O LIBRO QUE RECOMENDAN LER NOS ESTADOS UNIDOS
Francisco Castro - 08-08-2005 09:38:25 | Categoria: Todos os meus artigos
Lin en varias revistas literarias unha publicidade sobre o libro de Mathhew Pearl, El Club Dante.Non lin o libro, así que non vou opinar. Mais o que chama a miña atención é que no anuncio destacan en grandes letras a frase "El libro que recomiendan leer en los Estados Unidos" e "En la línea del Código Da Vinci". As palabras que se van destacando despois son "códigos", "secretos", "conspiración", "revelación" e similares. Xa saben: O Tema.
En si mesmo xa lle poderiamos sacar moito zume ao intento dos señores publicistas de relacionar esta novela co texto de Dan Brown. Sen embargo, e como xa adiviñades, o que non deixa de sorprender é que pretendan convencernos da bondade do libro dicíndonos que o recomendan nos Estados Unidos. ¿Realmente alguén vai resultar seducido por iso?, ¿que quere dicir que un libro está recomendado polos estadounidenses?, ¿que pretenden?, ¿que non se lea?.
Nunca tomei en serio aos que din que estamos colonizados polos fillos de Bush. Agora, xa non sei.
Eu, xa que estamos, recoméndovos con enorme convencemento que leades a un escritor estadounidense do que cada día gorento máis. Refírome a Philip Roth ( por exemplo, Patrimonio ). O anuncio sería: "O autor que recomendan ler en Galicia". A ver que lles parece por aquelas terras.
Comentarios - Referencias (0)
Referencias
Comentarios
-
Jajaja. Moi bon, Francisco, moi bon. Apúntome, Patrimonio, claro, como boa recomendación...
Bicos. Muralla.Comentario de muralla hace 2 años y 33 meses
-
Recomendo de Philip Roth " me case con un comunista".
Comentario de gustavo peaguda hace 2 años y 33 meses
-
De Philip Roth recomendo practicamente de todo. Agás (pero debe de ser un problema meu, quizais o lin nun mal momento ), "El animal moribundo"
Comentario de Francisco Castro hace 2 años y 33 meses