Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A CANCIÓN DO NÁUFRAGO

Blog do escritor Francisco Castro

UNHA IDEA PARA OS EDITORES GALEGOS

O sábado comeza a Volta Ciclista a España e a Federación de Gremios de Editores de España van regalarlle, a cada vencedor de etapa, libros de Delibes e de García Márquez, entre outros. A idea é, por suposto, que o libro se vexa e que aos afeccionados ao ciclismo se lles pegue o suposto interese dos seus heroes polos libros e a lectura.
Velaquí vén a miña idea para os editores galegos:
Terían que conseguir algunha clase de acordo co Celta e co Dépor para que os futbolistas, ademais de coa gorra marca Nike e outras publicidades correspondentes, se deixasen ver en público cun libro galego.
Sabémolo: os moz@s queren ser coma os futbolistas ( non, desde logo, ai, coma os escritores ). Imitan os seus peiteados, os seus acenos e, o que máis importa, os seus comportamentos. Se os futbolistas andasen cun libro debaixo do brazo ( ademais do móbil e o MP3 ), quizais a alguén se lle pegase algo, tamén, coma no caso dos ciclistas. A rapazada diría: ostras, os futbolistas len, que interesante, eu tamén quero.
( Aínda que alguén podería contraargumentar dicindo: a ver, machiño, que o Celta e o Dépor pasan atleticamente do asunto do idioma e da cultura galegas, co ben enorme que poderían facer de implicarse máis... Deixo a un lado, por suposto, a conducta exemplarizante de Fernando Vázquez, adestrador do Celta, que sempre se expresa en galego cos xornalistas... logo, os periodistas, pasan as súas declaracións ao castelán ¡nos periódicos galegos! )
En fin, que o pensen.

Referencias

Dirección para referencias

  1. [...] prometido é débeda. Abro hoxe e aquí un debate á procura de ideas vosas e miñas para responder a esa pregunta que, seica, nos tortua a algúns de toda a vida: que facer para que se lean máis na nosa lingua. Para que lean máis todos. Non só [...]

    Referencia de A CANCIÓN DO NÁUFRAGO hace 2 años y 33 meses

Comentarios

  1. Hai vai outra idea porque non se fala coas denominacions de orixe dos viños galegos é que regalen un libro por cada botella ou viceversa no caso de lectores reincidentes. En Italia nas librerias Mondadori regalanche co libro productos de cosmetica.

    Pero hai que ter coidado, en ourense unha asociacion de comerciantes estan facendo unha campaña de animacion a lectura. regalanche un abano no que aparecen citas de dous best-sellers, un reiterado Codigo Da Vinci. Coma se necesitaran mais publicidade.
    Por certo creo que hai que felicitar a Gadis por incluir un poema de Loenzo Varela nas suas bolsas. Por algunha vez a poesia non é para minorias.

    Comentario de gustavo peaguda hace 2 años y 33 meses

  2. Pois si, como vemos, as posibilidades son infinitas. En Tenerife, onde estiven en Xullo, os autobuses urbanos están cheos de fragmentos de historias de narradores locais. Ao mudar de autobús, vas seguindo a historia. E, por suposto, parabéns para Gadis polo de Lorenzo Varela.

    Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 33 meses

  3. ¿E porque esa idea de que todo o mundo ten que axudar á literatura? ¿Porque os do Celta e o Depor non apoian á música celta? ¿Porque os da Volta non lle dan aos corredores un tarro de mel, que tamén están en crise?
    Xa están ben de chorar:”Queremos subvencións, queremos axudas, queremos apoios”
    Quizais o problema sexa do profesorado que non saben facer que os rapaces encontren na literatura algo que lles interese, o dos editores que non saben vender os seus productos.

    Comentario de Mara hace 2 años y 33 meses

  4. En parte tes razon no referente as subvencions que non arranxan nada. Eu que son avogado en Ourense hai mais de 1200 tamen pido que me subvencionen para poder competir cos demais. Pero outra cousa é animar as personas a que vexan nos libros e na lectura un actividade gratificante e que pode servirlles para entender aunque sexa un pouco a vida e ademais coma díce Julien Gracq " a literatura é esencialmente unbo tema de conversación"

    Comentario de gustavo peaguda hace 2 años y 33 meses

  5. A ver. Eu non falei aquí de subvencións. Que conste.
    Ademais: comparto esa idea de axudar tamén á música. Falei dos libros, pero podería facerse máis grande a idea engadíndolle as outras formas de arte galega ( e, xa que estamos, ben que se apoia á moda galega desde todas partes, ¿non é? ).
    Ao respecto dos profesores, eu xa falei diso, é comparto só parte da crítica. Dixen que o profesorado non le. Iso paréceme máis grave que o feito de que non animen a ler. Seguro que o fan. Outra cousa é que serva para algo ou, directamente, que o camiño máis curto para que os rapaz@s odien ler sexa o sistema educativo. Estou convencido diso. Prometo mañá mesmo abrir un debate sobre isto.

    Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 33 meses


Recordar datos


A CANCIÓN DO NÁUFRAGO © Todos os dereitos reservados ao autor
Sindica este sitio usando: RSS 1.0, RSS 2.0, Atom.
Esta bitácora mantense con Bitacoræ.