CADA VEZ MÁIS BURROS
Francisco Castro - 19-08-2005 09:42:32 | Categoria: Todos os meus artigos
Un informe indica que medra o número de españois que nunca collen un libro.Así como soa ( paréceme alucinante que alguén se atreva a declarar tal cousa, a recoñecer publicamente tal comportamento; aí hai que disimular, home, por favor, non se debe ir, nunca, facendo loubanza da propia incultura. A non ser, claro, que un milite nalgún partido fascista ). O mesmo informe ( non sei que me dá máis medo ) di que o libro máis vendido do ano pasado foi, como non, El Código da Vinci, mentres que El Quijote, a pesares dos esforzos institucionais, só chegou a un tristeiro sétimo posto.
Por outra banda, na miña cidade xa case que hai tantas tendas para tunear o coche, que bibliotecas.
Esa é a realidade. Que os profetas tiren as súas conclusións. Cada vez máis burros. Pero máis entregados aos coches, aos ximnasios ( ¿que haberá máis, carnets de biblioteca ou de ximnasio ? ), a OT, a GH e á estupidez.
Comentarios - Referencias (0)
Referencias
Comentarios
-
Precisamente unha das que presumía de non ter lido un libro na súa vida era a muller do Beckam, o que non sorprende a ninguén. O peor é que nos últimos días escoitei dicir iso a un par de persoas: “Eu nunca lin un libro” E se quedan tan anchos, como dicindo:”E non penso ler na miña vida”
O peor é que a moita (demasiada) xente iso non lle sorprende nin os asusta.
Á xente queda sorprendida por outras cousas: si non tes móbil, si non coñeces os “triunfitos”,...cousas así.
Por desgracia a maioría da xente ten moitas prioridades antes ca lectura.
A resposta mais lóxica á frase “eu nunca lin un libro” é “eu tampouco”
Comentario de Venres hace 2 años y 33 meses
-
No andar de móveis de El Cortes Ingles, nos anos 80, colocavam nos estantes e prateleiras livros de imitação, feitos com cartão, baleiros por dentro. Por exemplo, eu conheci a Máximo Gorki (não gosto, mas era algo) por esse sistema: "La madre", oco, repetido, estava em muitos dos armarios da secção. Agora, para encher os estantes põem figuretas e plantas de plástico. Nem como decoração servem os livros, nem sua imitação.
Comentario de jlombardeiro hace 2 años y 33 meses
-
Independentemente de que non servan xa nin para decorar ( cantas veces oímos aquelo da señora que mercaba libros coa tapa de tal cor para decorar no salón ), o máis grave é que estou convencido de que a meirande parte da xente que non lé, tampouco entende o por que do noso abraio. Pensarán algo así como: ¿pero que é o que che parece mal disto?, ¿por que é grave non ler?, ¿que che pasa, mamalón? Ademais, eu leo o Marca.
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 33 meses
-
Fai un mes, xa o o veran pasado tamen o fixera, mandei unha carta o director o xornal de Ourense denunciando para min un feito sintomatico da nosa realidade na que vivimos. Os consumidores reclaman que os centros comerciais esten abertos todo ó día eu reclamaba outra cousa. Non a publicaron nin este nin o anterior.
O horario da biblioteca pública.
Se o hospital estivera abertó só polas mañas durante tres meses ¿Qué sucedería?. Se a policía traballará só polas mañas durante tres meses ¿Qué sucedería?.Se houbera agua e luz só polas mañas durante tres meses ¿Qué sucedería?.Se os supermercados e bares estiveran abertos só polas mañas durante tres meses ¿Qué sucedería?.Se as fabricas e os traballadores da contrucción so traballaran polas mañas durante tres meses. ¿Qué su-cedería?. Se os curas diran misa só polas mañas durante tres meses ¿ Que sucedería?. Se as farmacias estiveran abertas só polas mañas durante tres meses ¿Qué sucedería?. Se os bombeiros apagaran só lumes polas mañas durante tres meses ¿Qué sucedería?. A biblioteca publica de Ourense durante tres meses só abre polas mañás ¿ Que sucede?. Nada a fin do cabo só son libros.
Comentario de gustavo peaguda hace 2 años y 33 meses
-
Gustavo. Xenial. Aquí si a publicamos.
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 33 meses
-
O respeito do que contas, creo que non é un problema so de Galicia ou de España,senon que é de toda Europa. Pudeno comprobar a pequena escala nas miñas vacacións na illa de Fuerteventura. No meu hotel onde a maioría dos hóspedes eran alemans, ata que nun determinado momento chegaron os berros de "Carlitos ¿quieres merendar?" e o unicos galegos eramos a miña compañeira e eu e un camareiro que nada máis pedir no bar una xenebra con naranxa preguntoume " Galego de onde? e eu timidamente reposteille de" Ourense" e el dixome " Eu son de Noia" obserevei que a suas lecturas foran os libros de Musil, Broch,Brecht, Berhand, Os poetas expresionistas alemans, Handke senon que eran o Codigo da Viinci e demais. Por iso que parodiando o poeta esloveno Kosovel " Dalle viño a cultura/para que trouse o seu lixo".
Comentario de gustavo peaguda hace 2 años y 33 meses
-
Eu non concibo unha vida sen libros. E unha infancia sen eles, menos ainda. Pero o certo é que eles o perden.
Por outro lado, tampouco hai que esaxerar: no meu traballo abrimos só polas mañás e non vai de libros (por desgraza).
Por certo, mesmo os bancos abren só pola mañá...
O outro día, curioseaba nunha librería dunha vila galega (ogallá houbera unha parecida no sitio onde vivo) e dúas mozas ben novas (non máis de 20 anos) ó meu carón repasaban a obra de Auster: apenas lles quedaban un par de títulos por ler deste autor.
Por outra parte, penso que o que máis cambiou foi que agora xa non é que agora case ninguén sinte vergoña por non ler un libro nunca. Pero cando eu era nena, tamén había moita xente que non lía xamáis. A diferencia era que nunca o contaban eles e, cando alguén o revelaba, mudáballes a cor da cara.Comentario de Hai Cada hace 2 años y 33 meses
-
O importante é chegar os libros. Non importa cando. O meu avo que era un campesiño empezou a ler de moi maior. No ultimo tempo no que a sua sordeira era total o unico que facia era ler. Mandabame comprar libros de historia. Gostabanlle moitos os libros sobre Exipto e aqueles que trataban sobra a guerra. El cando ia o eido a mais da ferramenta levaba o seu libro. Asi cando descansaba ía a sua caseta e ali atopabas co seu libro. Incluso cando ingresaba no hospital habia que levarlle libros.
Comentario de gustavo peaguda hace 2 años y 33 meses
-
Pero cada vez queda menos xente así. Antes, en especial para a xente que sabía que non tiña un acceso doado á cultura, os libros eran case que sagrados, e posuílos un valor engadido ás casas. Agora, hai quen pensa que tendo a Encarta xa ten todo o necesario.
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 33 meses
-
Pero a historia mais bonita do meu avo era que tiña un Quixote sen a primeira paxina. Perderana un día que fora o eido. Aun así ainda seguia a ler o libro.
Comentario de gustavo peaguda hace 2 años y 33 meses
-
A hsitoria non só é bonita. É que, incluso, ten un punto máxico. Perder a primeira páxina do Quijote, é dicir, a fundacional da novela moderna, todo aquilo do lugar da Mancha etc... iso é, tamén, moi novelesco.
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 33 meses