Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A CANCIÓN DO NÁUFRAGO

Blog do escritor Francisco Castro

GARCÍA MÁRQUEZ E EU ( ALGÚN DÍA TIÑA QUE SER )

Pasei a tarde de onte ( outra vez, xa van tres ) na Feira do Libro Vello de Vigo.
Das outras veces non me decatara, pero, como di o tópico, á terceira vai a vencida.
Nunha das casetas, un cartel.
SALDO. TODO A METADE DO PREZO MARCADO NO LIBRO.
Ou sexa: hai que desfacerse destes libros, non os merca ninguén, están de máis, sobran, molestan, que alguén os leve, por favor...
Levado polo afán de aforro, metín os dedos alí, apartando volumes por ver se atopaba algo de interese ( a metade de prezo ).
E velaí estaba.
Velaí estaba.
Velaí.
Un libro meu.
Un libro meu de saldo.
Un libro meu que se vende a metade de prezo porque queren desfacerse del.
Pensei: algún día tiña que ser.
Un meu familiar, que está de vacacións en Vigo, descifrando as enrugas da miña face, dixo:
- Non te preocupes. Mira, aí tamén teñen os de García Márquez.
Un alivio.

Referencias

Dirección para referencias

Comentarios

  1. Felicidades xa es un escritor de éxito. Cando vexas a Gabo podes dicirlle:”Ti e mais eu compartimos caseta na Feira do Libro vello”

    Comentario de Venres hace 2 años y 33 meses

  2. Moitas gracias. Isto vai ser como os músicos, que pensan que triunfaron cando os seus traballos están no top-manta.

    Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 33 meses


  3. Caramba, Castro, xa deche un paso cara ó olvido. (Risas). Eu son un asiduo das librerías de vello, e tamén vendo libros ás librerías de vello: é a mellor maneira de compartir as lecturas, son caseque unha biblioteca. Vandes tres e mercas un, ainda que sexa vello ( a edade, como no amor, no é unha cancela pechada). O que si me chamou a atención foi a proluferación de un montón de libróns de El círculo de Lectores, e casetas repletas de libros de consumo rápido ( Mankell, Coelho, Figueroa...), o que da pé a ver que le - ou lemos - cada quen. Polo demais podes atopar primeiras ediccións de libros de Baroja, Fernández Florez... algo máis caros, por suposto, arredor de 60 euros ou ou... auténticas alfaias para o bibliofilo, ou fetichista editorial que ás veces pouco teñen que ver coa literatura. A verdade pareceume desaborida a feira xa que cada vez hai menos libros vellos comestos pola piolla e máis tapa dura. Pero ben, para os que mercamos os libros ó por maior é un maná.

    Eu non atopei o teu libro, pero se o hounese ollado ía sorrir, sen dúbida. Ben, todo un síntoma de que se mercar e len os teus libros.

    Unha aperta, e saúde.

    Comentario de Rafael Viñó hace 2 años y 33 meses

  4. Vaia, vaia, esta visto que non sei remexer onde debo. ¿E a canto dis que estaba o kilo?. Eu non atopei ningun libro meu, debe ser porque non o escribin aínda, ti si, por iso estás o carón de Marquez. Na saude e na doenza, na riqueza e na pobreza, o que a feira do libro antigo una que non o separe un libreiro desaprensivo. A min tamén me deu mágoa ver todos aqueles libros expostos co cartel de LIQUIDAMOS. e estou totalmente dacordo en que este ano a oferta e máis ben pobre,(con excepción, por suposto, de Marquez e Castro). ¡Ai, esta obsesión pola reciclaxe non sei onde nos vai levar!. Animate home, que eu tamén vin un Quixote completo por 30Euros.

    Comentario de Rosa Velenosa hace 2 años y 33 meses

  5. A min custaríame moito desfacerme de libros. Só por púrísima necesidade, por suposto.
    Eu tamén atopei algunha que outra alfaia, e había ben de tempo que non mercaba na de vello de Vigo, porque non atopaba máis que o que di Rafael: libros de círculos, coleccións de libros de agasallo de xornais. Cousas así que non me serven para nada. Desta vez si. Un libro sobre Nietzsche e unha biografía sobre Verne. En total, gastei seis euros para dous libros, non está mal.

    Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 33 meses

  6. Un teu livro na feira do livro velho converte-te, já, num clássico; concordo con venres em que estás de parabéns. Isso é consagrar-se, e não uma boa resenha num jornal literário.
    (Eu fui também ontem à feira, havia um velhinho que oferecia a sua biblioteca, suplicava que lhe-la compraram num dos postos: tenho que ir o dentista e não tenho nada, mais que isto, dizia o senhor)

    Comentario de jlombardeiro hace 2 años y 33 meses

  7. A historia que contas é terrible e, de feito, tamén moi literaria. Podo imaxinar a dor dese home ao desfacerse da súa biblioteca. Tristísimo.

    Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 33 meses

  8. yo me lo tomaría por el lado lleno de la botella. Es aceder al canon, no se si occidental o de por aquí, ya que has llegado a las masas, cosa imprescindible para que obtengas conocimiento por parte de las mismas. junto con las ediciones de traducción ininteligible de los clásicos y aquellos libros de grnades autores que tuvieron varias ediciones, tener un libro tuyo no esta mal Y no hay que menospreciar a las casetas de las ferias: todos nos acercamos a ver qeu hay y casi siempre picamos algo, y pienasa que de entre cada diez que se acercan siempre habrá varios lectores que merezcan la pena

    Comentario de jim hace 2 años y 33 meses

  9. Francisco non ocorre nada por atopar un libro teu nunha libreria de vello. Eu acabo de atopar na illa de Fuerteventura a 2 ouros, coma dicia o meu avo, un libro de Robert Musil e fai varios anos nunha libreria de Washington D.C chamada de The Lantern que á rexentaba unhas vellas por un un ouro unha primeira edicion de Pio Baroja ou unha primeira edicion dunha novela futurista do profesor ourensan Jose Luis Lopez Cid nun posto dun xitano na cidade de Salamanca.

    Comentario de gustavo peaguda hace 2 años y 33 meses


Recordar datos


A CANCIÓN DO NÁUFRAGO © Todos os dereitos reservados ao autor
Sindica este sitio usando: RSS 1.0, RSS 2.0, Atom.
Esta bitácora mantense con Bitacoræ.