada quee facer, quedou fora.

    Comentario de derrota hace 2 años y 32 meses

  8. Coma sempre alguns so pensan en termos de necesidade ou non. Hai tantas cousas na vida que non son necesarias e as facemos. Eu o unico que pretendo e non facer dogma pero si apoloxia dos placeres da lectura. Pero que eu lea ou non non me fai por este feito boa ou mala persoa dende o punto de vista moral ou etico.

    Comentario de gustavo peaguda hace 2 años y 32 meses

  9. Pódese ser, en efecto, boa persoa sen ler. Moitos dos nosos maiores foron analfabetos e grandes persoas. E coñezo a moito licenciado universitario ( cando menos, na carreira algo terían que ler ) que son completos impresentables. Súmome, daquela, á apoloxía do pracer. Hai que ler por pracer. Daquela, volvemos á eterna pregunta: ¿non se carga moitas veces a escola o pracer de ler?

    Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 32 meses

  10. A cuestión da escola amólame o seu. Só porque unha lectura sexa obrigatoria xa tira para atrás. ¿Non habería que revisar a idea que existe da obrigatoriedade? ¿Por que todo o que é obrigatorio é rexeitado sen máis? Velaí un problema da sociedade moderna que non ten doada solución.
    Non sei se se me entende, pero non quero estenderme moito.

    Comentario de peke hace 2 años y 32 meses

  11. A ver. Moitos dos libros que se obrigan a ler na escola son fantásticos e serven para fomentar a lectura. En segundo de BUP obrigáronme a ler os Contos de García Márquez e alucinei. Quizais, todo sería máis sinxelo se, á hora de elaborar esas listas de lecturas obrigatorias, se tivese algo máis en conta a idoneidade da lectura. A pregunta sería: ¿vaille interesar de verdade a este moz@ este libro? ¿ou non será máis ben que fago que o lean por que a min me gustou?

    Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 32 meses

  12. Pero xa se ten en conta a idoneidade da lectura. Impartín clase de lingua e literatura durante moitos anos e vaia se tiñamos en conta a idade e os libros. Eles mesmos confesaban que tal libro ou tal outro lles gustara -a posteriori-, pero collíano de mala gana só porque era obrigatorio. Como se non houbese máis cá propia vontade; en educación iso é, case sempre, o de menos; outros teñen que decidir por ti.

    Comentario de peke hace 2 años y 32 meses


Recordar datos


A CANCIÓN DO NÁUFRAGO © Todos os dereitos reservados ao autor
Sindica este sitio usando: RSS 1.0, RSS 2.0, Atom.
Esta bitácora mantense con Bitacoræ.