GLORIA FUERTES E OPERACIÓN TRIUNFO
Francisco Castro - 14-08-2005 00:40:59 | Categoria: Todos os meus artigos
Operación Triunfo volve ser líder de audiencia.A media é de 4'8 millóns de persoas por programa.
O que me interesa destacar é que moitos deses especatadores son nenos. Xa se sabe: durante o curso non poden ver a tele e agora, no verán, deciden eles. E os cativ@s gostan desa telerealidade musical tan penosa.
Os que estamos preto dos corenta anos tamén medramos diante da televisión. Niso non somos diferentes.
Teño, por exemplo, un recordo moi nídio de "Un globo, dos globos, tres globos". Recordo perfectamente o primeiro día que vin ese programa, en branco e negro, na vella televisión dos meus pais que funcionaba a base de labazadas.
Pois ben, nese programa ( que durou ben de anos ), traballou, durante moito tempo ( de certo que moitos a lembrades ), Gloria Fuertes.
Hoxe soaría surrealista, pero ela dedicábase a facer e a recitar poesías aos cativos. Nun programa infantil, había un espazo para a poesía. ¿Que vos parece?, ¿chegarían a crelo os mozos de hoxe en día se llo contaramos?
Comentarios - Referencias (0)
Referencias
Comentarios
-
O inquietante do assunto, para mim, é que a rapazada que participa em OT, falo dos aspirantes a cantantes, dizem de eles próprios que fazem poesia, que fazem arte -y olé- e, claro, os cativos que tal miram hoje pois dentro duns anos mesmo associarám arte, ou qualidade, a Bustamente. E aqui há uma involução clara (e algo apontavas ti em Xeración Perdida: no colegio, em EGB, passavamos de mão em mão as fitas de AC/DC, Kiss, Alan Parson... eu gostava de Van Morrison e já era para a aula quase um minhajoia. E a mim essa fita também ma deram. Ao que vou, pareceria-nos ridículo, seria impensavel, por acaramelado, por mau, que alguém chegara cuma fita de Luis Miguel, ou cousa assi, que é o equivalente do que os de OT agora cantam. Pois os de OT hoje vendem principalmente entre a mocidade, e essa mocidade acha que compra poesia. Será que aqui todos vamos velhos.
Comentario de jmlombardeiro hace 2 años y 33 meses
-
Ben, creo que ven sendo máis lamentable o caso do reaggeton. Eu tamén lembro - e teño a edade de cristo menos un mes- un globo dos globos, tres globos, la luna es un globo que se me escapó, e a Gloria Fuertes, que me axudou a ver a poesía como algo natural, e ata divertido. OT é penoso, pura operación de marquetin. Eu medrei con Sabadadabada, tres dos uno contacto, e La Bola de Cristal -aunténtico caldo de cultivo. Lembro Radio 3, Radio Noroeste (aínda soño con ela), cando a música era algo máis ca catro imberbes chorando por ser famosos, con Siniestro Total - las tetas de tu novia, la caca de colores, bailaré sobre tu tumba ...-, Germán Coppini, Los Ilelegales, tan irreverentes, Los enemigos, Panzer, os primeiros discos de Saxon, Rainbow, Radio Océano desde a Terra Chá, Goma 2, Def con Dos, Leño... non sei dame a impresión de que a música significaba algo máis, un xeito de vida, de implicarse co mundo. Hoxe todo soa demasiado baleiro, carente de significados afectivos. Ou quizais sexa eu quen non entanda tanta trapallada.
Mentras queden catro ou cinco escritores que lembren quenes somos tudo vai ben.Comentario de Rafael Viñó hace 2 años y 33 meses
-
Tenemos que pensar que la tele, eso que podria ser el mas maravillosos invento cultural que congregaría a cientos de millones de personas del mundo ( aunque no estoy pensando en algo aburrido y plúmbeo sino en un cine de cierta calidad, clásicos, series, programas de debate adecuados en el que cuanta más algarabía mejor etc), se ha convertido, al menos en nuestro país en el refugio de las clases menos favorecidas para que los poderosos han pensado que podría ser el nuevo opio. Dirigen la mayoria de los productos a personas de bajo nivel cultural con mucho tiempo libre ( descgraciadamente a pesar suyo), amas de casa que se aburren y nuevas generaciones de Consumo - con todo el respeto por estos colectivos, que son ls víctimas.
Hoy si quieres television de un mínimo de claidad, el plan que han urdido es que la pagues. No, si son listos todos estos. Hemos pasado de la trinidad al Unico, ya no hay más poder fáctico que el Dinero, si aque poderosos caballero.Comentario de jim hace 2 años y 33 meses
-
Antes, pasábanse as cintas de man en man, certo, e a sensación que tiñamos naquela afastada adolescencia, era de que estabamos accedendo a algo "sagrado", aínda que fose, como de feito era, algo actual, que estaba acontecendo. Pero había unha certa sensación de rebeldía no consumo desa música mentres que, agora, o consumo desa música é, precisamente, aceptación do etablecido. Tamén é certo que a televisión, agora, é só consumo. E a rapazada, máis que nunca, consume dunha maneira compulsiva. A tele súmase a iso. Gústame, de todo o que comentades, o que dicides de que cando menos, se hai catro ou cinco escritores que lembren quen somos, pois que tudo vai ben. Si. Que lembren o que somos. Porque isto que conta a televisión, de certo, iso non o somos.
E eu tamén me lembro moito de Radio Noroeste ( de feito, fixen pinitos radiofónicos por alí aos meus decetantos )Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 33 meses
-
Fala unha ama de casa a tempo parcial que de vez en cando se aburre e que inda por riba non ten un nivel cultural deses de por colgados na pared, que mira por onde coñece uns cantos lumbreiras que chapan telenovela e GH coma bulímicos. Ou moito ignorante hai no mundo este o é que todos nos creemos máis listos do que somos.
Comentario de ROSA VELENOSA hace 2 años y 33 meses