UNHA LEMBRANZA DE SUSO VAAMONDE
Francisco Castro - 30-08-2005 16:58:09 | Categoria: Todos os meus artigos
Leo que hai unha web dedicada ao grande Suso Vaamonde.O meu recordo persoal de Suso é marabilloso.
Isto non o dixen nunca, pero agora, Sóltoo Para Que O Saiba Todo O Universo: eu cantei nun disco de Suso Vaamonde.
No ano 1989 ( dedicábanlle o Día das Letras a Celso Emilio ), a miña moza foi convidada por Suso para facerlle os coros nunha canción que el fixera sobre un poema inédito de Celso Emilio Ferreiro. Convidoume tamén a min. Son un músico frustrado. Daría case que todo por poderme adicar á música a tempo completo. Coido que son escritor porque non son músico. Así que maxinade a miña ledicia só polo convite de poder estar presente no estudio durante aquela noite de gravación...
Ao final, Suso debeume ler o pensamento porque me pediu que cantase tamén. E non debín desafinar moito. Ou si, pero deberon arranxalo os técnicos.
De cada vez que escoito aquel tema ( O Mozo Daniel ) de Celso Emilio Ferreiro e de Suso Vaamonde aínda me emociono recordando aquela noite fabulosa.
Escoitade a Suso Vaamonde. Sempre será un pracer.
( Seguimos cos deberes, non vos esquezades )
Comentarios - Referencias (1)
Referencias
-
[...] falei del e da súa lembranza.
Moitos de nós, cando empezabamos a tomar conciencia da importancia da nosa lingua e da necesidade de falala, bebiamos na súa música. Eu, de feito, cheguei á poesía de Celso Emilio Ferreiro a partires de Suso. [...]
Referencia de A CANCIÓN DO NÁUFRAGO hace 2 años y 27 meses
Comentarios
-
¡Es unha caixa de sorpresas!, ¡ e sen pasar por OT!. Tentarei escoitar ese disco.
Comentario de Rosa Velenosa hace 2 años y 33 meses
-
Xa estou moi medrado para que me collan na Academia de OT. Ademais, non pasaría o casting. Non queren calvos.
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 33 meses
-
Compartimos moitas devocións: The Beatles, Suso Vaamonde... Preciso o teu correo electrónico para mandarche un texto. Abrazos.
Comentario de Bretemas hace 2 años y 33 meses
-
Eu tamén escribo por que son un músico frustrado.
Comentario de folerpa hace 2 años y 33 meses
-
Daquela, propoño que fagamos un grupo de música de escritores galegos que, ademais, somos músicos frustrados. Seguiríamos sendo escritores e, ademais, músicos. Ídeo pensando...
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 33 meses
-
Desculpa pola mensaxe sen mensaxe anterior. Quérote informar de que tamén existe unha páxina en lembranza de Suso Vaamonde, de quen tiven a fortuna de ser bo amigo; páxina cologada na internete antes da que citas e que se atopa no meu portal www.indiredo.com.
Aproveito para tomarme a liberdade de publicitar o teu blog no meu apartado correspondente de "faiado" onde teño unha escolma de páxinas do meu interese.
Unha aperta desde Redondela.Comentario de Luís Barros hace 2 años y 27 meses
-
Pois moitas grazas, Luis, prometo pasarme por esa páxina e lela con moita atención. Suso sempre estará na nosa lembranza. Non dubidedes en contar comigo para o que precisedes. Unha aperta.
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 27 meses
-
SOIO QUERO COMENTAR QUE COÑECIN A SUSO UN ANO ANTES DA SUA MORTE,NUNHA ACTUACION QUE FIXO EN MARIN,E PARECEUME UN HOME MOI NATURAL SIN DIVISMO NINGUN,DE FEITO FOI EL O QUE INVITOU A OS VIÑOS.
MESES MAIS TARDE TIVEN A OPORTUNIDADE DE ESTAR UNHA TARDE FALANDO CON EL DO ZEÇA AFONSO, FAUSTO, VITORINO E A MUSICA PORTUGUESA CON UN MINIMO DE COMPROMISO E TAMEN DA INDUSTRIA DISCOGRAFICA GALEGA ,A O FINAL REMATEI POR PASARLLE OS MEUS DISCOS DE EL EN VINILO, POIS EL XA NON OS TIÑA,FOI UN GRAN TIPO O SUSO.Comentario de ANDRES PENA hace 2 años y 27 meses
-
Un enorme gran tipo, Andrés. Saúdos.
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 27 meses