Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A CANCIÓN DO NÁUFRAGO

Blog do escritor Francisco Castro

UNHA LEMBRANZA DE SUSO VAAMONDE

Leo que hai unha web dedicada ao grande Suso Vaamonde.
O meu recordo persoal de Suso é marabilloso.
Isto non o dixen nunca, pero agora, Sóltoo Para Que O Saiba Todo O Universo: eu cantei nun disco de Suso Vaamonde.
No ano 1989 ( dedicábanlle o Día das Letras a Celso Emilio ), a miña moza foi convidada por Suso para facerlle os coros nunha canción que el fixera sobre un poema inédito de Celso Emilio Ferreiro. Convidoume tamén a min. Son un músico frustrado. Daría case que todo por poderme adicar á música a tempo completo. Coido que son escritor porque non son músico. Así que maxinade a miña ledicia só polo convite de poder estar presente no estudio durante aquela noite de gravación...
Ao final, Suso debeume ler o pensamento porque me pediu que cantase tamén. E non debín desafinar moito. Ou si, pero deberon arranxalo os técnicos.
De cada vez que escoito aquel tema ( O Mozo Daniel ) de Celso Emilio Ferreiro e de Suso Vaamonde aínda me emociono recordando aquela noite fabulosa.
Escoitade a Suso Vaamonde. Sempre será un pracer.
( Seguimos cos deberes, non vos esquezades )

Referencias

Dirección para referencias

  1. [...] falei del e da súa lembranza. Moitos de nós, cando empezabamos a tomar conciencia da importancia da nosa lingua e da necesidade de falala, bebiamos na súa música. Eu, de feito, cheguei á poesía de Celso Emilio Ferreiro a partires de Suso. [...]

    Referencia de A CANCIÓN DO NÁUFRAGO hace 2 años y 29 meses

Comentarios

  1. ¡Es unha caixa de sorpresas!, ¡ e sen pasar por OT!. Tentarei escoitar ese disco.

    Comentario de Rosa Velenosa hace 2 años y 34 meses

  2. Xa estou moi medrado para que me collan na Academia de OT. Ademais, non pasaría o casting. Non queren calvos.

    Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 34 meses

  3. Compartimos moitas devocións: The Beatles, Suso Vaamonde... Preciso o teu correo electrónico para mandarche un texto. Abrazos.

    Comentario de Bretemas hace 2 años y 34 meses

  4. Eu tamén escribo por que son un músico frustrado.

    Comentario de folerpa hace 2 años y 34 meses

  5. Daquela, propoño que fagamos un grupo de música de escritores galegos que, ademais, somos músicos frustrados. Seguiríamos sendo escritores e, ademais, músicos. Ídeo pensando...

    Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 34 meses

  6. Desculpa pola mensaxe sen mensaxe anterior. Quérote informar de que tamén existe unha páxina en lembranza de Suso Vaamonde, de quen tiven a fortuna de ser bo amigo; páxina cologada na internete antes da que citas e que se atopa no meu portal www.indiredo.com.
    Aproveito para tomarme a liberdade de publicitar o teu blog no meu apartado correspondente de "faiado" onde teño unha escolma de páxinas do meu interese.
    Unha aperta desde Redondela.

    Comentario de Luís Barros hace 2 años y 29 meses

  7. Pois moitas grazas, Luis, prometo pasarme por esa páxina e lela con moita atención. Suso sempre estará na nosa lembranza. Non dubidedes en contar comigo para o que precisedes. Unha aperta.

    Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 29 meses

  8. SOIO QUERO COMENTAR QUE COÑECIN A SUSO UN ANO ANTES DA SUA MORTE,NUNHA ACTUACION QUE FIXO EN MARIN,E PARECEUME UN HOME MOI NATURAL SIN DIVISMO NINGUN,DE FEITO FOI EL O QUE INVITOU A OS VIÑOS.
    MESES MAIS TARDE TIVEN A OPORTUNIDADE DE ESTAR UNHA TARDE FALANDO CON EL DO ZEÇA AFONSO, FAUSTO, VITORINO E A MUSICA PORTUGUESA CON UN MINIMO DE COMPROMISO E TAMEN DA INDUSTRIA DISCOGRAFICA GALEGA ,A O FINAL REMATEI POR PASARLLE OS MEUS DISCOS DE EL EN VINILO, POIS EL XA NON OS TIÑA,FOI UN GRAN TIPO O SUSO.

    Comentario de ANDRES PENA hace 2 años y 28 meses

  9. Un enorme gran tipo, Andrés. Saúdos.

    Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 28 meses


Recordar datos


A CANCIÓN DO NÁUFRAGO © Todos os dereitos reservados ao autor
Sindica este sitio usando: RSS 1.0, RSS 2.0, Atom.
Esta bitácora mantense con Bitacoræ.