¿COMO FACER PARA QUE LEAN MÁIS? ( QUEDA ABERTO O DEBATE )
Abro hoxe e aquí un debate á procura de ideas vosas e miñas para responder a esa pregunta que, seica, nos tortura a algúns de toda a vida: que facer para que se lea máis na nosa lingua. Para que lean máis todos. Non só os moz@s. Todos sen excepción.
Obviamente, o que segue é só unha primeira aproximación. Entre os vosos comentarios e o que se me vaia ocurrindo durante os vindeiros días ( poñamos un par de semanas, por exemplo ), de certo que habemos chegar a conclusións interesantes. E espero que de valor para quen as queira utilizar.
A primeira medida ( absurda, por irreal ) para conseguir que a xente lese máis en galego sería cambiar a mentalidade do país, o que implicaría, probablemente, mudar o País enteiro. Daquela, esta medida queda desbotada.
As que veñen de seguido, van máis en serio.
- Escribir bos libros. Que a literatura galega brille. Que o traballo dos creadores sexa, como un producto artístico, seductor e interesante. Se o lector vai gastar cartos, que saiba que os inviste ben. Iso debe de ser o primeiro. Hai que deixar de ler por militancia para facelo por gusto a un autor, a unha maneira de escribir e de contar.
- Que exista unha industria do libro forte. Como a da moda, por exemplo. Os galegos consideran que o traballo dos modist@s galegos é un sinónimo de calidade. Levoulles tempo crear esa industria e transmitir esa idea que, agora, se acepta dun xeito automático. Haberá, xa que logo, que facer que entendan que hai unha industria do libro poderosa en galego ( autores, editores, etc... ), con algo bo que contar e que, polo tanto, merece o apoio dos lector@s. Aí si que o respaldo institucional vai ser determinante e fundamental.
- Implicar aos profesor@s, pero de verdade, no labor de fomento da lectura. Direino con claridade, e a quen non lle guste, que se aguante: a mellor maneira de conseguir que se odie a lectura adoita ser a obriga de ler nas clases. Libros pouco axeitados para as idades ás que se lle recomenda. Libros que non teñen ningunha clase de interese "persoal" para o lector. Libros que lle encantan ao profesor ( leuno na facultade ) pero que arrepían ( aínda que literariamente teña moito valor ) ao seu alumnado. O profesor, en definitiva, ten que demostar paixón por ler (a mesma que algúns amosan polo fútbol o luns á mañá ). E transmitilo. Nón só preocuparse de que saiban teorías literarias ( se aínda as soubesen... limítanse a repetilas o día do exame ). Como dicía Celso Emilio Ferreiro na súa famosa "oración polos parvos", pódese ir polo mundo ignorando o binomio de Newton. Pero eu, engado, coido que non se pode ir polo mundo ( a non ser que un queira ser manexado e acrítico ) sen ler. Daquela, implicar ao profesorado como aos pais. Se os pais non len na casa, ningún fillo lerá.
- Conseguir o apoio dos medios de comunicación. O libro galego segue tendo unha presenza marxinal nos medios. A cidadanía non pode percibir como importante algo que non existe nos xornais. Vén calquera escritor de fóra e dedícaselle media páxina mentres que, ás veces, preséntanse libros no noso idioma e nin sequera sae unha mísera reseña. Daquela, berremos ben forte: ¡programa de libros na Televisión de Galicia, xa!
Velaquí a primeira aproximación, escrita rápida e urxente. Agora tócavos. Eu prometo seguir pensando e contribuíndo ao debate.
Referencias
-
[...] Seguimos cos deberes, non vos esquezades )
Comentarios (0) - Referencias (0)
Referencias
Dirección para referencias
Comentarios
Nombre
Correo Electrónico
URL
Tu com [...]
Referencia de A CANCIÓN DO NÁUFRAGO hace 2 años y 33 meses
-
Debate sobre lectura en galego (o de autores galegos) e, específicamente, sobre o dereito a non ler . Este no é o primeiro que afirma que non pasa nada por non facelo. Dende que tropecei có decálogo de Pennac a miña vida non voltou ser a mesma. Salvo ...
Referencia de Endurance hace 2 años y 33 meses
Comentarios
-
As ideas están ben, pero eu teño unha dubida:¿Queremos que se lea literatura galega ou que se lea en galego? Penso que o importante é que a xente lle perda medo a ler en galego e para iso hai que darlle lecturas “fáciles”, e despois si, apoiar a literatura galega e mostrarlles que se pode pasalo ben con ela.
Unha boa idea é a da Voz que vai a regalar (tan so 1€) literatura universal e clásica en galego.
O dos profesores non sei, o problema é que a maioría son funcionarios e non mestres.
En canto ao da TV véxoo difícil. Un programa que había na 2 que era só de literatura e levaba invitados interesantes e coñecidos, Estravagario, tan só tiña un ¡1%! de audiencia, a ver que televisión aguanta iso.
Comentario de Venres hace 2 años y 33 meses
-
Acepto o matiz. Que lean en galego. Aplaudo a iniciativa de La Voz. Interesante o que dis: non é o mesmo un mestre que un profesor. E respecto do asunto da tele, o da audiencia é importante pero haberá que conseguir que, ademais, ese programa sexa ameno e interesante.
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 33 meses
-
Unha maneira de fomentar a letura é o contacto cós libros, as visitas ás bibliotecas, ser usuarios das mesmas, as actividades nelas como os Contacontos... Penso que son positivas, estas visitas están programadas na escola desde os 3 anos e todos levan un libro de préstamo para a casa escollido por eles...incluso despois os nenos levan ós seus pais a biblioteca.
Comentario de Raquel hace 2 años y 33 meses
-
Eu non quero ser mala, pero non vos comprendo. Atopei este blog de casualidade e a verdade é que as veces síntome ofendida. Lin O Código DaVinci e gustoume moito, non me perdo OT, pode que sexa un producto de gran consumo (que o é) pero tamén é a loita duns rapaces por un sono, e ademais cantan moi ben. Si non os gusta esto, ¿porque teño que loitar eu pola literatura galega?
O idioma é un ser vivo, estou de acordo, e como tal pode morrer algún día, e senón morre evoluciona. Hai que deixar que evolucione e non estar tratando de mantelo con vida artificialmente. Parecedes Luís Moyá: “Trata de arrancarlo, Carlos, por Díos”
Si a xente non le galego e non fala galego para que o queremos?
Comentario de Mara hace 2 años y 33 meses
-
Tódalas anotacións teñen partes esenciais para un bo desenrolo do idioma e tamén para fomentar a lectura da literatura galega, a xente é de costumes Mara le e fala no idioma o que lle acostumaron a falar... Certamente levo moito tempo sin poder achegarme o teu espacio Francisco e teño unha pregunta curiosa....¿por qué a sinalación do "DO" en tódolos textos?
Saúdos.Comentario de mirada hace 2 años y 33 meses
-
Penso que a tecla boa tocouna Francisco Castro na proposta orixinal desta discusión: a principal responsabilidade é dos autores e dos editores galegos. Os uns deberían escribir bos libros, os outros buscar o que a xente demanda e achegalos ó público axeitadamente. Non vale escribir ou publicar calquera cousa e queixarse porque o mercado vólvese de costas.
Milleiros de galegos, mesmo moitos que non adoitaban ler na nosa lingua, achegáronse a ela para devorar ó “Qué me queres amor” do Rivas.
Teño, a diferencia de Venres, a impresión de que o camiño para que os novos se acheguen á literatura en galego é seducilos pola escrita dos nosos narradores, non pola vía das traduccións de libros que len de xeito máis natural en castelán. ó menos mentres o mercado editorial en galego non estea consolidado.
Se os autores galegos non son quen de interesar ós lectores do seu país polo escrito no seu idioma, non semella xusto encargar esa tarefa ás traduccións de Tom Wolfe, por poñer un exemplo.
O vieiro, na miña opinión, vai dende dentro cara a fóra.
Comentario de Ababoro hace 2 años y 33 meses
-
O que eu quería dicir é que hai que a xente primeiro ten que perderlle o medo o galego. E o que di Muralla da costume. Os nenos de agora len moito en galego, aínda que sexa na escola, pero xente de 40 ou 50 en adiante non só non o le, senón que na súa xuventude o galego estaba case que prohibido. De tódolos xeitos, eso pasa tamén en castelán, ¿que porcentaxe dos libros en castelán son de autores españois e cantos traducidos?
Por certo, a min tamén me intriga os Do
Comentario de Venres hace 2 años y 33 meses
-
Eu vexo o tema así: se a xente non le en galego ós galegos, cómo se vai pretender que lexan en galego ós foráneos. As leturas en galego da escola abandóanse por falla de alicientes literarios na nosa escrita.
Os editores calquera lingua comezan por libros no seu idimoma e, ó ver que a demanda existe, arríscanse a traducir textos non escritos no seu idioma. Un bo exemplo é o mercado catalán que, tras moitos anos de publicar ós seus autores, comeza agora a “importar” libros para os seus catálogos. O exemplo de mercados editoriais como o castelán non son válidos, pois son maduros, con moitas editoriais, librarías e distribuidoras rendibles, e un mercado de millóns de potenciais consumidores.
Polo contrario, o sector editorial galego subsiste –salvo puntuais excepcións- pola férrea vontade de moitos dos editores que en calquera outro sector, co mesmo pulo emprendedor e a metade de ilusión e horas de traballo, terían todos eles iate e chalé na praia.
Comentario de ababoro hace 2 años y 33 meses
-
Penso que tamén habería que lograr unha maior e mellor presenza do libro galego e en galego nas librerías. Os libros na nosa lingua adoitan estar todos xuntos nos andeis de "literatura galega" sexan novelas, poemarios ou libros de cociña ou guías turísticas. É dicir, non teñen un sitio "normal" no local na maior parte dos casos e mesmo.
O lugar que ocupan no escaparate é mínimo. Tamén aquí entra o traballo das nosas editoriais. Hai un tempo pasaba eu por unha librería viguesa e atopei nun recanto, medio agachado, o libro Galicia, Galicia de M. Rivas publicado por Xerais. Un pouco máis tarde esa mesma obra apareceu en castelán. Pois esa mesma librería colocou unha morea de exemplares en castelán no centro do escaparate resaltándoo ademáis con carteis ben grandes feitos pola editorial.
Dicía o dono da librería Andel, de Vigo, que a súa era unha librería "excepcional" (está especializada en libro galego e portugués) cando lugares así deberían ser un pouco máis habituais.
Cando menos, que o libro na nosa lingua teña nas librerías o mesmo trato có libro en castelán, non o de libro en lingua estranxeira.Comentario de Xosé Ramón hace 2 años y 33 meses
-
Unha posibilidade que eu puxen en práctica -dá moito traballo, que conste- é dar unha lista ampla de libros posibles e permitirlles que eles escollan os que queren ler. Cómpre dicirlles de que vai cada un e lerlles algún fragmento, "venderlles" o produto con certo entusiasmo, sempre tendo en conta a idade dos lectores. Ás veces flipas coas cousas que lles gustan, pero aí radica o quid do asunto, na variedade. Adoita dar bos resultados, case sempre len con ganas e discútenche argumentos que poidas dar a favor ou en contra. Apúntoo como unha posibilidade. Sqaber que gozan de certa liberdade case sempre os anima a ler con máis gusto.
Comentario de peke hace 2 años y 33 meses
-
Non sqaber: saber quixen poñer.
Comentario de peke hace 2 años y 33 meses
-
a escola. En canto o seu papel creo que hoxe esta sobrevalorado. Hoxe a escola parece ser a resposta os problemas que adolece a sociedade. Explicome. Hoxe a escola pideselle que ensine dende coma limparse os dentes ata a como contar as silabas dun soneto. O papel dos mestres debe limitarse a abrirlles os ollos a literatura. Basta xa de parnasos literarios ! Hai moitos aspirantes a Harold Bloom. Que cada un se fago o seu propio parnaso para o cal so necesita que te ensinen a ler.
Tamen habra que facer unha critica ¿ a xeracion de mestres e profesores de lingua e lteratura galega mais comprometida da historia so deu lugar a bos escritores?. Para debater
A bibliotecas. Hai que convertirlas en lugares atractivos pero de ahi ata convertilas nun circo hai unha longa distancia. A lectura é un acto puramente onanista, o demais é conversa.
A television. Un consello se quere facer un programa serio non se pode imitar o modelo da 2. O modelo de tertulia de amigotes. Un exemplo extremo. Querian falar de literatura canaria. e os invitados eran fernando delgado e juan cruz. Incrible! Respecto a este programa eu escribin un carta o diario o pais que non publicaron dicindo que os escritores galegos non debian ir moito de copas en Madrid e reinvidicando aunque foran unhos minutos a Lorenzo Varela porque parecia que os unicos exiliados foran cernuda e alberti.
A calidade das obra galegas ¿ hoxe en dia podese manter aquelo que decía Carballo Calero da literatura galega que el estudara " e unha literatura non moi boa?. sen ser un critico eu creo que non.
Conclusion: Hai que ter cos libros unha relacion de amantes e non de matrimonio en crise.
Comentario de gustavo peaguda hace 2 años y 33 meses
-
A teoria das espinacas:
Pode ser que o que alonxa ós galegos que lles gusta ler (os outros son fariña doutro costal de doutra receita) dos libros en galego, sexa a consecuencia das tentativas de rexurdimento que nas décadas dos setenta e oitenta se levaron a cabo. Coido que aquel aire excesivamente militante e intelectual espantou á xente sinxela( que tamén lé, e fe feito é o mercado real), duns libros cheos de consignas e verbas de diccionario que semellaban ter sido escritos pra un gueto que se realimentaba a él mesmo. E pode ser que pra rescatar ó galego do olvido( que non da morte e do respirador automático, ¡meu Deus que apocalíptico!) tamén se quixera esquecer demasiado axiña ós que o usaban de cotio ata o de entón e seguen a usar; a xente do rural con tódolos seus vicios linguisticos. De súpeto, despois de décadas nos que se dicia que o galego era de ignorantes outros viñan e se facían donos do idioma deixando ós que o falaran de sempre cun palmo de narices e o complexo de que na realidade nin o sabían falar nin escribir do xeito correcto. Todo isto ca mellor das intencions, pero non calou, á vista está.
De tódolos xeitos coido que últimamente iso ten cambiado algo, a linguaxe literatira ten tomado xiros da rua, e a temática das historias e máis diversa. Hai que ter en conta que un libro se lee por gusto, en principio, e os gustos e capacidades intelectuais son tan diversos coma seres humans hai nesta terra. Coido que hai que ser máis tolerantes, e inda que a todos non gustaría que en galego só se escribisen obras mestras, unha lingua pra estar san ten que ter libros pra todos, e traduccións, e debate. Normalizar. Hai xente que lle gusta ler ( e isto vai escocer) cousas como o Codigo Da Vinci (¡vaia, vaia co derradeiro que se sabe do seu autor), e hai xente que gusta das novela de amor, libros de ciencia-ficción, aventuras, eróticos, de terror, ou algo que sexan quen de dixerir. E de todo iso hai. Pero non se achega xeito correcto ó publico, aínda pesa o aquel de que todo o escrito en galego é moi intelectual e complicado. Coido que nese eido os creadores de comic si que están a facer o posible pra romper moldes, xa non todo son fragas encantadas, nin exaltacións a Castelao, nin contos da Santa Compaña, agora todo ten cabida; super heroes, tias boas, e mesmo unhas cagarrutas que falan e uns mocos moi espelidos. Hai que desmitificar. Normalizar.
As espinacas teñen moito ferro e vitaminas pero se non che gustan ó natural por moito que che digan que están boisimas non vai a haber ninguén que che faga comelas. Consello de nai. Proba cunha nova receita, roliños de espinacas á crema gratinadas con queixo. A lo menos anas catar, e mesmo pode que lle collan o gusto. Leer e rascar todo é comezar.Comentario de Rosa Velenosa hace 2 años y 33 meses
-
Ola a todos. Botei fóra a fin de semana: Estou feliz deste debate. Contestarei a todos nuns minutos. Mentres tanto, para os curiosos: se sae un DO en roxo no blog é porque accededes a el desde o Google. O buscador ten a culpa. ¿Por que pasa? Nin idea. Se tecleades o enderezo do blog non pasa iso. Espero.
Comentario de Francisco Castro (sobre o DO ) hace 2 años y 33 meses
-
Os contacontos. Por suposto. Que os nenos entendan que as boas historias non só llas contan na play ou na tele.
Se alguén se sente ofendido polas críticas a O Codigo, que entenda que non me refiro ás persoas que o len. Faltaría máis. Falo da literatura de laboratorio feita para se converter en best seller. Só iso.
Os mestres: está claro e redundo. Que lles fagan sentir paixón polo literario.
E normalizar. Que toda a sociedade entenda que o galego non é só cousa de mestres e de votantes nacionalistas ( lede o magnífico ensaio, en Xerais, de Ana Iglesias. "¿Falar galego?. No veo por que". Ese topicazo segue aí.Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 33 meses
-
¿por qué seguimos con hablar esto, hablar lo otro? claro que está bien hablar gallego. Y inglés, que nos sirve para que nos entiendan por el mundo adelante. Y chino que parece ser el idioma del futuro. Pero claro, tenemos una capacidad y unas limitaciones y quiza no podamos aprender 5 idiomas ¿Entonces cuál o cuales elegimos?
Mi opinión personal es que preferiría que a mis hijos les enseñaran para que al salir de la ESO dominaran el inglés perfectamente. De que hablaran gallego ya me ocuparía yo y el entorno. Creo que el mundo está cambiando mucho y aquí seguimos con provincianismos y demás, unos van camino del siglo XXI y otros del XIX. Todos mis respetos para cualquier lengua, pero no hagamos de la reivindicación y la "obligación" de hablar alguna de ellas el faro de nuestras vidas. Han existido muchas lenguas a lo largo de la historia, unas han sobrevivido y otras no, vease el sumerio y el arameo,o cualquier otra, unas nacen y otras mueren, como todo, es la historia y las civilizaciones y las culturas lo que la determinan, por lo que creo que debemos desdramatizar todo esto un poco y ver lo que más nos conviene y nos interesa ¿ no creeis?Comentario de Babel hace 2 años y 33 meses
-
Ten que ser polo que dí Babel que ese conto do neno mago vaise publicar en inglés aqui en España e Galicia. As reservas xa se contan por milleiros. E que hoxe en dia nas casas falase moito galego, por iso se mercan os libros en inglés.
Comentario de Rosa Velenosa hace 2 años y 33 meses
-
Más alla de las ironías, que no del bien y del mal, no acabo de encontrar ningún argumento en las palabras de la querida Rosa Velenosa, aunque la verdad, no veo que problema hay en que se disponga de cualquier libro en todos los idiomas que tengan demanda; pero si es por contar el número de libros que se publican, está claro que el que gana no es el gallego ni el inglés en nuestras librerías, auqnue claro, de eso trata el debate. En realidad tan solo quería transmitir que se desdramatice un poco todo esto y que lo importante es leer, da igual el idioma, y que la enseñanza de idiomas se debería enfocar a la practicidad, supongo que al igual que se dan matemáticas, biología o historia enfocandola a formar personas.
Comentario de Babel hace 2 años y 33 meses
-
Acepto parte desa argumentación: o importante é ler. Pero hai quen mantén que non pasa nada por non ler. Remítovos ao meu comentario de hoxe.
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 33 meses
-
O argumento é que hai libros que se mercan pra estar a "última", como por pantalons pirata ou camisetas cunha folla de marihuana no peito. Non se entenden, pero molan. Estou dacordo que o importante é ler sexa no idioma que sexa. Tal vez o que deban facer as editoriais galegas e probar cun pouco de marketing salvaxe.
Comentario de Rosa Velenosa hace 2 años y 33 meses