Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A CANCIÓN DO NÁUFRAGO

Blog do escritor Francisco Castro

QUE LEAN COMICS

Aproveitando a inauguración do salón Viñetas Desde O Atlántico, na Coruña, os debuxantes aproveitaron - e fan ben - para reclamar apoio para sair do gueto editorial. Lembraron o que xa sabemos e sempre esquecemos: que en Galicia hai debuxantes moi bos, e que triunfan máis fóra que Aquí. O De sempre.
Eu, xa o dixen mil veces, lin moreas de comics cando neno. E teño un cativo de nove anos que, ademais de disfrutar, poño por caso, con Agustín Fernández Paz ( como está agora ), le, e moito, a Mortadelo y Filemón. E Asterix. E Tintín. E xa lle metín na habitación a Mafalda enteira, a miña vella colección tan querida para cando poida entendela...
Fíxenme lector, en parte, así. E de certo que a el tamén vai darlle resultado.
O problema é que case que non hai productos en galego. Mentres existiu Golfiño, a revista que regalaba La Voz de Galicia cada domingo, o meu neno desesperábase porque chegase o día para ir comigo a mercar o xornal e sentar a ler as aventuras de Fiz, ou de Tom, ou de Xiana e de todos os demais. Algunhas desas historias despois editáronse como libros e témolas na casa. Pero non abonda.
De todo o que dixeron os debuxantes asinamos todo. Agás cando dixeron iso de que queren que o cómic teña a mesma valoración social que a poesía ou a narrativa.
Síntovolo moito, irmáns, pero neste País noso, a valoración social, como moito, téñena os xogadores de fútbol. Non os poetas nin os narradores. E así nos vai.

Referencias

Dirección para referencias

Comentarios

  1. A miña aboa sempre dixo que eu aprendera a ler cos “tebeos”, xa sabes: Zipi y Zape, Mortadelo y Filemón, El capitán Trueno, etc.. E é lóxico que os nenos aprendan a ler con esas cousas e non co último de Francisco Castro, por exemplo.
    Gustaríame saber por que os da Voz retiraron o Golfiño, meus fillos tamén mos quitaban das mans cando mercaba o periódico os domingos.

    Comentario de Venres hace 2 años y 33 meses


Recordar datos


A CANCIÓN DO NÁUFRAGO © Todos os dereitos reservados ao autor
Sindica este sitio usando: RSS 1.0, RSS 2.0, Atom.
Esta bitácora mantense con Bitacoræ.